La Xunta prevé mil nuevas plazas en escuelas infantiles para el próximo curso

MATO DESTACA QUE A XUNTA PUXO EN MARCHA PRETO DE 1.500 PRAZAS PÚBLICAS EN ESCOLAS INFANTÍS EN MENOS DE ANO E MEDIO, O QUE SUPÓN UN INCREMENTO DO 10%

La Xunta puso en marcha cerca de 1.500 plazas públicas en escuelas infantiles en menos de año y medio, lo que supone un incremento del 10%.  El departamento autonómico pone en marcha mil nuevas plazas en el próximo curso.

Por otro lado, se está atendiendo a más de 37.000 personas dependientes, un 164% más de las que había en abril de 2009.

  • A conselleira de Traballo e Benestar explicou no Parlamento o labor que está a facer o Goberno galego para planificar e incrementar a rede de escolas infantís sostidas con fondos públicos
  • A titular da área da Xunta indicou que as cifras avalan o traballo que está a desempeñar o Goberno galego para acadar o seu compromiso de poñer en funcionamento 4.500 prazas ao final de 2013
  • O departamento autonómico porá en marcha 1.000 novas prazas no próximo curso
  • Por outra banda, a conselleira expuxo no Parlamento que na actualidade se ten atendidos a máis de 37.000 persoas dependentes, un 164% máis das que había en abril de 2009

 

Santiago, 27 de outubro de 2010.- A Xunta leva postas en marcha un total de 1.496 novas prazas públicas de escolas infantís nos últimos 16 meses, o que supón un incremento do 10 por cento deste recurso en menos de ano e medio. Así o explicou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no Parlamento, onde expuxo o labor que está a facer o Goberno galego para planificar e incrementar a rede de escolas infantís ‘Galiña Azul’.

Sinalou, así, que as cifras avalan o labor que está a facer a Administración autonómica para acadar a finais do 2013 o compromiso do Goberno galego plasmado no Plan de Actuación Social: a posta en funcionamento de 4.500 prazas públicas co obxectivo principal de que “os pais e nais galegos podan conciliar a súa vida laboral e familiar, un dos nosos retos desde a chegada ao Goberno”, resaltou.

Por iso, Mato indicou que “pese aos recortes do Goberno central, a Xunta segue a atender as necesidades básicas dos cidadáns” e, desta forma, lembrou que para elo o departamento autonómico investiu xa 11 millóns de euros para construír e manter as escolas. 

“Desde o Goberno planificamos xunto cos concellos as prioridades reais das localidades, planificando no contido, no tempo e, o máis importante, nos cartos”, recalcou Mato.

Por último, Mato incidiu nas previsións da Xunta nos próximos anos na creación de escolas infantís e concluíu asegurando que “en 2011 non pararemos, xa que temos previsto incorporar outras 1.000 prazas máis porque, en definitiva, cremos que para a conciliación da vida familiar e persoal a rede de escolas infantís xoga un papel determinante porque son, ademais, a porta dos máis pequenos ao mundo educativo, os primeiros pasos na súa socialización”.

Atención á dependencia

Foto: demedicina.com

Por outra banda, Mato informou no Parlamento nos pasos e avances que a Xunta de Galicia está a dar na atención ás persoas dependentes e na tramitación da Lei. Ao respecto, a conselleira de Traballo e Benestar destacou que se ten atendidos 37.097 persoas dependentes, un 164% máis de persoas atendidas con respecto ás que había en abril de 2009.

Na actualidade, das 100.000 solicitudes que constan no rexistro histórico da tramitación da lei de dependencia, un total de máis de 46.000 teñen recoñecido o dereito á prestación, dos que se ten atendidos 37.097. O resto da cifra ata chegar aos 100.000 corresponden a persoas que non teñen dereito á prestación, están en proceso de valoración, non presentaron correctamente a documentación requirida, non cumpren cos requisitos da lei para ser valorados como dependentes, duplicaron a solicitude do seu expediente ou ben faleceron.

“Isto quere dicir que este Goberno conseguiu con menos recursos facer en 19 meses o 164 por cento máis que en toda a lexislatura anterior”, indicou.

Sobre a redución dos recursos por parte do Goberno central, a titular de Benestar lembrou que “a realidade é que a Xunta e o usuario pagan xuntos máis do 80 por cento das prestacións da Lei da dependencia, cando lles correspondería pagar só a metade”.

Así, afirmou que a Xunta puxo en marcha diversas medidas para axilizar a tramitación da lei (aprobación do decreto, a posta en marcha dunha ferramenta informática de xestión, a implementación da extranet e o desenvolvemento do catálogo de servizos, entre outras actuacións), ademais de inxectar máis de 100 millóns de euros e atender aos dependentes que levaban esperando desde o 2007.

Por iso, Mato afirmou por último que con estas xestións Galicia pasou de ser “o último da fila na atención a estar na media nacional e atender a dous de cada tres dependentes con dereito, segundo o establece o calendario.

Anuncios

2 comentarios sobre “La Xunta prevé mil nuevas plazas en escuelas infantiles para el próximo curso

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s