El PPdeG, sorprendido de que Vázquez les acuse de la Operación Campeón con Blanco sentado al lado

CORRUPCIÓN A PARES

José Blanco, que non explicou a súa cita nunha gasolineira para falar de subvencións públicas, debería aclarar as dúbidas que ao parecer ten o responsable do PSOE en Galicia

O PPdeG ve sorprendente que Vázquez pida explicacións sobre a Operación Campeón con Blanco sentado ao seu lado

• Lembra que as persoas implicadas na Operación Campeón por parte do PP e da Xunta ou ben dimitiron ou ben foron apartadas das súas responsabilidades.

• Aconsella ao PSOE que elixa mellor os temas cos que pretende desgastar á Xunta porque con este tema só compromete a situación do voceiro do Goberno central

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2011.- O Partido Popular de Galicia ve sorprendente que Manuel Vázquez fale da Operación Campeón sen pedir explicacións ao ministro de Fomento, José Blanco, e sentado xusto ao seu lado. Con respecto a isto, os populares galegos consideran que Blanco, que aínda non aclarou a súa cita nunha gasolineira para falar de subvencións públicas co principal imputado da causa, debería aclarar as dúbidas que ao parecer ten o secretario xeral do seu partido en Galicia.

Con respecto a este asunto, o PPdeG fai fincapé en que as explicacións do presidente do Goberno galego respecto á súa reunión con Dorribo foron suficientemente claras.

O que queda por explicar agora é o encontro que para Elena Valenciano foi privado pero que para Blanco foi para falar sobre subvencións públicas con Jorge Dorribo; un encontro que tivo lugar nunca gasolineira.

Como os populares galegos lembran, as persoas implicadas na Operación Campeón por parte do PP e da Xunta ou ben dimitiron ou ben foron apartadas das súas responsabilidades. En cambio, no caso do PSOE, nin sequera se ofreceron as explicacións pertinentes.

De feito, o ministro de Fomento escapou hoxe dunha conferencia do responsable do PSOE en Galicia para non someterse ás preguntas dos medios e alegando que tiña que coller un avión pese a que foi visto paseando polo centro de Santiago despois de terminado o acto. Por tanto, o ministro tiña marxe suficiente para chegar ao aeroporto e para atender á prensa pero inventou unha excusa para evitala.

Polo tanto, mentres Feijóo non elude as declaracións, quen si evita dar respostas é o ministro. Por este motivo, os populares consideran que Vázquez debería ser prudente nas súas declaracións salvo que falando da Operación Campeón só pretenda desgastar ao seu enemigo natural no PSOE en Galicia.

A Xunta deu moitas máis explicacións pola reunión do presidente das que deu o Ministerio de Fomento ou a Deputación de Lugo polas reunións de Blanco e Besteiro con Jorge Dorribo.

Polo tanto, os populares aconsellan ao PSOE que elixan mellor os temas cos que pretenden desgastar ao Goberno autonómico porque con este tema, máis que atacar ao presidente do Executivo galego, comprometen a situación do voceiro do Goberno central.

Anuncio publicitario

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s