Adega denuncia las actuaciones de la Xunta en la laguna de Frouxeira ante la Comisión Europea

DENUNCIA A LA UE

ADEGA denuncia as actuacións da Xunta na Frouxeira ante a oficina Ramsar e a Comisión Europea

26 de xaneiro de 2012. As brutais obras para o “baleirado controlado” que están sendo perpetradas pola Xunta na lagoa da Frouxeira, Humidal de Importancia Internacional, LIC, ZEPA e ZEPVN, constitúen un auténtico atentado ecolóxico.

Como é posíbel que unha administración, supostamente responsábel deste espazo, poida desentenderse durante 2 anos da súa xestión, incumprindo as súas obrigas de conservación sinaladas nun acordo unánime polo Parlamento, cando foi pola súa neglixencia que a lagoa sufíu as consecuencias? Como pode entenderse que para solucionar un problema creado pola súa incompetencia, agora a Xunta volte meter as escavadoras neste espazo protexido? Perante estes feitos, ADEGA apela ás instancias internacionais titoras do espazo, a oficina Ramsar e a Comisión Europea, para que miren pola conservación deste humidal, patrimonio natural galego, europeo e mundial, que nestes intres está sendo agredido pola Xunta.

Perante a gravidade da situación criada no sitio Ramsar da “Lagoa e Areal de Valdoviño”, ADEGA vén de solicitar á Oficina Internacional da Convención RAMSAR:
-Que esixa aos organismos responsábeis da planificación e xestión deste humidal protexido, “Lagoa e areal de Valdovño”, sitio Ramsar nº 599, o cumprimento das súas obrigas no referente á conservación e uso racional deste espazo, promocionando e executando políticas de conservación efectiva. Solicitamos tamén, que se lles esixa ás administracións responsábeis que paralicen o sangrado e baleirado reiterado da lagoa feito sen xustificación técnica e legal algunha, e que as medidas de xestión que se tomen tendan á reposición do estado de conservación favorábel, depurando as responsabilidades pola xestión irresponsábel deste humidal protexido. [En idénticos termos trasladamos tamén esta denuncia á Comisión Europea].
-Que por parte deste organismo considérense nulos a todos os efeitos as modificacións dos límites do humidal Ramsar da “Lagoa e Areal de Valdoviño” establecidas no ano 2006 polo Ministerio de Medio Ambiente (Resolución de 17 de xaneiro de 2006, da Dirección Xeral para a Biodiversidade, BOE nº 47, do 24 de febreiro de 2006), ao carecer este cambio de xustificación científico-técnica, e respostar unicamente aos intereses espurios de facilitar a urbanización de terreos que nunca deberían ser urbanizados. En consecuencia, solicitamos que se manteñan os límites do humidal establecidos na súa declaración inicial por Ramsar.
-Que por parte de Ramsar Internacional avalíese a necesidade de incluir o sitio Ramsar “Lagoa e Areal de Valdoviño” no Rexistro de Montreux. Ao noso entender, neste humedal producíronse alteracións sustanciais nas características ecolóxicas dende o intre da súa declaración até a actualidade, como fica patente nas denuncias que obran en poder da Secretaría de Ramsar. Estas alteracións están directamente relacionadas co descontrol urbanístico que sofre este humidal e os terreos limítrofes, así como coa neglixente xestión que realizou a Xunta de Galiza e que supuxo a alteración do rexime hidro-ecolóxico da lagoa.
-Que por parte deste organismo se esixa á Xunta de Galiza e ao Ministerio de Medio Ambiente a posta en marcha dun plano de conservación e xestión deste humidal que garantice a súa conservación e racionalice o uso e as actividades humanas que poidan ter cabida nesta área.

Un comentario sobre “Adega denuncia las actuaciones de la Xunta en la laguna de Frouxeira ante la Comisión Europea

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s