La Consellería del Mar destinará más de 9 millones en 2011 a acciones de enseñanza en el sector pesquero

Rosa Quintana presidiu o acto de apertura o XVI Pleno de AETINAPE, celebrado en Ribeira

A CONSELLEIRA DO MAR APOSTA POLO FOMENTO DO EMPREGO NO SECTOR PESQUEIRO DESTINANDO MÁIS DE 9 MILLÓNS DE EUROS A ACCIÓNS DE ENSINANZA NÁUTICO – PESQUEIRA DURANTE O ANO 2011

La conselleira del Mar apuesta por el fomento del empleo en el sector pesquero destinando más de 9 millones de euros a acciones de enseñanza náutico-pesquera durante el año 2011

  • Rosa Quintana incidiu no seu obxectivo de acadar a ilusión polo mar e de recuperar o mar como potencia a través do fomento do emprego e da realización de accións formativas como piares básicos de cara a acadar unha recuperación económica
  • A titular de Mar subliñou o aumento de 2,5% no orzamento destinado a ensinanzas pesqueiras e as máis de 4.700 persoas que obtiveron formación en materias náuticas e seguridade marítima durante 2010
  • Atender o aumento de matrícula do 13% nas escolas náutico – pesqueiras e continuar a descentralización da oferta formativa son obxectivos fundamentais para 2011

 

Santiago, 19 de decembro de 2010.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, amosou o a súa firme aposta polo fomento do emprego no sector pesqueiro na apertura onte do XVI pleno de AETINAPE. Durante o acto de apertura, Rosa Quintana, incidiu no obxectivo co que partiu o seu departamento –recuperar a ilusión polo mar e recuperar o mar como potencia- a través do fomento do emprego e da realización de actuacións formativas como piares básicos de cara a acadar unha recuperación económica.

 

Na súa intervención, Rosa Quintana, salientou o aumento nun 2,5% do orzamento destinado a ensinanzas náutico – pesqueiras para o ano 2011, co que se chega a mais de 9 millóns de euros. A conselleira do Mar apuntou que este montante económico permitirá dar continuidade á ampla actividade formativa desenvolvida desde o seu departamento e que en 2010 levou a impartir 226 cursos que achegaron coñecementos sobre materias náuticas e seguridade marítima a máis de 4.700 persoas.

 Así, para o vindeiro ano preténdese atender as necesidades das escolas náutico-pesqueira, que neste curso aumentaron a súa matrícula nun 13%; manter as axudas a estudos, que dispoñen da mesma contía orzamentaria que no presente ano pese á situación de crise económica; e os cursos de formación, achegando estes últimos aos portos. Neste senso, a titular do departamento de Mar destacou que, en 2010, 128 dos 226 cursos formativos impartíronse en diferentes vilas costeiras galegas.  

 Na súa exposición, Rosa Quíntana apuntou á necesidade de avanzar no recoñecemento e mellora das atribucións que a formación permite traballando para lograr dous aspectos básicos que constitúen unha vella demanda do sector e dos profesionais, así, citou a importancia de adecuar os cadros de tripulacións mínima dos buques á situación actual, onde os avances tecnolóxicos das embarcacións fan que quede obsoleta a orde de 1964 que regula esta materia. Asemade, a titular de Mar avogou por traballar para homologar e harmonizar a nivel europeo as atribucións e capacidades que outorga a formación náutico – pesqueira, eliminando a diferencias que existen actualmente entre as normativas internas dos estados membros da Unión Europea nesta materia. 

 Repaso á situación do sector e ao traballo de goberno

Rosa Quintana tamén destacou na ponencia o estado no que se atopaba o sector pesqueiro e marisqueiro galego no 2009. A conselleira reiterou que estaba nunha situación de desestruturación ambiental –pola existencia de furtivismo e de plans de xestión pouco viables- económica –polo baixo rendemento comercial que acababan os produtos no mercado e pola debilidade das empresas transformadoras- e social –por unha organización deficitaria do sector -.

 

Ademais na intervención, a conselleira do Mar tamén explicou que o departamento que dirixe está a traballar no recoñecemento de cada titulación. Neste sentido Rosa Quintana destacou a mellora que se realizou na Lei de Gardacostas (Lei 2/2004), na que anteriormente existían as escalas técnica, executiva e de axentes e engadíuselle unha cuarta escala, a operativa, coa finalidade de delimitar mellor as funcións que debe desempeñar o persoal integrante de Gardacostas.

 

Ao remate do acto de apertura do XVI Pleno de AETINAPE, a conselleira acompañou ás mariscadoras da Agrupación de Mariscadoras a pé de Muros nun xantar de Nadal.

Anuncios

Un comentario sobre “La Consellería del Mar destinará más de 9 millones en 2011 a acciones de enseñanza en el sector pesquero

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s