Adega lucha para que la Xunta no siga ampliando el parque eólico de Galicia con 15 nuevos proyectos

COMUNICADO DE LA ASOCIACIÓN ECOLÓGISTA ADEGA
 

21 de xullo de 2011. Ningún monte, turbeira, mámoa ou treito do camiño de Santiago sen o seu parque eólico! Tal parece ser a consigna dos proxectos nados ao abeiro do novo concurso de Industria (ver novaI, novaII e nova III) e que van ocupar espazos de alto valor ambiental e patrimonial. A lei eólica do PP tiña truco: prohibía novas explotacións na actual Rede Natura (a máis cativa do estado), pero nada dicía dos espazos que poderían integrar a proposta de ampliación, que para cumprir as resolucións da CE a Xunta dixo que apresentará este ano. A consecuencia: un “efecto chamada”, porque as industrias queren coller sitio denantes de que Europa obrigue a blindar máis territorio. Todo deriva do Plano Eólico aínda vixente, aprobado durante a era Fraga cando nin existía a Rede Natura e que ningún goberno foi quen de reformar. Daqueles pós veñen agora estes muíños!

 

CONSIDERACIÓNS DE ADEGA AOS PROXECTOS

Parque eólico ‘CAMPELO’ (Coristanco e Santa Comba), Kaekias Eólica
Parque eólico ‘CODESAS’ (Toques), Fenosa Wind, S.L.
Parque eólico ‘COTO DE EIRAS’ (Fornelos de Montes e Mondariz), Puentegasa
Parque eólico ‘COTO DE FRADES’ (A Pontenova e A Fonsagrada), Norvento
Parque eólico ‘EDREIRA I’ (A Lama), Puentegasa
Parque eólico ‘FARELO’ (Antas de Ulla e Agolada), Airosa Vento S.L.
Parque eólico ‘FONTEVECHA’ (Catoira, Caldas de Reis e Valga), Puentegasa
Parque eólico ‘MOECHE-OUTEIRO’ (Moeche), Fenosa Wind S.L.
Parque eólico ‘MONTE DO MARCO’ (Monterroso e Palas de Rei), Aventoa S.L.
Parque eólico ‘MONTE PIQUIÑO’ (Padrón e Teo), Beltaine
Parque eólico ‘MONTE TOURADO’ (Vimianzo), Fenosa Wind S.S.
Parque eólico ‘NEDA’ (Abadín e A Pastoriza), Norvento
Parque eólico ‘OUTEIRO GRANDE’ (A Estrada e Forcarei), Airosa Vento S.L.
Parque eólico ‘PAXAREIRAS II (Cee e Dumbría), Airosa Vento S.L
Parque eólico ‘SASDÓNIGAS FASE II’ (Mondoñedo), Norvento

ENCOL DAS AFECCIÓNS AOS ESPAZOS PROTEXIDOS:
Rede Natura 2000: O parque eólico “EdreiraI” promovido por Puentegasa no concello de A Lama afectan ao novo LIC Serra do Suído (ES 1140017, de 12702,69 Ha), proposta que figura no proxecto de ampliación da RN 2000 elabodado pola Xunta en 2008 (Ramil et al). A presenza de hábitas prioritarios nesta serra, especialmente os hábitats húmidos de turbeira e mato da rexión bioxeográfia atlántica, escasamente representados en Galiza (como recolle a Decisión da Comisión de 7 de decembro de 2004) alén dos inmensos valores patrimoniais e etnográficos, fan incomprensíbel a exclusión do Suído da actual Rede Natura 2000.
Proposta de nova Rede Natura 2000 (Xunta de Galiza, 2008): As instalacións do parque eólico “Campelo” promovidas por Kaekias Eólica nos concellos de Coristanco e Santa Comba sitúanse sobre unha área incluida na proposta de ampliación da Rede Natura 2000 elaborada pola Xunta de Galiza en 2008 e designada como “LIC Lagoa de Alcaián”, código ES1110017, cunha extensión de 241,96 hectáreas Este novo LIC resposta á necesidade de incluir ao humidal da Lagoa de Alcaián con presenza de hábitats prioritarios e conectalo mediante o corredor ecolóxico do Anllóns co LIC e ZEPA da Costa da Morte.
As instalacións do parque eólico “Coto de Eiras” promovidas por Puentegasa nos concellos de Fornelos de Montes e Mondariz afectan tamén á antedita proposta de ampliación da RN 2000, en concreto ao alongamento do LIC Río Tea (ES 1140006, de 1697,81 Ha) para incluir hábitats prioritarios e dar millor representatividade ás formacións boscosas de ribeira e humidais de cabeceira.
Área de influenza dos espazos da Rede Natura 2000:Os parques eólicos “Codesas”, “Coto de Frades”, “Outeiro Grande” e “Sasdónigas fase II” sitúanse a curta distancia de actuais LICs e ZEPAs e/ou das novas figuras de protección recollidas na proposta de ampliación da Rede Natura 2000. En concreto, as instalacións de “Codesas” están a menos de 300 m da ampliación do LIC O Careón; as de “Coto de Frades” a menos de 300 do novo LIC Bacía do Eo e a menos de 500 m do actual LIC Carballido; as de “Outeiro Grande” a menos de 500 m do LIC Brañas de Xestoso e as de “Sasdónigas fase II” a menos de 500 m da ampliación do LIC Serra do Xistral. As afeccións tanto durante a fase de obras como explotación destas instalacións sobre os valores naturais dos espazos protexidos ou susceptíbeis de protección pola presenza de hábitats ou especies de interese son significativos, incluidas as sinerxias com outros parques próximos, e non fican convintemente avaliados nos documentos apresentados.
Reservas da Biosfera: Os parques eólicos “Coto de Frades” e “Neda” sitúanse dentro das reservas da Biosfera “Oscos-Eo-Terras de Burón” o primeiro e “Terras do Miño” o segundo, ambas figuras de protección de carácter internacional declaradas pola UNESCO (2007 e 2002, respectivamente) dentro do programa “Man and Biosphere” (MaB). Atendendo aos requerimentos e características desta figura de protección internacional, as alteracións derivadas do aproveitamento eólico industrial resultan incompatibles co obxectivo de promover un desenvolvemento económico e humano sustentábel baseado na conservación dos recursos naturais e dos hábitats presentes nas reservas.
Catálogo de Humidais de Galiza: O parque eólico “Edreira I” afecta ao humidal “Costa de Uxía”, con presenza de turbeiras altas, e incluido no Inventario dos Humidais de Galiza (Decreto 127/2008) co código 1140231.
ENCOL DAS AFECCIÓN AOS HÁBITATS:
Hábitats prioritarios: Os parques eólicos “Coto de Frades”, “Farelo”, “Moeche-Outeiro”, “Neda”, “Paxareiras II” e “Sasdónigas fase II” sitúanse sobre áreas con presenza de hábitats prioritarios (Directiva 92/43 CE), fundamentalmente breixais húmidos atlánticos, códs. 4020* e/ou 4040*, turbeiras altas activas *7110 e turbeiras de transición e flotantes *7140, entre outros. para os que a Directiva 92/43 CE de Hábitats establece a necesidade de adoptar medidas especiais de protección. Portanto, e como sinala o artigo 6.4 da devandita Directiva 92/43/CE, para calquera actuación sobre estes hábitats deberiase elevar consulta á Comisión Europea e xustificar que os proxectos respostan a “…consideracións relacionadas coa salúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, previa consulta a la Comisión, outras razones imperiosas de interés público de primera orde”.

 

Hábitats de interese europeo: As instalacións eólicas dos parques “Campelo”, “Codesas”, “Coto de Eiras”, “Monte Piquiño”, “Monte Tourado”, “Outeiro Grande”, “Paxareiras II” sitúanse sobre teselas correspondentes a hábitats de interese europeo. Considerando que tanto a presenza de hábitats prioritarios como de interese europeo en determinadas áreas constitúe un dos requisitos para a súa integración na Rede Natura 2000, e tendo en conta que a lei eólica 8/2009 establece como zonas de exclusión para o aproveitamento eólico os espazos da Rede Natura 2000 galega (independentemente da existenza ou non de hábitats prioritarios), non deberían autorizarse parques eólicos en zonas con presenza destas formacións.
ENCOL DAS AFECCIÓNS Á PAISAXE:
Espazos de interese do POL (Plano de Ordeamento do Litoral): O parque eólico “Fontevecha”, nos concellos de Catoira, Caldas de Reis e Valga afectan a unha paisaxe considerada como “de interese” no POL (Plano de Ordeamento do Litoral). Segundo este documento, os espazos con esta consideración teñen a vocación de formar parte dos instrumentos de protección da paisaxe, quer o catálogo de paisaxes de Galiza establecido na Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
ENCOL DAS AFECCIÓNS AO PATRIMONIO:
Patrimonio arqueolóxico: Os parques eólicos “Farelo” e “PaxareirasII” amosan importantes afeccións coas súas instalacións (cimentacións, pistas, gabias e outras actuacións temporais ou permanentes) que ocupan parte da área da súa área de cautela, a elementos patrimoniais inventariados, fundamentalmente xacementos megalíticos.
Patrimonio da Humanidade: Algunhas instalacións do parque eólico “Monte do Marco” sitúase ademáis a menos de 3 km do Camiño de Santiago (Camiño Francés); as do “Monte Piquiño” a 1,6 km do Camiño Portugués e as do parque “Sasdónigas fase II” a menos de 500m do Camiño de Santiago (Camiño Primitivo). Particularmente grave é a afección sobre o Camiño de Fisterra do parque “Paxareiras II”, cuxas instalacións sitúanse a menos de 200m deste ben patrimonial.

Por todo o anteriormente exposto, dende ADEGA SOLICITAMOS que se teñan en conta as presentes consideracións e que por parte das administracións competentes rexéitese autorizar os proxectos dos 15 parques eólicos anteditos.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s