La Xunta patrocina con dos millones de euros a los equipos de alta competición de Galicia

O secretario xeral para o Deporte asina as adxudicacións dos patrocinios ás 13 entidades beneficiarias da área da Coruña

 

La Secretaría Xeral para el deporte patrocina con 2 millones de euros a los equipos de alta competición de Galicia. Un total de 59 clubes se beneficiarán de la primera fase del plan de patrocinio de los equipos de alta competición de la temporada 2010/11

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE PATROCINA CON 2 MILLÓNS DE EUROS OS EQUIPOS DE ALTA COMPETICIÓN DE GALICIA

 

Santiago, 9 de decembro de 2010.- Un total de 59 clubs beneficiaranse da primeira fase do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición da tempada 2010/11, na que se adxudican 1,6 millóns de euros para os clubs que participan en competicións en sistema de liga regular. Non primeiros meses do ano 2011 asinaranse os contratos cos clubs da segunda fase, que son aqueles cuxa competición máis relevante aínda non comezou. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou onte á tarde as adxudicacións ás 13 entidades da área da Coruña que resultaron beneficiarias.

 

O Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia é unha iniciativa da Fundación Deporte Galego que se desenvolve por segundo ano consecutivo. A marca Deporte Galego irá esta temporada acompañada pola de Galicia Calidade nos soportes publicitarios dos equipos adxudicatarios, en substitución da do Xacobeo que se empregou a pasada campaña.

 

Con esta actuación a Secretaría xeral para o Deporte quere apoiar aos equipos galegos de Alta competición, nun momento no que é moi difícil para eles o mantemento do apoio da empresa privada. Ademais estes equipos soportan a base do deporte en Galicia, exemplo do cal é o Club Baloncesto Coruña, con preto de 500 rapaces nas súas categorías de base. Por outra banda é importante destacar a tarefa de promoción do deporte galego e da marca Galicia Calidade que estes equipos farán no ámbito nacional e internacional.

 

O requisito para ser beneficiario deste plan é contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel nas modalidades deportivas en que a competición de máximo nivel se desenvolve, na categoría absoluta, en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría e cun volume de desprazamentos frecuente. Quedan excluídos os participantes nas recoñecidas como ligas profesionais, a 1ª e 2ª división de fútbol e Liga ACB de baloncesto.

 

Sinatura cos 13 equipos beneficiarios da área da Coruña

O secretario xeral para Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou onte  as adxudicacións dos patrocinios aos 13 equipos beneficiarios da área da Coruña. Trátase das seguintes formacións deportivas: CH Patín Cerceda, Club de Baloncesto Coruña, Club Basketmi Ferrol, os quipos de tenis de mesa e de bádminton do Club de Mar San Amaro, Club Universitario de Ferrol, Comarcal A Fervenza FSF, CRAT A Coruña, Hockei Club Borolla, Hockei Club Liceo, Montañeros CF, Orzán SD, Valdetires Ferrol FSF.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s