El destacado naturalista británico Sir David Attenborough recibe el Premio Fonseca 2010

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN ASISTIU Á ENTREGA DO PREMIO FONSECA 2010 AO NATURISTA SIR DAVID ATTENBOROUGH

 Entrega del Premio Fonseca 2010 al célebre naturalista británico Sir David Attenborough. El galardón reconoce el esfuerzo por divulgar el conocimiento científico en la sociedad. Attenborough ya posee importantes reconocimientos anteriores, como el Premio Príncipe de Asturias 2009 de Ciencias Sociales, y el primer Premio Descartes de comunicación de la ciencia otorgado por la Unión Europea. El naturalista ha dedicado 50 años de su vida a la descripción de la naturaleza y a la defensa del medio ambiente en programas de televisión, fundamentalmente en la BBC. Asimismo ha publicado 20 libros sobre la materia.

  • Este galardón recoñece o esforzo para divulgar o coñecemento científico na sociedade 

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2010.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad asistiu á entrega do Premio Fonseca 2010 de divulgación científica, concedido ao naturalista británico  Sir David Attenborough, pola súa contribución á difusión á sociedade de coñecementos de natureza e historia natural a través dos medios de comunicación. Esta é a terceira edición do premio, concedido pola Universidade de Santiago de Compostela

Na entrega do premio, que se celebrou no Auditorio de Galicia, estiveron presentes tamén o reitor da USC, Juan Casares Long; e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo. No acto, o premiado demostrou o seu bo facer divulgativo ao impartir o relatorio ‘Paxaros do paraíso’.

Transmitir o saber científico

O Premio Fonseca de divulgación científica está enmarcado no Programa ConCiencia, froito da unión entre o Consorcio de Santiago e a USC co obxectivo de promover a visita a Santiago das principais figuras internacionais da ciencia para transmitir os seus coñecementos á unha sociedade que precisa cada día máis da culturización científica.

Ao abeiro do programa ConCiencia naceu este galardón, que vai xa pola súa terceira edición, e que pretende recoñecer o papel dos medios de comunicación como medios transmisores do coñecemento, e premiar os esforzos dos autores por adecuar os contidos científicos a estes medios. Este ano 2010 o xurado decidiu galardoar ao naturalista británico  Sir David Attenborough, que xa ten no seu haber importantes recoñecementos, como o primeiro Premio Descartes de comunicación da ciencia da Unión Europea e o Premio Príncipe de Asturias 2009 de Ciencias Sociais.

O Premio Fonseca recoñece o traballo de case 50 anos dedicados á descrición da natureza e defensa do medio ambiente a través de programas de televisión, fundamentalmente na BBC, que contribuirán a achegar a ciencia á sociedade durante décadas. Así mesmo, o seu labor divulgativo complétase con máis de 20 libros publicadas sobre a materia.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s