O executivo galego colabora na organización do Congreso de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios que se celebrará en Galicia en 2012
La Xunta destina casi 17 millones de euros a actuaciones de rehabilitación de viviendas y mejora de espacios públicos en el municipio de Santiago. La administración regional financia la rehabilitación de distintos barrios en los concejos gallegos, como La Tinería en Lugo o el poblado minero de Fontao, o los cascos viejos de Ourense y Vigo, actuaciones que «demuestran la fuerte apuesta del Goberno en esta materia». El Ejecutivo gallego colabora asimismo en la organización del Congreso de Patología y Rehabilitación de Edificios que se celebrará en Galicia en 2012
A XUNTA DESTINA CASE 17 MILLÓNS DE EUROS A ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E MELLORA DE ESPAZOS PÚBLICOS NO CONCELLO DE SANTIAGO
- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas defende que a rehabilitación non debe reducirse ao ámbito dos cascos históricos ou núcleos rurais tradicionais, senón que existen vivendas construídas nos anos 60 e 70 que requiren intervencións
- Sinala que a Xunta financia a rehabilitación de distintos barrios nos concellos galegos, como A Tinería en Lugo ou o poboado mineiro de Fontao, ou os cascos vellos de Ourense e Vigo, actuacións que demostran a forte aposta do Goberno nesta materia
Santiago, 2r de novembro de 2010- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a investir case 17 millóns de euros en actuacións de rehabilitación de vivendas e mellora de espazos públicos no Concello de Santiago. O conselleiro Agustín Hernández recordou hoxe que o seu departamento está a colaborar co Concello de Santiago na rehabilitación e mellora de varias zonas da cidade, como Vista Alegre, Pontepedriña e o centro histórico.
Hernández fixo estas declaracións na presentación da primeira edición do Congreso de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios que se celebra na Comunidade galega e no que colaborará a Xunta de Galicia. Esta nova edición representa a cuarta ocasión na que se organiza un simposio deste tipo. As tres citas anteriores celebráronse na cidade de Oporto nos anos 2003, 2006 e 2009.
O responsable de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas avanzou a celebración desta cita de ámbito internacional, que traerá á cidade de Santiago en abril de 2012 a unha ampla representación de arquitectos e enxeñeiros, especialistas en materia de rehabilitación e recuperación con experiencias recoñecidas a nivel internacional.
Hernández manifestou que dende a Xunta coordinarase un programa de actividades que amplíe o obxectivo incluíndo aspectos relativos á degradación das áreas urbanas e a súa rehabilitación. Nese senso, concretou que a rehabilitación non debe reducirse ao ámbito dos cascos históricos ou núcleos rurais tradicionais. Explicou que existen unha gran parque de vivendas e edificios construídos nos anos 60 e 70 que requiren intervencións de rehabilitación significativas, como resolver patoloxías que empezan a manifestarse para ser adaptadas ás demandas que presenta a vida moderna e oara dotalas de instalacións e condicións construtivas que reduzan o consumo enerxético que a súa utilización comporta.
Sinalou que as políticas de rehabilitación constitúen xa unha práctica que promove e lidera a Xunta de Galicia, e proba deste compromiso é o feito de que dende o Instituto Galego da Vivenda e Solo se aposta pola rehabilitación e a recuperación dos cascos históricos. A modo de exemplo, citou as axudas concedidas aos particulares para a rehabilitación, así como as intervencións directas de rehabilitación destinadas a vivendas de promoción pública como: o barrio da Tinería en Lugo, o poboado mineiro de Fontao, o casco vello de Ourense e de Vigo e o barrio dos Muíños en Mondoñedo. Tamén recordou que o Consello da Xunta autorizou a semana pasada un convenio de colaboración polo cal o Instituto Galego da Vivenda e Solo destinará 700.000 euros á adquisición de edificios no centro histórico de Betanzos para a súa rehabilitación como vivendas.
Subliñou que a comunidade galega é líder en España en canto aos obxectivos de rehabilitación enmarcados no Plan de Vivenda. Recordou que o Plan de Vivenda 2009-2012 prevé para Galicia máis de 50.000 actuacións, o que supón un 56% máis que as previsións do anterior (Plan de Vivenda 2005-2009), no que os obxectivos iniciais eran de algo mais de 32.000. No caso concreto de 2011, o obxectivo fixado é de 3.700 vivendas protexidas de nova construción para venda, aluguer, ou aloxamentos protexidos. O obxectivo de promoción de vivendas protexidas de nova construción para 2010 é de 3.040 e a 3 de novembro as cualificacións provisionais acadaban as 1.530. Tamén hai máis de 2.000 vivendas para as que se solicitou a cualificación provisional, polo que previsiblemente en 2010 se cumprirán os obxectivos ao cen por cen, o que significaría acadar a cifra de máis de 3.000 vivendas protexidas de nova construción.
Necesidade de reflexión
Segundo o conselleiro, estas xornadas nacen cunha clara necesidade de reflexión porque existen factores que invitan a abrir este debate, como as novas esixencias construtivas derivadas da aplicación do Código Técnico da Edificación, a vital importancia que cobran os aspectos ligados á sostibilidade da construción, ou a imperiosa necesidade de reducir os consumos de enerxía entre todos os axentes implicados na rehabilitación cuxo encontro propicia este congreso.
Outra factor a ter en conta é a recuperación e reutilización dos edificios existentes mediante os procesos de rehabilitación, pois constitúen unha parte esencial das estratexias encamiñadas a garantir un progreso sostible. Con esta filosofía de actuación aspirase a mellorar as condicións de vida dos cidadáns e a satisfacer as novas demandas e requirimentos que a vida moderna esixe.
Por último destacou que, nun momento como o actual no que parece que o crecemento indefinido das áreas urbanas entra en crise, cobra especial importancia o eido da rehabilitación, tanto a das edificacións como a da rexeneración das áreas urbanas. Neste campo deben centrarse gran parte dos esforzos da sociedade, concluíu.
Cuarta edición do PATORREB
Esta nova cita, que supón a cuarta edición, do Congreso de patoloxía e rehabilitación de edificios e que se celebrará en Santiago de Compostela no vindeiro mes de abril de 2012, vén precedida polo éxito de asistencia, xa que nas anteriores edicións participaron máis de 600 persoas entre profesores, investigadores, estudantes, construtores, proxectistas, enxeñeiros e outros profesionais.
O punto de partida desta experiencia é unha reflexión sobre a patoloxía da construción e os seus múltiples ámbitos específicos e como se combinan estes coa rehabilitación arquitectónica. Amplíanse os temas presentados en edicións anteriores e introdúcense novos puntos de vista, ofrecendo un perfil máis aberto do congreso para a participación de diferentes profesionais vinculados ao mundo da edificación e o urbanismo.
[…] de una vivienda en Mieres calcina el dormitorio y mata a un animal propiedad de la dueña La Xunta destina 17 millones a la rehabilitación de viviendas y mejora de espacios público… El gobierno asturiano fomenta el uso responsable del papel entre 5.000 trabajadores de la […]
Me gustaMe gusta