La Xunta propone al Estado el aprovechamiento de 320.000 parcelas de propietarios desconocidos, gracias a la futura Ley de Movilidad de Tierras

A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL PRESENTA O ANTEPROXECTO DE LEI DE MOBILIDADE DE TERRAS  PARA REFORZAR A DINAMIZACIÓN DO AGRO

 La Consellería de Medio Rural presenta el anteproyecto de la ley de movilidad de tierras para reforzar la dinamización del campo.

La nueva ley elimina el derecho de tanteo y retracto que permitía al Banco de Tierras frustar cualquier operación de compraventa de un predio para hacerse con esa propiedad. Con la nueva norma, el ámbito de actuación del Banco de Tierras se amplía además a todas las parcelas con vocación agraria de Galicia.

Se propone un nuevo marco de colaboración con el Estado para poder aprovechar la riqueza productiva de más de 320.000 parcelas de propietarios desconocidos, que suman 5.600 hectáreas de superficie.

  • A nova lei elimina o dereito de tenteo e retracto que permitía ao Banco de Terras frustrar calquera operación de compra-venda dun predio para facerse con esa propiedade
  • Coa nova norma, o ámbito de actuación do Banco de Terras amplíase a todas as parcelas con vocación agraria de Galicia
  • Proponse un novo marco de colaboración co Estado para poder aproveitar a riqueza produtiva das máis de 320.000 parcelas de propietarios descoñecidos, que suman 5.600 hectáreas de superficie
  • Samuel Juárez afirma que esta lei “pretende optimizar todo o potencial do Banco de Terras como instrumento de dinamización do agro” e salienta “a firme vontade de alcanzar o consenso parlamentario”

 

Santiago, 12 de novembro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, presentou esta mañá en rolda de prensa o anteproxecto da Lei de Mobilidade de Terras elaborado polo seu departamento coa finalidade de “reforzar a dinamización do agro galego, mediante o aproveitamento e optimización de todo o potencial que ofrece o Banco de Terras como instrumento para incrementar a produtividade e a riqueza do medio rural”.

 Acompañado polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, e o director-xerente do Banco de Terras de Galicia, Javier Blanco, o conselleiro sinalou que a Lei de Mobilidade de Terras “é froito da experiencia acumulada nos tres anos de funcionamento do Banco de Terras e pretende pulir e mellorar determinados aspectos que están a dificultar a consecución dos obxectivos marcados”. Neste contexto, expresou a súa “firme vontade de alcanzar o consenso” para tentar sacar adiante esta lei co apoio de todos os grupos parlamentarios.

 Samuel Juárez destacou que as melloras que recolle a nova lei en comparación coa Lei 7/2007, de 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia, estrutúranse en catro eixos fundamentais: a derrogación do dereito de tenteo e retracto, a ampliación da base de actuación territorial e das funcións do Banco de Terras, a capacidade de actuación sobre os bens de propietarios descoñecidos e o fomento de medidas e estímulos que faciliten a incorporación voluntaria de bens ao Banco de Terras por parte dos propietarios.

 Eliminación do dereito de tenteo e retracto

Segundo explicou o conselleiro, unha das principais modificacións da Lei de Mobilidade de Terras consiste na eliminación do dereito de tenteo e retracto que en virtude da Lei 7/2007 pode exercer o Banco de Terras ante calquera operación de compra-venda de parcelas que se rexistre en Galicia. Samuel Juárez destacou que a supresión desta “medida intervencionista, que en tres anos non se chegou a exercer nin unha soa vez”, está motivada polo feito de que “está a frear o mercado de compra-venda de terras”, xa que “complica a burocracia administrativa –debido a que en cada operación o Banco de Terras debe comunicar ao propietario a súa renuncia a ese ben– e xera un clima de inseguridade e incerteza entre os propietarios, posto que o interese público por unha parcela pode frustrar calquera acordo de compra-venda entre particulares”.

 Outro dos cambios sustanciais radica na ampliación do ámbito de actuación do Banco de Terras, que na Lei 7/2007 estaba limitado á superficie agraria útil dentro das Zonas de Especial Interese Agrario e que na nova lei pasará a comprender todos os predios con vocación agraria de todo o territorio galego. Samuel Juárez destaca que esta modificación “faculta ao Banco de Terras a actuar en superficies forestais e incluso en zonas cualificadas como urbanas, que na actualidade están a ser empregadas con uso agrario”.

 Aproveitamento de 320.000 fincas de propietarios descoñecidos

A diferenza coa Lei 7/2007, o anteproxecto da Lei de Mobilidade de Terras tamén prevé un novo marco relacional entre a Xunta de Galicia e o Goberno central para posibilitar a mobilización e o aproveitamento das 320.000 rústicas existentes en Galicia de propietarios descoñecidos, que suman unha superficie de 5.600 hectáreas.

 Neste eido, a Consellería do Medio Rural pretende que o Banco de Terras, sen pór en discusión a titularidade dos predios, poida xestionar toda esa superficie de propietarios descoñecidos para aproveitala dende un punto de vista produtivo, contribuíndo a mellorar as condicións de cultivo e a incrementar o seu valor.

 Novos estímulos para impulsar o Banco de Terras

Ao obxecto de ampliar as funcións do Banco de Terras e impulsar a incorporación dos bens por parte dos propietarios, a nova lei establece diversas medidas de estímulo, como garantirlle aos propietarios das terras a percepción dos prezos de referencia polo arrendamento dos seus bens –con independencia de que o importe acordado entre ambas partes ou ofertado polo potencial arrendatario sexa superior–.

 Con esta medida, o prezo pasará a ser un factor de concorrencia á hora de optar máis dun arrendatario ao mesmo predio, o que incrementará o atractivo do Banco de Terras para os propietarios que queiran incorporar as súas fincas, xa que poderán obter do arrendamento das mesmas un beneficio económico maior. 

 Por outra banda, a nova lei faculta ao Banco de Terras para ofrecer servizos de intermediación entre terceiros para o arrendo ou aluguer de instalacións vencelladas ás explotacións agrarias. Ademais, tamén dará soporte legal aos traballos de investigación e clarificación da propiedade das terras, que ata o de agora só podían facerse por parte da Comunidade Autónoma a través do Decreto de Concentración Parcelaria.

 Coa finalidade de fixar poboación e de xerar riqueza no territorio rural, o Banco de Terras tamén ampliará os destinos e usos das parcelas incorporadas e arrendadas máis aló do uso agrario xa recollido na Lei 7/2007. Así, o Banco de Terras poderá actuar sobre predios que teñan unha clara vocación de ser empregados para a conservación da natureza e do patrimonio histórico ou a ordenación de fincas forestais, entre outros moitos usos. 

Cesións e doazóns ás Administracións Locais

Durante a presentación, Samuel Juárez salientou que na actualidade o Banco de Terras ten rexistradas un total de 395 peticións formais de fincas formuladas por distintas Administracións Locais –380 promovidas directamente polos concellos e outras 15 canalizadas polos concellos a instancias doutros colectivos–. Ademais, indicou que as consultas recibidas nos últimos meses elevan ata preto de 1.000 o número de fincas susceptibles de ser solicitadas polos concellos para ser destinadas a diferentes usos sociais (deportivos, asistenciais ou lúdicos).

 Por tal motivo, a nova lei recolle a posibilidade de que o Banco de Terras poida facer unha adxudicación directa deses bens e dereitos, de xeito gratuíto e en forma de cesión ou doazón, tras a aprobación polo Consello da Xunta e sempre que a incorporación ao patrimonio dos concellos estea motivada pola conveniencia ambiental ou por outros motivos de interese social determinado.

 Finalmente, a Lei de Mobilidade de Terras tamén elimina as Zonas de Especial Interese Agrario (ZEIA), que tal e como figuraban na Lei 7/2007 estaban a provocar discriminacións entre comarcas en cuestións como a aplicación do dereito de tenteo e retracto. Pola contra, establece a posibilidade de decretar Zonas de Actuación Agraria Prioritaria coa finalidade de adoptar nesas áreas medidas dinamizadoras e de reactivación da economía rural baseándose nos especiais valores agrarios ou medioambientais das mesmas.  

 Estatísticas do Banco de Terras

A finais do pasado mes de outubro, o Banco de Terras de Galicia contaba cun total de 8.352 parcelas (7.337 de titularidade pública e 1.015 de particulares) incorporadas ao Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL), que sumaban unha superficie total de 3.645,49 hectáreas. Na mesa data, o número de parcelas arrendadas ascendía a 1.122, o que supón o 13,43% do total de parcelas incorporadas e suma unha superficie de 1.111,68 hectáreas. 

Un comentario sobre “La Xunta propone al Estado el aprovechamiento de 320.000 parcelas de propietarios desconocidos, gracias a la futura Ley de Movilidad de Tierras

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s