Medio Ambiente ejecuta siete grandes mejoras hidráulicas en los ríos de A Coruña y Pontevedra

MEDIO AMBIENTE INVISTE 5,6 MILLÓNS DE EUROS NA EXECUCIÓN DE 7 OBRAS HIDRÁULICAS NAS PROVINCIAS DA CORUÑA E PONTEVEDRA

Medio Ambiente invierte 5,6 millones de euros en la ejecución de 7 obras hidráulicas en las provincias de A Coruña y Pontevedra. Estos proyectos contemplan las mejoras de entornos en los ríos, obras de saneamiento y abastecimiento, instalación de colectores y automatización de presas. Se llevarán a cabo en las localidades de Pobra de Caramiñal, Coirós, Culleredo, Curtis, Villagarcía de Arosa, Barro y Boiro.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

  • Os proxectos contemplan melloras de contornos de ríos, obras de saneamento e abastecemento, instalación de colectores ou automatización de presas
  • As obras, que se iniciarán en novembro, levaranse a cabo nas localidades da Pobra de Caramiñal, Coirós, Culleredo, Curtis, Vilagarcía de Arousa, Barro e Boiro

 

Santiago, 31 de outubro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar definitivamente 7 obras hidráulicas, 5 na provincia da Coruña e 2 na de Pontevedra por un importe total de 5,6 millóns de euros.

 Os proxectos contemplan melloras de contornos de ríos, obras de saneamento, ampliación de abastecementos, instalación de colectores ou automatización de presas. As presentes actuacións, que se iniciarán no mes de novembro, levaranse a cabo nas localidades da Pobra de Caramiñal, Coirós, Culleredo, Curtis, Vilagarcía de Arousa, Barro e Boiro.

 O departamento que dirixe Agustín Hernández, mediante a colaboración técnica e financeira nestas obras, pretende resolver problemas nas infraestruturas hidráulicas dos concellos galegos, proporcionando así mellores condicións de vida aos seus habitantes.

 Colectores na Pobra do Caramiñal

Augas de Galicia iniciará a mediados do vindeiro mes de novembro as obras da segunda fase de saneamento na Ribeiriña, achegando un importe de 594.450 euros. O presente proxecto prevé obras centradas na recollida de augas residuais dos núcleos de Ribeiriña e O Conchido que serán transportadas mediante colectores e impulsadas ata o colector executado na primeira fase.

 No que se refire ás augas fecais, instalaranse 2.109 metros de lonxitude paralelos á estrada que une Padrón e Ribeira (AC-305) así como 807 metros destinados a augas pluviais. Tamén se executará un pozo de bombeo en formigón armado de 2,4 x 5 metros en planta e profundidade de 3,25 metros. O prazo establecido para a execución dos citados traballos de saneamento é de seis meses aproximadamente.

 Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia tamén financiou a primeira fase da obra de saneamento na Ribeiriña cun un importe de 588.885 euros. Esta primeira etapa, xa rematada, consistiu na execución de dous pozos de bombeo para recollida de augas residuais e a súa incorporación á rede existente da Pobra. Como a infraestrutura de saneamento á que se incorporaban as augas non era suficiente, na mesma obra aumentouse de capacidade un bombeo existente e o colector de chegada á Pobra, pasando de ter un diámetro de 400 mm a un diámetro de 630 mm.

 Saneamento en Coirós

A Xunta de Galicia vén de adxudicar traballos de saneamento na parroquia de Santa María de Ois, en Coirós, por un valor de 954.180 euros. Esta actuación ten por obxectivo dotar a zona de novos colectores, anteriormente inexistentes, que conecten coa EDAR da Espenuca, tamén pertencente ao Concello de Coirós.

 A nova rede de colectores terá unha lonxitude de case cinco quilómetros cun diámetro de entre 250 e 315 milímetros. Esta nova rede recollerá as augas fecais dos lugares de Anta, Berbecha, Castrillón, A Costa, O Fontela, Loureiros, Parada, As Penas, Recebés e Xora. Por outra banda, os novos pozos de bombeo e impulsión terán capacidade para tratar entre 1,9 e 4,2 litros por segundo e contarán con dúas bombas cada un de entre 2,2 kw e 7,4 kw de potencia. O proxecto terá un prazo de execución de 10 meses.

 Saneamento na Ría do Burgo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará os traballos de saneamento integral da Ría do Burgo. Esta actuación, cuxo importe ascende a 769.918 euros, servirá para dotar de rede de saneamento os núcleos de Barrio-Vilar, Celas e Cabanas-Lamelas, xa que na actualidade carecen del. As obras forman parte das accións recollidas dentro do Plan específico de infraestruturas para mellora da calidade das augas das rías galegas.

 O proxecto consistirá na execución de seis redes novas de saneamento conectadas á rede municipal existente e afecta a case 1.000 veciños deste concello, pozos de rexistro, reposición de pavimentos e restitución de accesos e servizos afectados. Concretamente das zonas do núcleo de Lamela, parroquia da Veiga; zona da estrada DP-3102, incluíndo o saneamento de Rumbo; lugar de Ledoño; parroquia de Ceñas; lugar de Barrio, na parroquia de Sueiro; e lugar de Celas.

 Abastecemento en Curtis

O proxecto será executado polo organismo autónomo Augas de Galicia a través da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) e fará posible a posta a punto dunha nova rede de saneamento nos núcleos do Outeiro, A Raia, Pedrouzo e A Restreba; mentres que as obras de abastecemento acometeranse no núcleo do Outeiro. O investimento por parte do Goberno galego é de 357.000 euros.

 O abastecemento no núcleo do Outeiro é necesario xa que os cortes  na subministración de auga potable son frecuentes pola deficiente presión da rede. Así pois, proxéctase acondicionar o actual depósito, que ten capacidade para albergar ata 400 metros cúbicos de auga, con dúas bombas de presión de 2,2 kw de potencia. Este acondicionamento permitirá bombear ata 2 litros de auga por segundo. Por outro lado, manterase impulsión instalada entre a captación do río Mandeo e o depósito.

 O resto das obras serán en pequenos núcleos adxacentes que ata o de agora se abastecían de pozos particulares. Instalaranse tubaxes de PVC que se conectarán ás redes existentes; en Morangueiros as tubaxes serán 306,5 metros de lonxitude e 90 mm de diámetro, nas Marelas terán 1.090 m de lonxitude e 75 mm de diámetro; no Esmorique instalaranse 164 metros de tubaxe de 75 mm de diámetro; no Abelar serán 810 m de lonxitude de 75 mm de diámetro e, finalmente, no núcleo de Carroipaz instalaranse 1.261 metros de tubaxe de 75 mm de diámetro.

 Os plans en materia de saneamento solucionarán as deficiencias de varios núcleos en relación coa depuración das augas residuais, que ata o de agora só era posible evacualas en fosas sépticas. O proxecto abarcará os núcleos de Pedrouzo, onde se instalarán 469 metros de tubaxe, na Restreba serán 254,5 metros, e 501 metros de tubaxe no Outeiro. O prazo de execución das obras será de 12 meses, e beneficiará os case 4.400 veciños do concello coruñés de Curtis.

 Colectores no río Coroño

A Xunta de Galicia, a través do organismo Augas de Galicia, vén de adxudicar as obras da segunda fase de saneamento no río Coroño, no municipio coruñés de Boiro. A empresa adxudicataria foi a UTE Empresas Viviendas y Obras Civiles-Lancer, Proyectos y Obras que executará o proxecto por un importe de 730.500 euros.

 O obxectivo primordial das obras é instalar unha rede de colectores de augas residuais nos núcleos de Mieites, Comoxo e A Cuncheira, que actualmente carecen dela, e a súa incorporación no núcleo de Pazos á rede de residuais. Non se contempla a construción da rede de colectores nos restantes núcleos da conca do río Coroño, como Enseño, Pomar do Río, Loxo de Arriba e Loxo de Abaixo, pero teranse en conta á hora do dimensionamento hidráulico dalgúns colectores xerais, así como nun dos bombeos. Ditos núcleos incorporaranse á rede en posteriores fases de construción.

 As obras consisten en recoller as augas residuais dos núcleos anteriormente mencionados e transportalas mediante colectores por gravidade e impulsións ao depósito de Coroño, situado na localidade de Pazos.

 Para levar a cabo os traballos, executaranse 5.592 metros de colectores de residuais por gravidade en tubaxe de PVC, cun diámetro de 315 milímetros. Ademais, instalaranse dúas estacións de bombeo, que realizarán impulsións de 559 mililitros, e executarase un pozo de aneis prefabricados con cámara de chaves in situ, e outro pozo rectangular in situ de formigón. O prazo de execución das obras será de 6 meses e beneficiarán aos máis de 18.700 habitantes do Concello de Boiro.

 Automatización da presa do Con

A Xunta de Galicia, a través do organismo autonómico Augas de Galicia, realiza unha achega económica de preto de 1,5 millóns de euros para levar a cabo a mellora e automatización da presa do Con, en Vilagarcía de Arousa.

 A execución destas actuacións hidráulicas, cuxo prazo de execución é de 8 meses, pretende solucionar as deficiencias producidas en Vilagarcía tras as riadas acontecidas no ano 2006 que ocasionaron unha vertedura por coroación na presa. Deste xeito, os arranxos que se van efectuar garantirán a seguridade e o correcto funcionamento desta infraestrutura, proporcionando unha explotación adecuada do encoro.

 Os traballos centraranse na construción dunha nova caseta de control na marxe esquerda da presa e demolición da existente. O edificio de control servirá para realizar todas as funcións de control e xestión da presa e do encoro. Nela instalaranse os cadros eléctricos de control de todos os elementos automáticos da presa, así como o grupo electróxeno de emerxencia. Tamén se proxecta un cerramento e a urbanización do contorno.

 O proxecto prevé a instalación de cinco comportas automáticas de aceiro no aliviadoiro, para conseguir incrementar a capacidade do encoro sen poñer en risco a xestión eficiente da presa. A Xunta de Galicia establece melloras na auscultación, automatización e telecontrol da presa. Así, instalaranse unha estación meteorolóxica, equipamento para o control sísmico ou un circuíto cerrado de vixilancia. Os parámetros automatizados enviaranse á estación central onde Augas de Galicia terá centralizada toda a información sobre as presas que xestiona.

 Contorno do río Barosa

As obras de mellora do contorno do río Barosa, no concello pontevedrés de Barro, comezarán nesta primeira quincena de novembro e contarán cun investimento de 697.137 euros por parte de Medio Ambiente.

 O obxectivo desta actuación será recuperar as marxes e o contorno do río para o seu uso recreativo e educativo, non só para os máis de 3.500 habitantes de Barro, senón tamén para os visitantes que se acheguen ao contorno fluvial. Ademais, conseguirase unha mellora ambiental polo acondicionamento do contorno, que permitirá prever posibles inundacións.

 As obras consistirán na posta a punto e o acondicionamento da zona dotándoa de tres novos espazos; como son a zona axardinada, área de aparcadoiro e zona de servizos municipais.

 A primeira fase da actuación terá lugar nas marxes e na fervenza do río Barosa. Ademais realizarase unha mellora no camiño agrícola existente. Así mesmo, instalarase unha nova ponte de 32,8 metros de lonxitude, que constará de dous carrís de 2,5 metros de largo cada un, con beirarrúas de 1,8 metros. Rematarase a plataforma, cunha capa de rodadura. Esta ponte funcionará como paso do río e estará conectada co muíño.

 Ademais, farase outro paso de madeira enriba da fervenza do río, facendo posible que os dous itinerarios polos que poden camiñar os visitantes estean conectados entre si, xa que agora a pasarela está obsoleta.

 Nunha segunda fase, dotarase a zona dun espazo axardinado, outro de aparcamento e outro destinado aos servizos municipais. A zona axardinada será a área recreativa e de lecer, na que se instalarán dous miradoiros e se dotará duns 3.000 metros cadrados de sendas naturais.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s