Adega denuncia: “La Naturaleza deja en evidencia la incompetencia de la Xunta en A Frouxeira”

POLÉMICAS INUNDACIONES

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 
 
A NATUREZA DEIXA EN EVIDENCIA A INCOMPETENCIA DA XUNTA NA FROUXEIRA
 
ADEGA esixe a demisión do Director Xeral de Conservación da Natureza García-Borregón

Valdoviño, 30 de xaneiro de 2012. Perante os recentes feitos acontecidos na lagoa da Frouxeira, que esta mañán desaugábase de xeito espontáneo pola acción do océano, mentres a Xunta construía con maquinaria pesada no humidal protexido unha canle artificial xusto no lado oposto do punto de desaugue, ADEGA quere facer público o seguinte:

1. Denunciamos a incomprensíbel e irresponsábel vulneración do acordo do Parlamento galego por parte da Xunta de Galiza, en concreto da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no que se instaba ao governo a buscar unha xestión racional e coherente cos obxectivos de conservación deste humidal, e a non autorizar con carácter cautelar, novas aperturas da lagoa.

2. Denunciamos a actitude reiterada de ocultación de información practicada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, sobre os proxectos, estudos, seguementos nos que dicían basear as súa brutal intervención neste espazo, e que constitúe un claro incumprimento da Lei 27/2006 de acceso á información ambiental.

3. Denunciamos a pasividade da administración que durante case 2 anos, facendo deixadez da súa obriga legal, non interveu e menos aínda executou medidas para corrixir as agresión ocasionadas na lagoa e reparar os defectos construtivos dun paseo marítimo somerxible e dunha rede de saneamento irracional.

4. Denunciamos a aberración dunha obra faraónica (a construción dunha canle artificial) claramente inadecuada para un humidal que ten cinco figuras de protección, obra que supuxo un elevadísimo despilfarro de cartos públicos e unha inxustificábel e posibelmente irreparábel artificialización deste sensible cosistema (alteracións nos hábitats prioritarios, transformación radical da xeomotfoloxía -remoción da barreira areosa e destrución do substrato rochoso-, danos nas dunas e na flora protexida…. Estas actuacións constituiron un auténtico atentado ecolóxico e ao cabo, resultaron inúteis: A natureza deixou finalmente co cú ao aire á Xunta, abrindo unha canle pola beira contraria do lugar escollido pola administración para meter os bulldozers. A maiores, as delirantes obras, pola súa improvisación e deficiente sinalización, constituiron un grave risco para a cidadanía que puido verse sorprendida pola repentina e violenta apertura da canle natural.

5. Denunciamos que a situación creada tras a apertura de hoxe volve a situarnos nas pésimas condicións tras a intervención da Xunta en 2009, sendo previsíbel a repetición dun novo e longo periodo nos que a lagoa ficará desecada e sometida á influencia oceánica directa, e alongando no tempo as distorsións sobre este himidal protexido.

Perante esta situación, ADEGA ademáis de exisir aos organismos internacionais (Oficina Ramsar e Comisión Europea) a depuración de responsabilidades pola nefasta xestión deste espazo, e de reservármonos as accións xudiciais oportunas para defender a legalidade vulnerada pola Xunta, esiximos a dimisión/cese inmediato do D. X. de Conservación da Natureza señor García-Borregón. En vésperas do Día Mundial dos Humidais (2 de febreiro), a Xunta ofrece ao mundo un pésimo exemplo de xestión e retrátase como o principal factor para a degradación destes sensibles ecosistemas.

ADEGA seguirá defendendo unha xestión racional para este espazo, que debería orientarse a eliminar todas as intervencións negativas (paseo marítimo inadecuado, presión urbanística…) As medidas de conservación, lonxe da improvisación e do desleixo amosado pola Xunta, deberían basearse en evitar calquera interferencia na súa dinámica natura, tal como indicaron destacados expertos como D. Xenaro Dalda e D. Xabier Sóñora en publicacións científicas. Isto é: coñecemento, planificación e respecto polo medio natural e as leis que o protexen fronte á improvisación, á incompetencia, e á chafallada como norma de actuación que exibú a Xunta.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s