El gobierno gallego propone una campaña para que 225.000 consumidores ahorren en la factura de electricidad

ECONOMÍA E INDUSTRIA PON EN MARCHA A CAMPAÑA PARA EVITAR SOBREPREZOS NA FACTURA ELÉCTRICA A 225.000 CONSUMIDORES

 La Xunta pone en marcha una campaña para evitar sobreprecios en la factura eléctrica a 225.000 consumidores. La desarrollará el Instituto Gallego de Consumo, ofreciendo una bonificación,  y está especialmente dirigida a clientes con potencia contratada inferior a 3 kilowatios, pensionistas con prestaciones mínimas, familias numerosas y hogares con todos sus miembros en paro. Se distribuirán más de 30.000 folletos informativos en oficinas de consumidores, además de informar por teléfono y por Internet.

  • A campaña que desenvolverá o Instituto Galego de Consumo está especialmente dirixida aos clientes con potencia contratada inferior a 3Kw, aos pensionistas con prestacións mínimas, ás familias numerosas e aos fogares con todos os seus membros en paro
  • A directora xeral de Comercio destaca que “o obxectivo desta campaña é evitar as recargas nas súa facturas eléctricas, tendo en conta que, en moitos casos,  os consumidores están a pagar un sobreprezo, que pode evitarse cunha tramitación moi sinxela”
  • Distribuiranse máis de 30.000 folletos informativos en 139 oficinas de atención e asesoramento aos consumidores, prestarase atención personalizada a través do telefono gratuíto de consumidor ( 900 23 11 23), e  informarase na páxina Web do IGC ( http://www.igc.xunta.es)

 

Santiago, 4 de novembro de 2010.- A directora xeral de Comercio e presidenta do Instituto Galego de Consumo da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, anunciou  a posta en marcha da campaña para informar aos consumidores domésticos de electricidade sobre a tarifa eléctrica mais barata, unha iniciativa orientada a “evitar que preto de 225.000 consumidores teñan que pagar un sobreprezo na factura eléctrica”.  

 A directora, acompañada pola xerente do IGC, María Jesús Muñoz Chesa, activou a campaña que “está especialmente dirixida aos clientes con potencia contratada inferior a 3Kw, aos pensionistas con prestacións mínimas, ás familias numerosas e aos fogares con todos os seus membros estean en paro”.

 Nava Castro explicou que a Consellería de Economía e Industria desenvolverá, a partir de hoxe, esta iniciativa a través do Instituto Galego de Consumo da Dirección Xeral de Comercio coa finalidade de favorecer aos colectivos máis vulnerables e con menos recursos, mediante: a edición e distribución de 30.000 folletos informativos nas 139 oficinas de atención e asesoramento de consumidores que conforman a rede NETCONSUMO en Galicia; a atención personalizada a través do telefono gratuíto de consumidor ( 900 23 11 23), e a información posta a disposición dos consumidores na páxina Web do IGC ( http://www.igc.xunta.es/).

 Segundo a responsable de Comercio, “o obxectivo desta campaña é evitar recargas nas facturas eléctricas, tendo en conta que, en moitos casos, os consumidores están a pagar un sobreprezo, que pode evitarse cunha tramitación moi sinxela”.  

 Esta tarifa é unha bonificación na factura eléctrica de consumidores domésticos consistente na conxelación da tarifa vixente até o ano 2012. No caso dos clientes con contratos de subministración cunha potencia contratada inferior a 3 KW a súa inclusión é automática, sen solicitalo. O resto de consumidores debe facer a súa petición á súa comercializadora de último recurso mediante correo ordinario, fax, correo electrónico ou acudindo ás oficinas da distribuidora.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s