Adega denuncia la gestión de residuos de la Xunta que incluye la ampliación del vertedero

 
 
 A austeridade da Xunta na xestión dos residuos: 10 millóns de euros máis ao lixo
Compostela, 23 de setenbro de 2011. O Plano de Residuos de Feijóo amosa novamente a súa verdadeira faciana. Perante a incapacidade de SOGAMA para tratar o lixo que chega ao complexo de Cerceda e a imposibilidade de ter en marcha a segunda incineradora nesta lexislatura, a solución do PP é sinxela: agrandar o vertedoiro para seguir amoreando lixo. Isto é o que supón a ampliación do vertedoiro da Areosa, aprobada onte polo consello da Xunta e na que vanse gastar 110.308.338 €. É a cara “B” de SOGAMA, que Hernández e Feijóo teiman en defender: desbaldimento de cartos públicos, megawatios para os amigos a cambio de incineradoras, e sabotaxe dos sistemas alternativos. Mentres, á marxe desta política irracional e antiecolóxica, a cidadanía aposta cada vez máis pola reciclaxe e compostaxe, dando exemplo de eficiencia e compromiso a unha Xunta cuxa política de residuos fica ancorada na época de “Cuéntame…
Na apresentación aos medios da ampliación do vertedoiro, a Xunta admite uns vertidos anuais de 350.000 Tm, isto é, máis dun terzo do lixo que chega a Cerceda. Se atendemos aos datos do PXRUG, e considerando unha perda de masa no proceso do 42% (fundamentalmente vapor de auga procedente do secado lo lixo para o que SOGAMA queima medio millóns de megawatios de gas natural ao ano), das 900.000 Tm que chegan anualmente a a Cerceda, o 72% irá directamente a vertedoiro!
A Xunta asume deste xeito a súa incapacidade para tratar os residuos dos concellos e, contrariamente ao publicitado na súa nota, fai evidente o fracaso do modelo SOGAMA baseado sobre todo no vertido (a última opción da xerarquía de tratamento) e contrario ao establecido nas directivas europeas, na lei estatal e na lei galega de residuos. Ademáis, SOGAMA é unha ruína para os concellos e un engano á cidadanía: pagan polo transporte e o tratamento dos residuos enormes custos que hipotecan as economías municipais e a Xunta remata botando case todo ao vertedoiro. Os cidadáns/ás esfórzanse en separar o lixo nos seus fogares e reciclar nos mumerosos programas de compostaxe caseira e comunitaria promovidos por ecoloxistas e concellos, e a Xunta remata meténdoo todo xunto baixo a amfombra de SOGAMA.
Esta ampliación supón seguir agrandando o buraco negro de SOGAMA para engulir máis lixo: unha fuxida cara adiante para continuar mercadeando cos residuos, enriquecendo ás eléctricas e baleirando as arcas dos concellos.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s