Seminario en Vigo sobre el aprovechamiento de las microalgas y sus aplicaciones industriales

No marco do proxecto BIOTECMAR, a xornada será o 10 de novembro na sede da Fundación en Vigo

 O CETMAR ORGANIZA UN SEMINARIO SOBRE O APROVEITAMENTO DAS MICROALGAS E AS SÚAS APLICACIÓNS INDUSTRIAIS

 El Cetmar organiza un seminario sobre el aprovechamiento de las microalgas y sus aplicaciones industriales. Se celebrará en el marco del proyecto Biotecmar, el 10 de noviembre en la sede de la Fundación en Vigo. Entre otras cuestiones se debatirá el papel de estos organismos en los ecosistemas marinos, los sistemas de producción masiva, la modificación genética y su papel en la acuicultura.

  • Dirixido a un público interesado en coñecer as posibilidades de aplicación industrial destes organismos, o programa inclúe relatorios sobre o seu papel nos ecosistemas mariños, os sistemas de produción masiva, a modificación xenética ou o seu papel na acuicultura, entre outras cuestións .

 

Vigo, 5 de novembro de 2010.-  O Centro Tecnolóxico do Mar acollerá o vindeiro 10 de novembro na súa sede en Vigo un seminario sobre as microalgas como exemplo de valorización de organismos mariños e as súas aplicacións industriais. Ao longo de todo o día sucederanse os relatorios sobre o papel destes organismos nos ecosistemas mariños, os sistemas de produción masiva, a modificación xenética ou o seu papel no ámbito da acuicultura, entre outros temas.

 O seminario, cuxa organización corre a cargo da Fundación CETMAR, está enmarcado no proxecto BIOTECMAR “Explotación BIOTECnolóxica de produtos e subprodutos mariños”, no que a institución galega traballa xunto a organismos e entidades de Portugal, España, Francia e Irlanda. Con ánimo de contribuír á diversificación das actividades vinculadas á xestión sustentable dos recursos mariños, o devandito proxecto pretende dar a coñecer e transferir ás empresas da Área Atlántica ferramentas biotecnolóxicas e procesos de valorización.

 Nese marco desenvólvese agora o seminario sobre microalgas, que vai dirixido a un público interesado en coñecer as posibilidades que ofrecen estes organismos como fonte de materia prima, así como as súas múltiples aplicacións.

 As microalgas constitúen un recurso abundante e enormemente diverso e, no caso de Galicia, presentan as súas propias singularidades. Sen embargo, e a diferencia do que acontece noutros países e incluso no resto de España, a súa posta en valor nesta comunidade autónoma está aínda lonxe do seu potencial.

 

O programa do seminario, que dará comezo ás 9.15 horas trala apertura a cargo da directora xerente do CETMAR, Paloma Rueda Crespo, contempla catro relatorios sobre os aspectos globais das microalgas –diversidade e fisioloxía; sistemas de produción masiva, colecións, modificación xenética- e outros catro sobre as súas aplicacións industriais –biocombustibles, acuicultura, alimentos funcionais e depuración .

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s