A nova escola infantil A Galiña Azul de Monte Alto abre as súas portas cunha oferta de 82 prazas para nenos de 0 a 3 anos
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou as instalacións na primeira xornada do centro infantil
La nueva escuela infantil A Galiña Azul de Monte Alto abre sus puertas con una oferta de 82 plazas para niños de 0 a 3 años. La conselleira de Trabajo y Bienestar, Beatriz Mato, visitó las instalaciones en la primera jornada del centro infantil
A Coruña, 22 de decembro de 2010.- A nova Escola infantil A Galiña Azul de Monte Alto, na Coruña, comezou hoxe a súa actividade cunha xornada de portas abertas na que os nenos e nenas matriculados poden achegarse a coñecer o centro e ao persoal.
A nova escola foi visitada esta mañá pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen salientou que esta apertura serve “para seguir mellorando a dotación deste tipo de servizos na cidade da Coruña” e para avanzar no obxectivo de “que as familias galegas estean máis preto da conciliación da vida persoal, familiar e laboral”.
O novo centro infantil oferta un total de 82 prazas divididas en 6 unidades, dúas para cada tramo de idade, e o investimento da Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, na construción e equipamento superou o millón de euros.
Na visita, a conselleira lembrou que nas próximas semanas tamén abrirá as súas portas a escola infantil de Eirís, igualmente de 82 prazas. Estas dúas aperturas permiten incrementar a oferta das escolas dependentes da Xunta na Coruña nun 48,8 por cento, pasando das 336 ás 500 prazas.
A titular de Benestar enmarcou a apertura destas escolas co esforzo que está a facer a Xunta por pór a disposición da cidadanía centro de 0-3 anos, impulso que se plasma, dixo, no feito de que en 20 meses se teñan posto en marcha máis de 1.800 novas prazas en Galicia, o que significa un incremento de máis dun 13%, chegando ás máis de 15.800 prazas de educación infantil sostidas con fondos públicos.
En Monte Alto, paralelamente á escola infantil A Galiña Azul, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar construíu un centro de día de 70 prazas que, cun investimento superior aos 1,6 millóns de euros, entrará en funcionamento nos primeiros meses do vindeiro ano.
Novos centros na comarca
Xunto con ese incremento na cidade herculina, nos primeiros meses de 2011 o Consorcio porá en funcionamento unha escola infantil de 41 prazas no Concello de Sada que está a ser construída polo concello e a vindeira semana adxudicará as obras de construcción de dous novos centros 0-3, un en Betanzos e outro en Coirós, de 74 e de 20 prazas, respectivamente.
[…] La conselleira de Trabajo y Bienestar, Beatriz Mato, avanzó hoy que la Xunta construirá una escuela infantil pública de la red “Galiña Azul” en la localidad de Ribeira (Coruña). Esta nueva infraestructura se pondrá la disposición de las […]
Me gustaMe gusta