A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE HOSTELERÍA RECOÑECE AO CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA POLO SEU LABOR FORMATIVO DE DIRECTIVOS HOTELEIROS E XESTORES EN COCIÑA
La Federación Española de Hostelería otorga un reconocimiento al Centro Superior de Hostelería de Galicia por su labor formativa de directivos hosteleros y de gestores en cocina. La entrega de premios tendrá lugar el próximo 30 de noviembre en Valladolid y a ella asistirá la secretaria general para el turismo María Carmen Pardo López.
- Os galardóns están recoñecidos como os máis importantes do sector e premian os valores de máis alta cotización na valoración social das empresas.
- A entrega de premios terá lugar o próximo 30 de novembro en Valladolid, e a ela asistirá a secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López.
Santiago, 5 de novembro de 2010.- O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, vén de ser recoñecido polo seu labor formativo de directivos hoteleiros e xestores de cociña pola Federación Española de Hostelería (FEHR) na que é a IV Edición dos Premios Nacionais de Hostelería.
Os premios FEHR, anunciados na súa web www.hosteleriadigital.es, van dirixidos aos empresarios e empresas afiliadas ás asociacións que forman a federación e que son xa recoñecidos como os máis importantes do sector. A Federación está formada polas asociacións de hosteleiros de toda España, entre as que están nove entidades galegas. A entrega de premios terá lugar o próximo 30 de novembro no Teatro Calderón de Valladolid, acto no que estará presente a secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo, acompañada da directora da escola, Patricia Cuevas.
Os galardóns pretenden premiar os valores de máis alta cotización na valoración social das empresas: a traxectoria empresarial, o compromiso coa calidade, a innovación tecnolóxica, a seguridade alimentaria, o compromiso coa calidade, a innovación tecnolóxica, a seguridade alimentaria, a responsabilidade social e medioambiental e a promoción da cultura.
Este galardón súmase a outros recoñecementos de destacado valor, como o da cadea hoteleira Hyatt&Hotel Resorts, que elexiu ao Centro Superior de Hostelería de Galicia, adscrito á Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia S.A. (Turgalicia), por segundo ano consecutivo entre as 20 mellores escolas de Europa para competir no certame ‘Hyatt Studente Prize 2010’, que terá lugar o próximo 9 de decembro de 2010. Segundo a cadea, os motivos desta elección están «na sólida reputación internacional do CSHG, un plan de estudos de elite e a calidade dos seus alumnos”.
Cadeas tan prestixiosas como a Ritz-Carlton tamén pasaron polo CSHG a comezos deste ano, ás que se sumarán Barceló, NH, Sol Meliá, Fiesta, Marriot, Sheraton, Vincci, AC, Hesperia, Accor, Riu, Paradores, Iberostar, Hyatt ou Mandarín, entre outras.

[…] Actualizados : La Federación Española de hosteleros galardona al Centro Superior de Hostelería de Ga… Una investigación estudiará en Galicia los factores que determinan la elección de la […]
Me gustaMe gusta