Incautados en Galicia casi 800 aparejos de pesca y dos toneladas de pescado

OS GARDACOSTAS INCAUTARON CASE 800 APARELLOS DE PESCA E PRETO DE DÚAS TONELADAS DE DIFERENTES ESPECIES NA ÚLTIMA SEMANA

 Los guardacostas incautaron casi 800 aparejos de pesca y cerca de dos toneladas de diferentes especies en la última semana.

  • A Coruña, Arousa, Corme Laxe, Ferrol, Pontevedra e Vigo foron as rías nas que se realizaron os diferentes operativos

 

Santiago, 18 de decembro de 2010.- O Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisou durante esta semana máis de 1.843 quilos de diferentes especies e 771 aparellos de pesca. Este foi o resultado de diversos operativos contra o furtivismo realizados dende o pasado venres polo servizo de inspección pesqueira da Xunta de Galicia.

 

Actuacións nas Rías Altas

Na Ría da Coruña, os axentes do Servizo de Gardacostas comisaron máis de 7 quilos de lumbrigante, un quilo de nécora e 8 quilos de percebe que foron entregados a un centro benéfico. Os gardacostas tamén incautaron 19 nasas de nécora e centola e que contiñan un quilo desta especie que foi devolta ao mar. Ademais os axentes aprehendéronse na ría coruñesa de outros 7 aparellos de pesca.

 

En diversos labores de inspección realizados polo servizo dependente da Consellería do Mar na zona de Arousa Norte, os axentes incautáronse de 13,5 quilos de diversas especies entre as que destacan nécora e camarón que foron devoltos ao mar, 2 quilos de ameixa babosa e máis de 6 quilos de ostra por non cumprir as garantías sanitarias. Os inspectores da Xunta incautaron tamén 115 nasas de centola e polbo, un rastrelo e 2 pezas de trasmallos.

 

Noutras inspeccións realizadas na Ría de Corme Laxe, os gardacostas comisaron 267,5 quilos de diferentes especies entre as que destacan nécora, camarón, lumbrigante e centola, 33 quilos de percebe e 353 quilos de centola. Polo que respecta a aparellos de pesca, os axentes fixéronse con 218 nasas de centola e polbo que contiñan no interior 16 quilos das dúas especies, 5 viveiros de centola e nécora e 3 palangrillos de 200 anzois con 158 quilos de congro.

 

Na Ría de Ferrol, o Servizo de Gardacostas comisou 6 quilos de percebe por exceso de tope, 50 quilos de ameixa por carecer de documentación e 19,5 quilos de ameixa e centola. Os axentes fixéronse tamén con un vehículo e con un salabardo que contiña 23 pezas de vieira que foron devoltas ao mar.

 

Actuacións nas Rías Baixas

Nas inspeccións realizadas polo Servizo de Gardacostas na Ría de Pontevedra, comisáronse 39 quilos de vieira, 504 quilos de ameixa xapónica ao carecer do tamaño regulamentario e 16 pezas de nécora por estar ovada que foi devolta ao mar. Nun labor de inspección realizado na praza de abastos de Pontevedra, os axentes fixéronse con 2 quilos de ameixa rubia de talla antirregulamentaria que foi entregada a un centro benéfico. Os gardacostas incautaron tamén na ría pontevedresa 41 nasas, unha embarcación e unha furgoneta.

 

O Servizo de Gardacostas realizou ao longo desta semana varios operativos na Ría de Arousa, neles comisáronse 139 quilos de polbo, nécora, centola e peixe variado, 131 quilos de vieira por exceso de cupo que foi resembrada na zona e máis de 4 quilos de ameixa e mexillón por carecer de documentación. Ademais, os axentes aprehendéronse de 110 nasas de polbo e nécora e de 228 pezas de miños.

 

Por último, nas inspeccións realizadas esta semana polos gardacostas na Ría de Vigo comisáronse 66 unidades de diferentes especies e incautáronse 18 pezas de trasmallos.

Un comentario sobre “Incautados en Galicia casi 800 aparejos de pesca y dos toneladas de pescado

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s