La Xunta se compromete a apoyar el desarrollo de la furgoneta eléctrica en la planta de Peugeot Citröen en Vigo

JAVIER GUERRA COMPROMETE O APOIO DA XUNTA DE GALICIA PARA O DESENVOLVEMENTO DA FURGONETA ELÉCTRICA NA PLANTA DE PSA DE VIGO

• A Consellería de Economía e Industria e a planta viguesa de PSA Peugeot Citroën ultiman a concreción dun convenio despois de varios meses de traballo “para concretar o apoio da Xunta á fabricación destes vehículos en Vigo e formar parte así do futuro do sector da automoción, que pasa pola fabricación do vehículo eléctrico”
• O conselleiro apuntou tamén que a colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a planta viguesa ten o obxectivo fundamental de “garantir a carga de traballo e, sobre todo, situar a Galicia á vangarda do desenvolvemento da electromobilidade”
• O encontro que mantiveron Javier Guerra e Pierre Ianni tamén serviu para que o responsable autonómico informase ao director da planta viguesa de todas as xestións que o Goberno da Xunta ten levado a cabo con inversores xaponeses para a instalación dunha fábrica de baterías na zona

Santiago, 15 de diciembre de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, avanzou en Vigo que a Xunta de Galicia “está estudando a concreción dun convenio de colaboración con PSA Peugeot Citroën para apoiar a construción de furgonetas eléctricas na planta de Vigo a partires do ano 2013”. Guerra Fernández, que comprometeu o apoio do seu departamento a esta iniciativa, fixo estas declaracións ao remate dun encontro co director da planta de PSA Peugeot Citroën, Pierre Ianni, que se levou a cabo no centro de produción vigués.

O conselleiro de Economía e Industria salientou ao remate do encontro que a Xunta e PSA Peugeot Citroën “estudan xa a concreción do desenvolvemento dos vehículos na planta”, e apuntou que “xa levamos meses falando coa dirección da planta en Vigo e cos directivos en Francia para concretar o apoio da Xunta á fabricación destes vehículos en Vigo e formar parte así do futuro do sector da automoción, que pasa pola fabricación do vehículo eléctrico”.

Guerra Fernández apuntou tamén que a colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a planta viguesa ten o obxectivo fundamental de “garantir a carga de traballo e, sobre todo, para situar a Galicia a vangarda do desenvolvemento da electromobilidade”. O conselleiro tamén adiantou que a planta de PSA Peugeot Citroën de Vigo conta co respaldo do Goberno da Xunta para construír “os vehículos eléctricos M3 e M4 cunha axuda de aproximadamente 40 millóns de euros”, e engadiu que esta circunstancia, “xunto coa fabricación das furgonetas eléctricas, supoñen o mellor futuro para a planta viguesa”.

O encontro que mantiveron o conselleiro de Economía e Industria e Pierre Ianni tamén serviu para que o responsable autonómico informase ao director da planta viguesa de todas as xestións que o Goberno da Xunta ten levado a cabo con inversores xaponeses para a instalación dunha fábrica de baterías na zona, e avanzou, unha vez máis, que “xa coñecen todas as opcións e a decisión está na súa man”. Por outra banda, Guerra Fernández tamén coñeceu de primeira man as previsións da planta para os vindeiros anos.

A colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e PSA Peugeot Citroën apuntala as bases para que o sector saia reforzado e complementa os traballos Xunta para o impulso do vehículo eléctrico co obxectivo de acadar unha mobilidade sotible e eficiente no desenvolvemento dun modelo no que Galicia quere estar entre os primeiros.

Por este motivo, Galicia será a primeira Comunidade Autónoma en contar cun decreto que regule as cuestións técnicas dos puntos e as infraestruturas de recarga para o vehículo eléctrico en Galicia, e xa ten definida a rede primaria destas infraestruturas, imprescindible para que os cidadáns vexan o vehículo eléctrico como unha alternativa viable.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s