La Xunta ahorra el 50% en peajes a los usuarios de las vías A Coruña-Carballo y Puxeiros-Val Miñor

A XUNTA ASUMIU UN CUSTE DE PRETO DE 200.000 EUROS CO FIN DE QUE OS USUARIOS DAS ESTRADAS A CORUÑA-CARBALLO(AG-55) E PUXEIROS-VAL MIÑOR(AG-57) POIDAN AFORRAR ATA UN 50% NAS PEAXES

 La Xunta de Galicia asumió un coste de cerca de 200.000 euros con el fin de que los usuarios de las carreteras A Coruña-Carballo (AG-55) y Puxeiros-Val Miñor (AG-57) puedan ahorrar hasta un 50% en peajes

  • Cando se realiza un traxecto, con cargo a un OBE,  ida e volta entre dous enlaces da autoestrada no mesmo día, a sociedade concesionaria aplicará no traxecto de volta unha bonificación do 25% sobre o importe da peaxe en vigor
  • Cando co mesmo OBE se realiza un segundo ou ulterior traxecto, con ida e volta entre dous enlaces da autoestrada, no mesmo día, a concesionaria aplica no segundo e ulteriores traxectos de volta unha bonificación do 50%
  • Medio Ambiente bonifica o uso frecuente dunhas infraestruturas que facilitan a mobilidade da poboación e favorecen un tránsito fluído, eficaz e seguro de persoas e mercadorías pola comunidade autónoma

 

Santiago, 02 de decembro de 2010.- A directora xeral de Infraestruturas, Ethel Vázquez, compareceu na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos para informar sobre os descontos que se están a aplicar nas autoestradas galegas A Coruña- Carballo (AG-55) e Puxeiros- Val Miñor (AG-57).

 A Xunta de Galicia asumiu ata a data de hoxe, un custe de 197.338,9 euros, co obxecto de que os usuarios das autoestradas AG-55 e AG-57 obteñan un aforro nos seus desprazamentos. Esta cantidade bonifica aos usuarios frecuentes destas autoestradas , que supoñen un 28,8 % dos traxectos realizados con cargo a OBE. Desta porcentaxe, un 1,69 % correspóndese con traxectos que se benefician dun aforro dun 50% e o restante 27,11 % correspóndese con traxectos bonificados cun desconto do 25% sobre o importe da peaxe en vigor.

 Doutro xeito, este importe debería ter sido asumido polos usuarios frecuentes das autoestradas AG-55 e AG-57.O importe asumido polo Goberno galego representa unha porcentaxe do 62,65% sobre a anualidade comprometida na actualidade nos orzamentos do ano 2010 (315.000 €) para facer fronte a este compromiso de gasto.

 Ethel Vázquez explicou que a bonificación aplicada aos vehículos que dispoñen de OBE, considérase sempre que o traxecto se realice nun día hábil (todos excepto domingos ou festivos).

 Por unha parte, cando se realiza con cargo a un OBE un traxecto con ida e volta entre dous enlaces da autoestrada no mesmo día, é dicir, o que ten igual orixe e destino, a sociedade concesionaria aplicará no traxecto de volta unha bonificación do 25% sobre o importe da peaxe en vigor.

 Por outra parte, cando co mesmo OBE se realiza un segundo ou ulterior traxecto, con ida e volta entre dous enlaces da autoestrada, no mesmo día, a concesionaria aplica no segundo e ulteriores traxectos de volta unha bonificación do 50% sobre o importe da peaxe en vigor.

A Xunta de Galicia é titular das autoestradas de peaxe A Coruña- Carballo (AG-55) e Puxeiros- Val Miñor (AG-57), que teñen o seu percorrido dentro da comunidade galega. A explotación de ditas autoestradas corresponde a Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia S.A, en virtude do contrato de concesión administrativa para a construción, conservación e explotación das citadas autoestradas de peaxe.

 

Mediante o decreto 54/2010 do 31 de marzo aprobouse o convenio entre a Xunta e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia e a Concesionaria de la Xunta de Galicia polo que se regula a bonificación da peaxe da AG-55 e AG-57. Este acordo fixa as bases para a colaboración entre o Goberno galego e a sociedade concesionaria na aplicación de bonificacións das peaxes vixentes e o pagamento pola Xunta á sociedade dos importes que deriven desta medida. A bonificación fíxose efectiva o 18 de maio de 2010 e estará en vigor ata o 31 de decembro de 2015.

 

A directora xeral de Infraestruturas concluíu que Medio Ambiente, en consideración á situación económica e en atención ao interese xeral, bonifica o uso frecuente dunhas infraestruturas que facilitan a mobilidade da poboación e favorecen un tránsito fluído, eficaz e seguro de persoas e mercadorías pola comunidade autónoma.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s