Adega alega contra presuntas actuaciones urbanísticas en el ámbito protegido de La Frouxeira

Seis millóns de € para aparcadoiros, galpóns, farolas e xardíns nos hábitats prioritarios da Frouxeira

Ferrolterra, 20 de setembro de 2011. ADEGA vén de apresentar ALEGACIÓNS (291 Kb) ao proxecto da Demarcación de Costas para “actuaciones en el entorno de la Frouxeira”. Estas “actuacións”, camufladas como unha rexeneración ambiental, perseguen a humanización definitiva dun dos ecosistemas costeiros de maior singularidade e diversidade de Galiza. A praia e lagoa da Frouxeira acolle 5 figuras de protección segundo a lexislación galega, estatal, europea e o tratado internacional RAMSAR. No entanto, a xestión deste fráxil espazo ten sido nefasta tanto por parte do estado (construción de aparcadoiros, paseos marítimos, xardíns, pistas, gabias…) como da Xunta (sangrado da lagoa, urbanizacións, atentados patrimoniais) producindo nos últimos anos unha importante redución de hábitats prioritarios e a desnaturalización da lagoa da Frouxeira, un dos 5 humidais de importancia internacional que temos no país. Este proxecto é máis do mesmo, coa agravante de desbaldir 6.291.442,95 € do erario público. Para as desfeitas, non hai recurtes: vaites coa austeridade!

A responsabilidade deste despropósito recae na Demarcación de Costas promotora do proxecto, a quen corresponde a xestión do Dominio Público Marítimo-Terrestre, mais podería estenderse tamén á administración autonómica e local. As administracións deberan evitar accións de urbanización/humanización dos nosos espazos protexidos, máxime cando nestes hai importantes hábitats e especies en perigo de extinción. É a súa obriga legal vixiar pola conservación deste patrimonio público, que tamén pertence ás xeracións futuras. Xa que logo, os poderes públicos deberían buscar outros xeitos máis sustentábeis de xestionar o litoral que non sexa entrar co veículo privado até os mesmos areais provocando severos impactos, algúns irreversíveis, sobre os hábitats e especies protexidos..

Este proxecto de Costas está redactado á marxe da normativa de protección e dos obxectivos de conservación deste singular espazo natural, e formula propostas que conlevan a destrución de hábitats prioritarios, así como a perda de valiosísimas poboacións de especies protexidas. Con estas actuacións tampouco se corrixen ningún dos problemas que afectan a este espazo, e menos aínda os relacionados co uso público e sustentábel da súa biodiversidade e paisaxe.

Eis algúns exemplos:

-Críanse novos aparcadoiros na Rede Natura 2000 que dininúen a extensión das dunas e aumentan a presión sobre o ecosistema.

-Trasládase o galpón da praia dos Botes para situalo sobre unha duna gris, un dos hábitats considerados de conservación prioritaria na Rede Natura..

-Ubícanse numerosas pasarelas sobre as dunas protexidas con especies vexetais en perigo de extinción como Anthirrynum majus var. linkianum.

-Exprópiase e derrúbase unha edificación na praia grande (deixando a piscina existente) para erguer outro edificio aínda maior co mesmo uso e cun  importante desembolso de fondos públicos.

-Críanse novas pradarías (un hábitat alleo) con xenotipos alóctonos e criterios máis propios dunha actuación de “axardinamento”.

Cremos que un investimento de máis de 6.000.0000 de euros para “humanizar” un espazo natural protexido con hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción supón ademáis un inxustificado e intolerábel desbaldimento de cartos públicos.

Dende ADEGA solicitamos a Costas a retirada deste proxecto por consideralo lesivo cos obxectivos de conservación deste espazo e á Xunta que informe negativamente sobre na súa realización por afectar a valores naturais cuxa protección está consagrada pola lexislación autonómica, estatal, europea e internacional. Tamén achegaremos aos organismos internacionais, Comisión Europea e secterariado da convención RAMSAR, os detalles das obras na Frouxeira para que tomen as oportunas medidas tendentes a garantir a conservación dos seus valores naturais.

Anuncios

Un comentario sobre “Adega alega contra presuntas actuaciones urbanísticas en el ámbito protegido de La Frouxeira

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s