A Xunta, a punto de exterminar al lobo en Barbanza

DENUNCIA ADEGA

A XUNTA, A PIQUES DE EXTERMINAR O LOBO NA BARBANZA

Agosto de 2012. Coa      excusa dos danos primeiro e dos híbridos despois, a Xunta levou a      cabo no Barbanza unha auténtica campaña de eliminación do lobo      perfectamente planificada e orquestada, que tivo como resultado o      exterminio case completo desta especie.

Coa axuda inestimábel de      cazadores e gandeiros sen escrúpulos e a complicidade dalgúns      funcionarios que por veces actúan máis como “secretarios” ao      estilo das monterías franquistas que como valedores da nosa fauna,      estimamos que entre 2011 e 2012 foron abatidos entre 25 e        30 lobos, a gran maioría exemplares puros.

No entanto,      a Xunta só recoñeceu no Barbanza 3 mortes en 2011 e ningunha en      2012, logo de 3 batidas “oficiais” (e ducias de agardos      “extraoficiais”) segundo informou o Valedor ao      que acudíu ADEGA en amparo polo escurantismo da Xunta. O balanzo:      Lobatos de 3 e 4 meses masacrados, lobos decapitados e tráfico de      trofeos, lazos ilegais, corrupción, desleixo e incompetencia      institucional…

Mentres, ducias de poldros morrerán de fame este      ano nos montes do Barbanza ou liquidados polos concellos se os      gandeiros non os sanean e identifican co microchip. Ao cabo, quen      gañou con estas tácticas? A sociedade galega, que veu desaparecer      á poboación de lobo máis occidental de Europa? Os gandeiros,      reacios a afrontar os custos dunha explotación gandeira ordenada      (saneamento, identificación e permisos) e que este ano vense con      máis poldros que nunca que non van poder xestionar? Iso sí, a      Xunta aforrou uns euros e algúns privilexiados amigos teñen agora      a cabeza disecada dun lobo ibérico decorando o seu salón.

O lobo do Barbanza, unha xoia do      noso patrimonio natural, non era para a Xunta máis que un molesto      problema que compría “solucionar” co mínimo gasto. Danos á cabana      gandeira que habería que pagar (sempre tarde e mal) e protestas de      certos sectores, escopeteiros e gandeiros sen escrúpulos, que      coidan que o monte é un patrimonio ao seu servizo e fuxen        de calquera responsabilidade na súa correcta xestión,      puxeron ao lobo no ponto de mira.

A solución escollida pola      administración pareceuse moito á “solución final” argallada polo      nazismo ou ás limpezas étinicas de conflitos pasados e recentes.      Primeiro, a estigmatización social e a propaganda negativa: Novas      recurrentes de ataques e masacres de gando nos medios      subvencionados apresentan unha vez máis ao lobo como o malo da      película, unha alimaña perigosa que hai que eliminar, en troques      dun patrimonio natural que hai que conservar. O resultado: A      proliferación de condutas delictivas, como a caza furtiva (3      exemplares) ou os lazos        asasinos (outros 4 máis), por parte dos irresponsábeis que      sentíndose lexitimados pola sociedade e logo de aberta a veda pola      administración, deciden actuar pola súa conta.

Nesta conxuntura, faise preciso      tamén controlar e ter localizadas ás mandas: Para iso, nada como      capturar un exemplar, colocarlle un colar localizador coa excusa      do “estudo científico” e ceibalo no monte. Deste xeito, a      administración (e tamén os colectivos interesados en suprimir o      “problema” dos lobos) xa saben onde están e por onde se moven. Foi      casualidade que o exemplar co GPS fora abatido en 2011 xunta      outros dous nunha batida ilegal?

Por último, precísase xustificar      legalmente o exterminio, para o que o problema        da hibridación ven ao pelo. A suposta presenza de exemplares      híbridos (a Xunta non publicou aínda as análises xenéticas que o      confirman), de existiren, é un problema residual que ademais pode      ser abordado con criterios conservacionistas e métodos incruentos.      Pero magnificando o problema, críase a excusa perfecta para      autorizar aos exterminadores batidas e agardos con escaso        ou nulo control por parte da administración: O resultado,      matáronse moitos máis lobos ibéricos puros que (supostos)      híbridos. É como poñer ao raposo a “xestionar” o galiñeiro!

Finalmente, ADEGA quere facer unha      reflexión sobre como e quen xestiona a fauna salvaxe no noso país.      Na información do Valedor (1,44 MB), a      Xunta recoñexe que en 2011 autorizou 14.720 batidasde      xabarín en Galiza, unha media de 40 batidas diarias!!!      Unha administración ambiental que fai        dos cazadores o seu instrumento principal e do chumbo o seu      sisrtema para xestionar a nosa biodiversidade, ademais de      incompetente é aberrante.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s