Adega y MariñaPatrimonio denuncian al conselleiro de Cultura ante la Fiscalía por no velar por el Castro de la Atalaya en San Ciprián

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian ao Conselleiro de Cultura ante a Fiscalía polo Castro de  Atalaia

Lugo, 15 de xuño de  2011. Ambas  organizacións presentamos hoxe diante da Fiscalía unha denuncia contra o  Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, por non cumprir coa  lexislación de protección patrimonial e non velar pola conservación do xacemento  arqueolóxico Castro da Atalaia, sito en San Cibrao, no Concello de Cervo. Tras  un ano desde que a Dirección Xeral de Patrimonio resolvese ditar o tapado
provisorio do xacemento escavado ante o seu posible deterioro, e a pesar das  reiteradas chamadas de atención feitas por MariñaPatrimonio e ADEGA ante a  Consellaría, a día de hoxe aínda non se cumpriu dita resolución e o ben  arqueolóxico está a sufrir danos irreparables.

A degradación do xacemento comezou no ano 2006, cando o  Concello de Cervo concedeu licenza para a construción de tres edificios sobre o
Castro da Atalaia. Tras as denuncias de ADEGA e MariñaPatrimonio, a anterior  D.X. de Patrimonio determinou paralizar as obras, pero para cando chegou a orde  de paralización, a construtora Promociones San Ciprián xa tiña destruído  totalmente unha das parcelas do xacemento. Posteriormente, procedeuse á  escavación en área das outras dúas parcelas non afectadas e a Comisión  Territorial de Patrimonio Histórico de Lugo e a Dirección Xeral de Patrimonio  pronunciáronse a favor da conservación in situ dos restos  arqueolóxicos e en contra da construción dos edificios alegando a grande  importancia destes restos.

En xuño de 2010, a D. X. de Patrimonio ditou a  resolución na que obrigaba a Promociones San Ciprián a tapar novamente as parcelas escavadas no Castro da Atalaia, no que apareceron importantes  estruturas dun asentamento galaico-romano, para protexer o xacemento. Nese mesmo mes Mariñapatrimonio comunicaba a caída dun muro dunha das cabanas do xacemento por mor das choivas e demandaba da Consellaría de  Cultura a toma das medidas oportunas. Posteriormente, no mes de novembro, a  mesma organización comunicaba á D.X. de Patrimonio os danos causados sobre os restos arqueolóxicos tras a caía duns taboleiros de considerable tamaño desde o alto da obra paralizada.

Unha vez denunciados os feitos, a Delegación de Cultura de Lugo e a Dirección Xeral de Patrimonio emitiron dous expedientes nos  que recoñeceron os danos descritos e engadiron outros como: “o anegamento das áreas escavadas”, “o debilitamento dos perfís “ así como “o forzamento das portas de acceso” e “o depósito incontrolado de restos de entullo, material de obras e lixo”. Tamén recoñeceron que “é obvio que unha continua e prolongada influencia das condicións meteorolóxicas adversas producirán un incremento do  deterioro”.

Pero estas resolucións da Administración non se están a cumprir e o xacemento atópase nun grande perigo de desaparición. É por iso que Mariñapatrimonio e ADEGA urxen a actuación da Fiscalía para que depure responsabilidades e para que o máximo responsable público neste eido, o  conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asuma a súa obriga de protexer  e conservar o patrimonio histórico-cultural de todos os galegos e galegas.

Na seguinte ligazón, póndense ver fotos do  Castro de Atalaia: https://picasaweb.google.com/mr.patrimonio/CASTRODAATALAIAFOTOS

Anuncio publicitario

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s