Abierto al tráfico el carril derecho de la autovía Santiago-Ourense, que llevaba en obras desde el verano para estabilizar los taludes

A XUNTA ABRE  AO TRÁFICO O TREITO DO CARRIL DEREITO DA AUTOVÍA SANTIAGO-OURENSE (AG-53) EN SENTIDO A COMPOSTELA, PECHADO EN AGOSTO POR MOR DUNHA ACTUACIÓN DE ESTABILIZACIÓN DE TALUDES

 La Xunta de Galicia abrió esta semana al tráfico el tramo del carril derecho de la autovía Santiago-Ourense (AG-53) en sentido Compostela, el cual había estado cerrado desde agosto a causa de una actuación para estabilizar los taludes. Las obras tuvieron por objeto solucionar esos problemas de inestabilidad; concretamente, en el trecho Alto de Santo Domingo-A-52.

  • As obras tiñan por obxecto solucionar os problemas de inestabilidade detectados recentemente en varios noiros nesta vía, concretamente, no treito Alto de Santo Domingo-A-52

 

Santiago, 17 de novembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas abrió ao tráfico un treito do carril dereito da Autovía Santiago-Ourense (AG-53) sentido a Compostela, despois de que no mes de agosto se restrinxirá o tráfico por mor da necesidade de solucionar uns problemas de inestabilidade detectados recentemente en varios noiros nesta vía, concretamente, no treito Alto de Santo Domingo-A-52.

 Non obstante, quedan por realizar unha serie de remates nos camiños de servizo e traballos de hidrosembra nas inmediacións do punto quilométrico 85, que se levarán a cabo cando as condicións climatolóxicas así o permitan. En calquera dos casos, estes traballos non afectarán ao tráfico ao accederse polo propio camiño de servizo.

 As actuacións leváronse a cabo nos desmontes existentes á altura dos pk.83; 83,4 e 85,5, na marxe dereita da vía sentido Santiago. Os dous primeiros puntos atópanse situados no termo municipal de Puxín e o último no de Ourense.

 Co fin de rematar as obras en tempo, traballouse simultaneamente nos tres noiros afectados, todos os días da semana, exceptuando domingos e festivos, e en xornadas laborais de ata 12 horas diarias, co fin de reducir ao máximo as restricións de tráfico ocasionadas por ditas obras.

 Os traballos consistiron no despexe, desbroce e limpeza da zona de actuación; así mesmo, demoléronse e desmontáronse os muros de perpiaño existentes; continuouse coa escavación e baleirado para a cimentación dos muros; levantáronse novos muro e colocáronse en trasdós material de recheo estabilizador e tubaxes de drenaxe. Por último, tamén se construíu unha cuneta e se plantou hidrosembras nas zonas de noiros para minimizar os riscos de erosión. Tamén, se levará a cabo o fresado de pavimento e reposición posterior da capa fresada.

 A inestabilidade dos noiros foi detectada a raíz das intensas chuvias producidas o pasado inverno, fenómeno atmosférico que incluso provocou un desprendemento á altura do punto quilométrico 84,5 da AG-53 e que obrigou a realizar cortes de carril da calzada esquerda da Autoestrada. Tras estes feitos, leváronse a cabo numerosas inspeccións de todos os noiros da AG-53, detectándose inestabilidades en varios puntos, polo que se concluíu que de darse novos períodos de chuvias, poderíanse producir desprendementos nos mesmos, en caso de non ter actuado sobre eles, o que conlevaría riscos para os seus usuarios.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s