El Plan re-Móblate en Galicia promovió ventas en el sector de la madera por más de 7 millones de euros

La Xunta autorizó más de 3.700 operaciones del Plan Re-Móblate en Galicia para apoyar ventas que superan los 7 millones de euros. Con este plan se pretende incenctivar la demanda del mobiliario en madera y mantener el empleo en un sector estratégico. El importe medio de las operaciones realizadas ronda los 1.900 euros. Ya son 163 los comercios adheridos como entidades colaboradoras, además de 77 fabricantes.
ECONOMÍA E INDUSTRIA AUTORIZOU MÁIS DE 3.700 OPERACIÓNS DO PLAN RE-MÓBLATE GALICIA PARA APOIAR VENDAS QUE SUPERAN OS 7 MILLÓNS DE EUROS

 Os obxectivos básicos deste programa son incentivar a demanda de mobiliario en madeira e manter o emprego nun sector estratéxico para a economía de Galicia
 O importe medio das operacións de compra de mobles cubertas por este programa está a ser de 1.900 euros
 Xa son 163 os comercios adheridos como entidades colaboradoras, ademais de 77 fabricantes
 O programa está consensuado co sector, que se compromete a facer descontos equiparables ás subvencións do Igape para acadar apoios conxuntos de ata 600 euros por beneficiario
 O importe mínimo das operacións subvencionables –compra dun ou varios mobles- é de 600 euros e o máximo de 4.000

Santiago, 19 de decembro de 2010.- A consellería de Economía e Industria xa autorizou máis de 3.700 operacións amparadas polo Plan re-Móblate. As operacións aprobadas permiten apoiar unhas vendas de mobles por importe de máis de 7 millóns de euros. O prazo de presentación de solicitudes ao abeiro deste programa está aberto ata o próximo 30 de decembro.

Polo de agora son 163 os establecementos comerciais adheridos ao Plan re-Móblate Galicia como entidades colaboradoras. O número de fabricantes adheridos ata o momento é de77. A venda media formalizada ata o momento ten un importe próximo aos 1.900 euros.

A Consellería que dirixe Javier Guerra, a través do Instituto Galego de Promoción Económica, destina 2 millóns de euros a incentivar as vendas de mobles de madeira e colchóns, de acordo co previsto no Plan re-Móblate Galicia, que está consensuado co sector a través da Federación Galega de Empresas do Moble, logo de avaliar outras iniciativas de estímulo da demanda impulsadas, dentro deste sector, noutras comunidades autónomas.

As bases reguladoras, publicadas o pasado 3 de novembro no Diario Oficial de Galicia establecen un incentivo temporal á demanda axeitado á estrutura de produción de Galicia, para incentivar as vendas de mobiliario para o fogar co obxectivo de dinamizar o sector e manter o emprego.

As operacións subvencionables –consistentes na compra dun ou varios mobles- terán un importe mínimo de 600 euros e o máximo será de 4.000€. A axuda resultante para o comprador dos bens obxecto do Programa re-Móblate poderá chegar ata 600 euros, nunha ou varias operacións de compra, sumando a subvención do Igape e o compromiso de desconto que asumen conxuntamente fabricantes e vendedores para favorecer un maior estímulo da demanda.

Son entidades colaboradoras os establecementos de venda de mobiliario de madeira para o fogar ou colchóns pertencentes á categoría de Peme con personalidade xurídica propia –incluídos autónomos- con centro de actividade do establecemento en Galicia, e que se adhiran formalmente ao programa. As entidades colaboradoras comprométense a efectuar os descontos previstos nas bases reguladoras, tanto o correspondente a fabricantes-vendedores como a subvención que lle corresponde achegar á Consellería de Economía e Industria a través do Igape.

Son subvencionables ao amparo desta liña de apoio as operacións de compras de mobiliario de madeira para o fogar ou colchóns realizadas nunha entidade colaboradora (establecemento de venda) e fabricados por unha empresa de fabricación adherida que se formalicen no prazo previsto.

A cadea industrial da madeira é un dos sectores estratéxicos en Galicia. Logo de avaliar programas de incentivos á venda de mobles elaborados noutros territorios, a Consellería de Economía e Industria decidiu lanzar, de xeito acordado cos representantes dos establecementos de venda de mobiliario en Galicia, o Plan Remóblate Galicia 2010, un incentivo de carácter temporal para estimular as vendas de mobles de madeira para o fogar.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s