A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CONCEDE OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2009—2010 A DEZANOVE ESTUDANTES GALEGOS
La Consellería de Educación concede los premios extraordinarios de Bachillerato 2009-2010 a 19 estudiantes gallegos. Los galardonados podrán optar a los premios nacionales que se celebrarán en el mes de abril de 2011
- Os galardoas, aos que se lles recoñeceu o esforzo desenvolvido nos seus estudos poderán optar aos Premios Nacionais que se celebraran no mes de abril de 2011
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar o listado cos dezanove galardoados cos premios Extraordinarios de Bacharelato do curso 2009-2010. Deste xeito, cada un dos premiados, ve recoñecido o seu esforzo nos estudos e ademais percibiran unha gratificación de 1.000 euros como premio económico ao seu traballo.
Entre os premiados hai nove estudantes da provincia de A Coruña, cinco de Pontevedra, tres de Lugo e dous de Ourense. En total dezanove premiados que cobren a cota máxima fixada na convocatoria. Todos eles obtiveron no curso pasado unha media superior a 8,75 puntos, na que se computa as cualificacións obtidas nas materias comúns dos dous cursos de bacharelato.
Ademais os estudantes superaron probas específicas, celebradas no mes de novembro, para obter o premio, nas que tiveron que realizar unha análise e comentario crítico dun texto de carácter xenérico, histórico, filosófico ou literario, así como respostar a preguntas xerais, realizadas sobre un texto na lingua estranxeira que tiveran cursado como materia común no bacharelato. Tras isto debían desenvolver temas relativos ás materias que cursaran durante o bacharelato. Os gañadores foron aqueles que obtiveron a máxima puntuación entre as dúas probas.
Tras este recoñecemento ao seu esforzo os gañadores terán a posibilidade de presentarse aos premios de Nacionais de Bacharelato que se celebraran no mes de abril de 2011.
Os premiados de a provincia de A Coruña foron Noelia María Galán Rodríguez, do IES Francisco Aguiar de Betanzos; Miguel Paz Prieto, do IES de Fene; Andrés Vázquez Figueiras, do IES David Buján de Cambra; Pablo Almuiña do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela; Roque Sampedro López, do IES de Ames. Da cidade de A Coruña resultaron galardoados Bruno de Soto Lobón e Jorge García Lema do Liceo da Paz e a Compañía de María respectivamente. Mentres que de Ferrol os premiados foron Federico Pedreira Nores e Noelia Cabanas Vellón, do IES Sofía Casanova e IES Leixa respectivamente.
Na provincia de Pontevedra distinguiuse o traballo de Claudia Martínez Boubeta, do IES As Barxas en Moaña; e de Estrella Fariña Vázquez do IES Valle Inclán de Pontevedra. Da cidade de Vigo os gañadores foron Pedro Viaño Nogueira, do Santiago Aposto; e Alba Rodríguez Meira do IES Álvaro Cunqueiro.
Os seleccionados da provincia de Lugo resultaron ser Enma Fernández Fernández, do IES Río Cabe en Monforte de Lemos; Andrés Vázquez Figueira do IES Lama das Quendas, en Chantada; e Javier Valle Regueira do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Pola súa banda en Ourense os dous mellores estudantes foron do IES Nº1 de O Carballiño: Laura Fernández González e Patricia Fernández Redondo.