Adega y los vecinos de Pazos exigen a la Xunta la desaparición del vertedero de Campomarzo

ADEGA E OS VECIÑOS “SAN MARTIÑO DE PAZOS” (CAMPOMARZO-SILLEDA) SOLICITAN A PARALIZACIÓN E RETIRADA DO VERTEDOIRO DE CAMPOMARZO

Adega y los vecinos de Pazos (Campomarzo-Silleda) en Pontevedra solicitan la paralización y retirada del vertedero de Campomarzo

SANTIAGO, a 6 de Setembro do 2011.- O pasado 31 de agosto un incendio no vertedoiro de residuos de construción e demolición (o segundo en catro anos) que a EMPRESA MINERA CAMPOMARZO, S.A explota no lugar de Campomarzo (Silleda) volvía a preocupar de novo a veciños e ecoloxistas, polos evidentes riscos de contaminación que supón esta instalación na vertente esquerda do río Toxa. Os riscos vense ademais notablemente incrementados en caso de incendio, tanto polos fumes contaminantes emitidos (dioxinas, furanos e hidrocarburos aromáticos) como polos lixiviados producidos pola auga e escumas utilizados nos labores de extinción do lume afectados por toda diversidade de compostos químicos que se forman nestes procesos de combustión incontrolada.
Ante a nosa preocupación pola contaminación dos acuíferos, do río Toxa, do solo e do aire, ADEGA e a AA.VV. de Pazos (Silleda) denunciamos de novo ante a Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a ilegalidade do vertedoiro, pero agora tamén a ilegalidade da Autorización Ambiental Integrada (AAI) outorgada pola Xunta en maio do 2010, reclamando a paralización da actividade e a retirada de todos os residuos indebidamente depositados.
Desde o ano 2002, os veciños de Pazos veñen soportando a presenza deste vertedoiro nun dos ocos da canteira de Campomarzo máis próximos ao río Toxa. Trátase dunha instalación completamente ilegal que inicia a súa actividade sen autorización algunha e sen contar con impermeabilización de ningún tipo. Os veciños xa alegaran ante a D.X. de Calidade e Avaliación Ambiental en maio de 2008 e no trámite de exposición pública da solicitude de autorización ambiental integrada (AAI) para a legalización da actividade, e o goberno bipartito non legalizou a actividade por non cumprir, entre outras cousas, cos requisitos de impermeabilización que esixe o Real Decreto 1481/2001 para este tipo de residuos.
Sen embargo, o actual goberno concedeulle unha autorización ambiental integrada en 2010 en contra da lexislación e facendo pasar por un depósito de residuos inertes un vertedoiro que recibe madeiras, plásticos, cartón, papel, etc., xunto con toda unha diversidade de rexeites de residuos sen clasificar. Alén de non cumprir cos requisitos da normativa de residuos, tamén se lle concede a AAI saltándose a tramitación formal. Veciños e ecoloxistas recordan á Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental que se trata dun depósito cunha capacidade prevista total de máis de 400.000 toneladas que debería estar sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental por superar as 25.000 toneladas de capacidade.
Así pois, entendemos que esta nova actividade da xestión de residuos ten que facerse compatible coa protección do medio ambiente e a saúde pública e que, en consecuencia, a Administración proceda á revisión da autorización ambiental outorgada declarando a súa nulidade de pleno dereito e á paralización da actividade e retirada dos residuos indebidamente depositados. De non ser así, non se descartan accións xudiciais para lograr a restitución da legalidade.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s