Los funcionarios de la Xunta trabajarán desde casa y en horario flexible

TELETRABAJO Y HORARIO FLEXIBLE

O Goberno galego ofrece horarios flexibles e teletraballo para os empregados públicos

jueves, 03 octubre 2013,  por Partido Popular (PP) de Galicia

Feijóo avanza que a proposta será remitida de forma inmediata ás organización sindicais

A Xunta ofrece por primeira vez horarios flexibles e teletraballo para os empregados públicos porque supón maiores facilidades para a conciliación da vida familiar e laboral

  • “Seriamos a cuarta Administración pública en España que facilitaría a conciliación da vida familiar e laboral e que outorgariamos o dereito á xornada flexible no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma”, salienta Feijóo
  • O presidente autonómico incide en que o obxectivo é contar cunha Administración Pública máis eficaz e eficiente, na que os empregados públicos poidan desenvolver o seu traballo con maior flexibilidade e máis oportunidades para conciliar a súa vida familiar e laboral
Santiago de Compostela, 3 outubro de 2013.- Alberto Núñez Feijóo destacou hoxe que o Consello da Xunta deu o visto e prace a unha nova proposta, que será remitida de forma inmediata ás organización sindicais, e que permitirá por primeira vez en Galicia xornadas flexibles para os empregados públicos, posibilidade de compensación horaria e opción de teletraballo co fin de contribuír a unha maior conciliación da vida familiar e laboral.
“Vamos a seguir afondando na eficiencia da administración e ao mesmo tempo compatibilizándoa coa conciliación da vida familiar e laboral dos empregados públicos. Abrimos unha nova posibilidade e sería, no caso de obter a valoración favorable da Mesa Xeral de negociación, a primeira vez que en Galicia se establece un horario flexible a todos os empregados públicos da Administración xeral da Xunta. Seriamos a cuarta Administración pública en España que facilitaría a conciliación da vida familiar e laboral e que outorgariamos o dereito a xornada flexible no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma”, afirmou.
O texto establece os distintos tipos de xornadas e horarios laborais, así como a posibilidade de flexibilizalos, adaptándose ás necesidades do traballador e do servizo público no que prestan os seus servizos. Deste xeito, por regra xeral a duración máxima da xornada de traballo é de trinta e sete horas e media semanais; agás nos supostos das xornadas de especial dedicación, que serán de corenta horas semanais; e na tempada de verán –do 16 de xuño ao 15 de setembro-, que se establecerá unha xornada de traballo distinta á ordinaria.
No tocante aos horarios laborais, regúlanse tres tipos. O primeiro deles, o xeral, será de 07.45 a 15.15 horas, de luns a venres; agás no caso do persoal clasificado como de libre designación, que estará sometido á dispoñibilidade horaria.
O horario flexible consiste nun horario de traballo non ríxido que se adapte ás necesidades do empregado público e o servizo que presta, dentro duns límites previamente acordados pola Administración e salvagardando sempre o bo funcionamento do servizo público. E poderá motivarse por razóns de conciliación da vida familiar e laboral ou ser automático, é dicir, sen necesidade de autorización previa. Nesta segunda opción, se no prazo de 15 días hábiles desde a súa solicitude non recibiu denegación, considérase aceptada.
Neste último caso, o horario constará dunha parte fixa (de 9 a 14.30 horas); e outra flexible, na que o empregado público poderá completar a súa xornada de traballo nun horario comprendido entre as 07.30 e as 09.00 horas de luns a venres e entre as 14.30 e as 18.30 horas de luns a xoves, así como entre as 14.30 e as 15.30 os venres.
Este horario de referencia poderá ser posterior cando o centro ou edificio administrativo permaneza aberto e como máximo abranguerá ata as 20 horas, de luns a xoves. Ademais a persoa interesada poderá cubrir a súa xornada de traballo, sempre e cando resulten cumpridas todas as horas de traballo aplicables ao cómputo mensual.
Pola súa banda, os horarios especiais distinguen tres supostos: o relativo aos postos de traballo adscritos a unidades de información e atención cidadá, a fin de posibilitar o cumprimento horario e funcionamento destas; os postos de traballo nos que pola natureza das súas funcións resulte máis axeitado para o seu desenvolvemento o horario de mañá e tarde, de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas; e o referido a unidades que o requiran polas peculiaridades das funcións que teñen asignadas.
Así mesmo, a proposta introduce como novidade a figura da compensación horaria para permitir ao empregado público a posibilidade de recuperar o tempo de traballo efectivo non realizado, xa sexa no seu horario xeral ou flexibilizado. E establece a posibilidade do teletraballo, sendo o número máximo de xornadas que poderán efectuarse nesta modalidade de tres á semana e a concesión non excederá o ano de duración.
O titular da Xunta insistiu en que o obxectivo é contar cunha Administración Pública máis eficaz e eficiente, na que os empregados públicos poidan desenvolver o seu traballo con maior flexibilidade e máis oportunidades para conciliar a súa vida familiar e laboral.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s