Destaca que coa finalización das obras do Auditorio de Vigo e co inicio do Auditorio de Lugo “todas as cidades de Galicia finalizan as súas infraestruturas culturais. Pódese dicir que esta lexislatura é a lexislatura de completar en todas as cidades de Galicia as infraestruturas culturais que demandaban”
Fefijóo afirma que, con la finalización en Navidad del Auditorio de Vigo, que empezará a funcionar en enero de 2011, la Xunta cumple otro de los 10 grandes compromisos que tiene con Vigo y al que seguirán el hospital público y la depuradora de la ría
FEIJÓO AFIRMA QUE COA FINALIZACIÓN EN NADAL DO AUDITORIO A XUNTA CUMPRE OUTRO DOS 10 GRANDES COMPROMISOS QUE TEN CON VIGO AO QUE SEGUIRÁ O HOSPITAL PÚBLICO E A DEPURADORA DA RÍA
-
La infraestructura contará con una sala principal de 1.500 butacas, una sala adicional de 600 butacas y cuatro salas más polivalentes con un aforo menor
- Salienta que o Auditorio empezará a funcionar no primeiro trimestre do ano 2011 e terá como obxectivo reactivar a actividade económica e “reactivar as posibilidades que ten Vigo e ubicar de forma axeitada todas as actividades de congresos e culturais da cidade e da súa área de influencia”
- A infraestrutura contará cunha sala principal de 1.500 butacas, unha sala adicional de 600 butacas e catro salas máis polivalentes cun aforo menor
Vigo, 30 de novembro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou esta mañá que coa finalización, en Nadal, do Auditorio-Palacio de Congresos de Vigo a Xunta cumpre outro dos 10 grandes compromisos que ten coa cidade e “despois do Auditorio –avanzou- levaremos a cabo un compromiso dunha enorme transcendencia que é a adxudicación do novo Hospital Público e, o seguinte despois será a licitación da Depuradora da Ría de Vigo, que nos devolverá esta ría aos mellores niveis de excelencia desde o punto de vista da salubridade e da calidade das augas”.
Durante a visita ás obras do Auditorio, Feijóo subliñou que esta infraestrutura, que contará cunha sala principal de 1.500 butacas, unha sala adicional de 600 butacas e catro salas máis polivalentes cun aforo menor, empezará a funcionar no primeiro trimestre do ano 2011 e terá como obxectivo “reactivar a actividade económica e reactivar as posibilidades que ten Vigo e ubicar de forma axeitada todas as actividades de congresos e culturais da cidade e da súa área de influencia”.
Coa finalización do Auditorio de Vigo e co inicio do Auditorio de Lugo, o responsable do Goberno galego aseverou que “todas as cidades de Galicia finalizan as súas infraestruturas culturais”. “Pódese dicir que esta lexislatura é a lexislatura de completar en todas as cidades de Galicia as infraestruturas culturais que demandaban”, concluíu
estos son los que menos an echo por la obra donde esta la gente que le construio .
Me gustaMe gusta
son numeros como en todas las obras
Me gustaMe gusta