Arranca la red de centros de bicicletas todo terreno (BTT) en Galicia

Turgalicia inicia en el Salnés la implantación de la red de centros de bicicletas todo terreno (BTT) en Galicia
TURGALICIA INICIA NO SALNÉS A IMPLANTACIÓN DA REDE DE CENTROS DE BICICLETA TODO TERREO (BTT) EN GALICIA

 Ponse en marcha en Meis o primeiro centro BTT de Galicia para divulgar a práctica deste deporte integrándoo na actividade propiamente turística

Santiago, 19 de decembro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, porá en marcha a partir de mañá luns, 20 de decembro, co apoio dos concellos de Meis, Ribadumia e Cambados o centro BTT (Bicicleta Todo Terreno) de Galicia, o primeiro dunha rede de cinco que se instalarán estratexicamente no territorio da comunidade galega co obxecto de difundir a práctica deportiva do ciclismo de montaña integrándoa na actividade propiamente turística.

Os centros BTT son instalacións de apoio á práctica do ciclismo de montaña nas que os usuarios poderán atopar todo tipo de servizos e rutas para practicar deste deporte en Galicia. Un centro BTT defínese pois como un produto turístico destinado a promover a bicicleta de montaña. Consta dun centro de recepción e información, onde se ofrecen servizos como o de alugueiro de material, taller de reparacións, limpeza e outros, así como información específica das rutas turísticas da zona na que está implantado. Forman parte do centro BTT un conxunto de rutas convenientemente trazadas e sinalizadas polo contorno do centro. Estas rutas tamén están clasificadas pola súa lonxitude e dificultade.

O obxectivo de Turgalicia é poñer a disposición dos practicantes deste deporte unha rede de rutas e servizos perfectamente acondicionadas destinadas a todos os públicos. Así, en cada centro BTT haberá rutas que sumen máis de 100 quilómetros de diferente dificultade, de xeito que calquera, afeccionado ou deportista habitual poida practicar este deporte, fomentándose ao mesmo tempo o uso en grupo ou familia.

Para a súa constitución, a Administración turística galega, a través de Turgalicia, conta coas entidades locais galegas que se comprometen á creación de infraestruturas, mantemento de instalacións e desenvolvementos lúdicos que potencien os centros.

O Salnés
Coa posta en servizo do centro BTT do Salnés, iníciase a andaina da rede galega para o fomento da práctica da bicicleta de montaña en Galicia. Este servizo, que terá a súa sede no campo de golf de Montecastrove, no concello de Meis, é froito da colaboración entre Turgalicia e os concellos de Meis, Ribadumia e Cambados, que asinaron un acordo para desenvolver o centro BTT o pasado mes de xuño.

Os concellos levaron a cabo a habilitación do Campo de golf de Meis como sede do Centro BTT O Salnés, como punto de acollida. Ademais, puxeron a disposición do centro os medios humanos e materiais precisos para o seu axeitado asentamento.

Por outra parte, os concellos colaboraron con Turgalicia na execución do proxecto de sinalización de rutas que comporán o Centro BTT O Salnés, así como do seu axeitado mantemento e conservación, tanto das rutas como da sinalización. Pola súa parte, Turgalicia integrará dentro da Rede centros BTT de Galicia o punto do Salnés e levará a cabo as actuacións de formación precisas para a posta en marcha e posterior funcionamento do centro do Salnés.

A sociedade pública para a promoción turística de Galicia facilitara e promoverá a consecución, por parte do Centro BTT O Salnés, das diferentes certificacións de calidade a través das políticas desenvolvidas por esta, e supervisará e controlará a posta en marcha do centro. Ademais, Turgalicia dotará ao Centro BTT O Salnés dunha imaxe de marca propia da rede galega e difundirá e promocionará cos seus medios este servizo.

Infraestrutura
O Centro BTT O Salnés está totalmente sinalizado. Conta cun edificio e servizos de alugueiro e lavado de bicicletas, vestiarios, duchas e sinalización de servizos e rutas. Para a sinalización das rutas, no centro BTT O Salnés, inclúense paneis xerais con planos de situación e altimétricos. Ademais, no comezo de cada ruta situouse un plano do mesmo e na interseccións, paneis informativos coas conexións entre rutas. Tamén hai sinais informativos no percorridos, tanto ao pé das pistas como nos laterais, máis elevados.

O centro BTT O Salnés ten 10 rutas de distinta dificultade, que nun mesmo sentido percorren máis de 100 quilómetro e que van desde o nivel doado a moi difícil. Este é polo tanto un centro para iniciados e habituais do deporte da bicicleta de montaña.

As rutas en bicicleta polo BTT O Salnés percorren lugares con grande atractivo turístico, con vistas panorámicas da ría de Arousa, muíños, mosteiros e fragas, baixo as denominacións: Circuíto do monte Escusa, Ruta dos muíños de Armenteira, Ruta dos outeiros de Silván, Circuíto do Val de Meis, ruta da Chanca, Ruta do monte de San Martiño, Panorámica do Montecastrove, Ruta de Bordóns, Vistas de Arousa e Circuíto de Campo Ladrón.

Anuncios

2 comentarios sobre “Arranca la red de centros de bicicletas todo terreno (BTT) en Galicia

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s