La cooperación gallega en Cabo Verde supervisa proyectos de pesca, energía y educación

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

COOPERACIÓN GALEGA VISITOU CABO VERDE PARA SUPERVISAR VARIOS  PROXECTOS QUE SE ESTÁN A DESENVOLVER NESTE PAÍS

 Cooperación Gallega visitó Cabo Verde para supervisar varios proyectos que se están desarrollando en este país, en sectores como la pesca, la energía y la educación

  • A cooperación galega no país africano está presente en moitos sectores, coma a pesca, a enerxía e a educación
  • O obxectivo do viaxe foi comprobar sobre o terreo o impacto real na mellora das condicións de vida da poboación caboverdiana da cooperación que dende o ano 2002 realizase neste país

 

Santiago, 18 de decembro de 2010.- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, visitaron nos últimos días Cabo Verde co fin de supervisar diferentes proxectos que se están a desenvolver grazas á Cooperación galega no país africano.

 

Os membros do goberno autonómico realizaron unha viaxe institucional á República de Cabo Verde co obxectivo de comprobar sobre o terreo o impacto real na mellora das condicións de vida da poboación caboverdiana da cooperación que, desde o ano 2002 e co apoio da Xunta de Galicia, o Fondo Galego de Cooperación realiza neste país.

 

A cooperación galega en Cabo Verde está moi presente en varios sectores, e a achega máis destacable que está a realizar no pais africano basease fundamentalmente nos recursos que a comunidade galega ofrece ao pais no que respecta á transferencia de coñecementos técnicos e desenvolvemento de boas prácticas nos sectores nos que Galicia é un referente a nivel europeo, coma son a pesca, a formación turística, ou a educación ambiental, entre outros.

 

Na visita ao pais africano, Jesús Gamallo e Pilar Romero reuníronse con diferentes membros da colectividade caboverdiana, coma o embaixador de España, Manuel Villavieja, o coordinador xeral da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) nese país, Jaime Puyoles, e os representantes dos Asuntos Políticos e Cooperación; Desenvolvemento Turístico; Enerxía e Pesca do goberno caboverdiano.Ademais, tamén mantiveron reunións cos presidentes das Cámaras Municipais dos municipios onde se están a executar proxectos de cooperación galega.

 

Pesca e enerxía

No eido da pesca, Jesús Gamallo destacou que se debe seguir a traballar con este sector estratéxico no que Galicia ten capacidade técnica a través da Fundación CETMAR, xa que a Xunta, a través deste Centro, colabora na execución do Plan Operativo para o Desenrolo da Pesca Artesanal neste país, un proxecto integral que pretende axudar a súa estruturación e fortalecemento.

 

Jesús Gamallo destacou durante esta visita que “a pesca é un sector estratéxico para Cooperación Galega que formará parte dun futuro acordo marco co goberno caboverdiano. Galicia é un referente neste ámbito por tradición e por experiencia e a nosa colaboración dá resposta, ademais, á propia demanda formulada polo Goberno caboverdiano”. En Cabo Verde, o mar supón o seu principal recurso aínda que, actualmente, a pesca só represente o 2% do PIB caboverdiano. O sector pesqueiro e, concretamente a pesca artesanal, é un dos eixes fundamentais de cooperación neste país.

 

“Un dos obxectivos de Cooperación Galega é mellorar as condicións de vida dos seus beneficiarios, polo que incidir en ámbitos tan vulnerables como a pesca artesanal dá resposta a esta necesidade. Trátase de garantir a seguridade alimentaria das comunidades afectadas por este Plan e o asociacionismo é un dos instrumentos para mellorala”, destacou Gamallo.

Os representantes da Xunta de Galicia reuníronse tamén co Director Xeral de Enerxía, Abraãou Lopes quen lles explicou as dificultades de xestionar, en termos enerxéticos, un país conformado por dez illas. Cabo Verde conta cunha planta de enerxía solar pero o aproveitamento da enerxía eólica “sería un avance importante en termos de sustentabilidade e respecto ao medioambiente”, segundo aseguran os responsables do sector neste país africano.

 

Educación

No eido da educación, os responsables de Cooperación Galega visitaron dous proxectos executados polo Fondo Galego en Cabo Verde e apoiados pola Xunta de Galicia, e que teñen como obxectivo a mellora da educación dos menores do país africano así como a posta en marcha de cursos de capacitación destinados a colectivos vulnerables.

 

Ademais  visitaron un dos proxectos executados polo Fondo Galego na illa de Santiago: unha escola infantil emprazada no municipio de Santa Cruz, acompañados polo alcalde do concello; para visitar a continuación a Cámara Municipal de Calheta de Sao Miguel, municipio no que se desenvolveron diferentes cursos de capacitación destinados a colectivos vulnerables.

 

O Fondo Galego iniciou a súa cooperación con Cabo Verde no ano 2002, momento en que se reformulan as súas estratexias e se decide concentrar esforzos nos países africanos lusófonos para aproveitar a vantaxe comparativa que para a Cooperación Galega supón a proximidade lingüística de Galicia. A Xunta de Galicia sumouse aos esforzos do Fondo Galego no ano 2005, comezando unha estreita colaboración para o cofinanciamento de proxectos municipalistas en Cabo Verde.

Cabo Verde é un dos países prioritarios para a execución dos proxectos de cooperación exterior de Galicia, tal e como aparece recollido no II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013. O traballo de visibilización deste e outros proxectos está levándose a cabo a través da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), polo que os medios interesados poderán obter máis información a través da páxina web desta asociación: http://www.agareso.net/.

Un comentario sobre “La cooperación gallega en Cabo Verde supervisa proyectos de pesca, energía y educación

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s