Arranca el proyecto ‘Lecer galego’ de GalegoLab, una plataforma de recursos lúdicos en gallego

LLEGA ‘LEGA’

Bota a andar LEGA (Lecer galego), plataforma de recursos lúdicos na nosa lingua

O día 21 de xuño bota a andar LEGA (Lecer galego), un proxecto de GalegoLab encamiñado a poñer a disposición da sociedade galega recursos lúdicos dixitais naquelas áreas onde a presenza do galego sexa baixa ou escasa, xerando estes contidos baixo licenzas libres maioritariamente que permitan a súa libre distribución e uso.

A presentación terá lugar en Santiago de Compostela, e contará coa presenza de Carlos Ares e Cani Martínez, membros da directiva desta asociación e Xabier Vázquez, encargado de desenvolver LEGA.

Os proxectos cos que LEGA bota a andar son:

1. Galegogym (http://galegolab.org/proxecto-aberto/galegogym-1/), un cd de música galega, en Creative Commons, para facer fitness en galego, que contou coa colaboración de artistas como GalegoZ, Zimmer 103 e Projecto Mourente.

2. Astronomía básica, un recurso de astronomía orientado a afeccionados e persoas que se queiran iniciar na astronomía.

O proxecto consta de material dixital de astronomía, unha guía de astronomía básica e un dvd do sistema operativo Ubuntu en galego, totalmente funcional para usos xenéricos, e modificado de tal xeito que se engaden tanto programas de astronomía en galego de mapas e atlas celestes (Stellarium e Cellestia). Está completamente en galego (o software, navegador web, procesador de textos, reprodutor de vídeo e audio…) e cabe tamén destacar que se pode executar sen instalar.

Astronomía básica levouse a cabo en colaboración con Astronomía na Beirarrúa http://astronabeira.blogspot.com/, un proxecto nacido dentro da Universidade de Santiago de Compostela e que ao longo destes últimos anos leva traballando para achegar a astronomía dun xeito lúdico e participativo.

3. Xogos para ordenador totalmente traducidos ó galego: polo momento, Frozen Bubble (http://www.frozen-bubble.org/) e Childsplay (http://www.schoolsplay.org/).

4. Subtitulado ó galego de Sintel, unha curtametraxe de animación desenvolvida pola fundación Blender.

5. Os recursos de todos os proxectos rematados en GalegoLab estarán tamén dispoñibles para a súa descarga.

GalegoLab

GalegoLab é unha organización sen fin de lucro, fundada en 2010, que ten como obxectivo o impulso de accións concretas de promoción da lingua galega, cun enfoque de abaixo-arriba, con especial incidencia nas culturas emerxentes e na naturalidade da vida cotiá.

A súa ferramenta principal é a web GalegoLab (http://galegolab.org), unha rede social de crowdsourcing, para concitar apoios ás accións propias e as que propoñan os usuarios e outros colectivos. Esta web está en marcha dende o 20 de maio do 2010. O pasado 14 de setembro recebiu o primeiro premio da Secretaría Xeral de Modernización ao desenvolvemento de contidos en Internet na categoría de promoción do Patrimonio, Cultura e Lingua Galegas.

A páxina web conta na actualidade con 1093 usuarios. Actualmente hai nela 40 ideas a prol do galego (http://galegolab.org/explora/ideas/).

Algúns dos proxectos máis destacados que se desenvolveron na páxina son:

Adiviña @s autor@s (http://galegolab.org/proxecto-aberto/adivina-s-autors/). Concurso en colaboración con latri.ca e Rinoceronte Editora que se desenvolveu na semana do 17 de maio na rede social galega.

Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio (http://galegolab.org/proxecto-aberto/redesena-o-logo-de-cabozo-para-o-17-de-maio-1/). Concurso consistente en redeseñar o logo doutra rede social galega, Cabozo.

Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas (http://galegolab.org/proxecto-aberto/lectura-global-en-youtube-polos-50-anos-das-letras-galegas-1/). Este proxecto consisiu en facer lecturas de obras d@s autor@s @s que se lles ten adicado as Letras Galegas e subilas a YouTube http://www.youtube.com/user/galegolab.

Pinchada de música (http://galegolab.org/proxecto-realizado/pinchadas-de-musica-pero-da-boa–1/)l, toda en galego, que se fixo en Vigo en setembro do ano pasado.

24 horas galego fullscreen (http://galegolab.org/proxecto-realizado/24-horas-galego-fullscreen-1/), un concurso de vídeos nos que os participantes relataban como era para eles un día en galego e no que o gañador foi “Co galego… ata o inferno” (http://eufalo.tv/video/co-galego-ata-o-inferno/).

Fútbol galego, fútbol en galego (http://galegolab.org/proxecto-realizado/futbol-galego-futbol-en-galego/) busca que o equipo de fútbol da Coruña, o Dépor, comece a usar o galego nas súas comunicacións.

Memoria Pixelada (http://galegolab.org/proxecto-realizado/memoria-pixelada/) é un blog sobre videoxogos na nosa lingua, para o que o seu coordinador atopou en GalegoLab tres colaboradores.

A galega para 145 millóns de usuarios e A lingua galega máis alta no Twitter (http://galegolab.org/proxecto-realizado/a-lingua-galega-mais-alta-no-twitter-3), dúas iniciativas que colocaron a etiqueta #galega entre os temas do momento na rede social Twitter o 6 de outubro e o 17 de decembro de 2010, para conmemorar o aniversario do primeiro mitin político en galego e o cabodano da execución de Pardo de Cela, respectivamente.

Agasallo sincronizado para o mundo I e II (http://galegolab.org/proxecto-realizado/agasallo-sincronizado-para-o-mundo-1/). A partir dunha partitura básica (http://pdfcast.org/pdf/ti-es-dos-meus), invitouse a quen quixera a realizar unha versión propia para que, no Día das Letras Galegas, calquera puidese enviar a súa preferida ós seus contactos para celebrar esta festividade. Recibíronse estas http://www.youtube.com/user/Agasalloparaomundo.

Falemos de cinema na nosa lingua (http://galegolab.org/proxecto-realizado/falemos-de-cinema-na-nosa-lingua-1/). Neste proxecto, os directores d’A Cuarta Parede, unha revista dixital de crítica cinematográfica, atoparon catro persoas que lles axuden a traducir os artigos que os colaboradores lles envían noutros idiomas.

Twitter en galego (http://galegolab.org/proxecto-aberto/twitter-en-galego/) atopou xente voluntaria para facer a tradución ó galego da rede social. Actualmente estase á espera de que o propio Twitter a autorice.

Documental audiovisual sobre a diáspora galega (http://galegolab.org/proxecto-realizado/documental-audiovisual-sobre-a-diaspora-galega/) tivo como obxectivo buscar recursos para a realización dun documental (en preproducción) sobre a nova diáspora galega, a 2.0, máis vencellada á terra gracias ás novas tecnoloxías do que o estiveran os emigrantes de xeracións anteriores.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s