A Xunta de Galicia destinará preto de 40 millóns de euros dos orzamentos de 2011 para a execución de actuacións na comarca de Baixo Miño
HERNÁNDEZ SINALA QUE MEDIO AMBIENTE INCIARÁ O PROCESO EXPROPIATORIO DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL DE TOMIÑO NESTE MESMO ANO
El gobierno gallego iniciará el proceso expropiatorio de las obras de urbanización del parque empresarial de Tomiño este mismo año. El año que viene invertirá en esta actuación 9 millones de euros. La Xunta pondrá cerca de 25,7 millones de euros en 2011 para la vía de altas prestaciones (VAP )Tui-A Guarda, cuyo primer tramo (Tui-Tomiño) y el tercero (Goián-A Guarda) se encuentran en ejecución. En cuanto al segundo tramo, el conselleiro Agustín Hernández anunció que en breve se comenzará con la redacción del proyecto de trazado y construcción.
Por otro lado, Aguas de Galicia destinará 2,5 millones de euros a obras hidráulicas en la comarca del Miño, entre las que destaca la explotación del sistema de saneamiento de Louro (A Coruña) y de la EDAR de Guillarei.
-
O Goberno galego achegará 9 millóns de euros o próximo ano para este parque empresarial
- O conselleiro Agustín Hernández asistiu hoxe á inauguración do campo de fútbol do Concello do Rosal, infraestrutura na que a Xunta colaborou coa aportación de 58.000 euros para executar os traballos de sostemento de taludes
- A Xunta investirá preto de 25,7 millóns de euros en 2011 na VAP Tui- A Guarda, cuxo I tramo (Tui- Tomiño) e III (Goián- A Guarda) se atopan en execución
- En relación ao treito II (Tomiño- Goián), Hernández indicou que se comezará en breve coa redacción do proxecto de trazado e construción
- Augas de Galicia destinará 2,5 millóns de euros a obras hidráulicas na comarca do Miño, entre as que destaca a explotación do sistema de saneamento do Louro e da EDAR de Guillarei
O Rosal (Pontevedra), 15 de novembro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asistiu á inauguración do campo de fútbol do Concello do Rosal. Neste acto tamén estiveron presentes o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
A Consellería de Medio Ambiente realizou unha achega económica de 58.000 euros para a execución das obras de sostemento de taludes no presente campo de fútbol.
Hernández lembrou que a Xunta de Galicia destina preto de 40 millóns de euros dos orzamentos de 2011 a actuacións en materia de infraestruturas, vivenda, solo empresarial e obras de carácter hidráulico na comarca do Baixo Miño.
Parque empresarial de Tomiño
O Goberno galego prevé a iniciar o proceso expropiatorio das obras de urbanización do parque empresarial de Tomiño ao longo este mesmo ano. Cómpre sinalar que esta infraestrutura forma parte do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais en Galicia.
O parque empresarial, que contará coa aportación de 9 millóns de euros no próximo ano, ubícase no Concello de Tomiño, no val do río Cereixo, nun ámbito cunha superficie final de 493.456 metros cadrados. O orzamento total estimado ascende a 23,7 millóns de euros, tendo en conta que os traballos técnicos realizados e terreos adquiridos representan actualmente un 20% do total dos terreos do ámbito.
VAP Tui- A Guarda
O responsable de Medio Ambiente explicou que o seu departamento destina un total de 25,7 millóns de euros dos orzamentos de 2011 para a continuación dos traballos de execución na VAP Tui- A Guarda, infraestrutura viaria que dispón de 26,4 qm.
O treito I, que une Tui e Tomiño ao longo de 4 qm, atópase en execución e precisa dun investimento de preto de 27,2 millóns de euros. O treito III, que conecta Goián con A Guarda ao longo de 10 qm, tamén se atopa en execución e tén un orzamento de 59,5 millóns de euros.
En relación ao treito II, que une as localidades de Tomiño e Goián (10,5 qm), Hernández indicou que se comezará en breve coa redacción do proxecto de trazado e construción. Para este tramo establécese un orzamento total de 77,8 millóns de euros.
Actuacións hidráulicas
O conselleiro de Medio Ambiente tamén explicou os orzamentos do seu departamento para o 2011 en materia de infraestruturas hidráulicas e saneamento que ascenden a 2,5 millóns de euros. Unha parte importante destes investimentos serán destinados á explotación do sistema de saneamento do Louro da estación depuradora de augas residuais de Guillarei (no que están integrados os concellos de Tui, Mos, O Porriño e Salceda de Caselas). Ao longo de 2011 executarase unha partida de 1,49 millóns de euros.
Por outro lado, tamén se reserva unha partida orzamentaria para 6 actuacións hidráulicas mais que permitirán mellorar o saneamento de varios concellos da Comarca do Baixo Miño.
Actuacións |
Explotación do sistema de saneamento do Louro da estación depuradora de augas residuais de Guillarei |
Estación de bombeo no río Furnia. Tui |
Conexións secundarias no concello de Tui |
Saenamento en Valdemiñotos. O Rosal |
Abastecemento de auga a Santa María de Oia. |
Explotación da Edar de Tomiño |
Colector xeral de San Simón. Tui |
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta