Los prestigiosos hoteles Hyatt eligen a una alumna del Centro Superior de Hostelería de Galicia para que compita en el certamen al mejor estudiante de la industria

HYATT&HOTEL RESORTS ELIXE AO CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA ENTRE VINTE ESCOLAS EUROPEAS PARA PARTICIPAR NUN CERTAME NO QUE SE ELIXIRÁ AO MELLOR ESTUDANTE DA INDUSTRIA

Hyatt&Hotel Resorts elige por segundo año consecutivo al Centro Superior de Hostelería de Galicia entre veinte escuelas europeas para participar en un certamen en el que se elegirá al mejor estudiante de la industria. La alumna gallega Carla Acebo fue la candidata escogida, y podrá optar al premio consistente en la realización de prácticas en la central de la prestigiosa cadena en Chicago. La final se celebrará el próximo 9 de diciembre en París

  • Trátase do segundo ano consecutivo no que a cadea hoteleira considera ao CSHG, dependente da Consellería de Cultura e Turismo e integrado en Turgalicia, para fomar parte deste concurso.
  • A alumna Carla Acebo, do último ano de Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras, foi a candidata elixida, que poderá optar ao premio final: a realización de prácticas na central da prestixiosa cadea, en Chicago. A final terá lugar o próximo 9 de decembro en París.

 Santiago, 26 de outubro de 2010.- O Centro Superior de Hostelería de Galicia, dependente da Consellería de Cultura e Turismo e integrado na Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia Turgalicia S.A. da Secretaría Xeral para o Turismo, foi seleccionado por segundo ano consecutivo entre as 20 mellores escolas de Europa para competir no certame ‘Hyatt Studente Prize 2010’, que terá lugar o próximo 9 de decembro de 2010. Segundo a cadea, os motivos desta elección están «na sólida reputación internacional do CSHG, un plan de estudos de elite e a calidade dos seus alumnos”.

Despois dunha fase previa, cuxo resultado se coñecerá o próximo 9 de novembro, Hyatt Hotels & Resorts elexirá a oito finalistas que loitarán por ser o mellor nun concurso que se celebrará no Hotel Park Hyatt París Vendôme. O xurado estará encabezado por David Picouly, escritor e presentador televisivo francés, e por outros nove profesionais de diferentes sectores que avaliarán a capacidade, as habilidades, a experiencia e a personalidade dos concursantes.

O CSHG elexiu a Carla Acebo, unha alumna de último ano de Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras. Para participar, a alumna tivo que cubrir una solicitude de inscrición, axuntar o seu currículo e contestar a tres preguntas concretas: que a motivou a participar?, por que elexiu a hostelería como a súa profesión? e, finalmente, onde se ve traballando en cinco anos?. «A verdade que é fabuloso ser elexido por Hyatt para participar por segundo ano consecutivo nun evento no que se premia aso mellores profesionais mozos. Estamos orgullosos e agradecidos. Participar xa é todo un éxito para o Centro», comenta a directora do CSHG, Patricia Cuevas Sarria.

O vencedor permanecerá unha semana de prácticas na central da cadea en Chicago, o segundo una semana nao base de operación regional en Zurich e o terceiro unha semana nos hoteis da cadea en París (Park Hyatt París Vendôme, o Hyatt Regency París Madeleine e o Hyatt Regency París-Charles de Gaulle). Cada un dos tres primeiros, recibirá tamen un premio en metálico de 1.000 €.

Hyatt Hotels Corporation, con sede en Chicago, é una compañía con presencia en 45 países con 380 hoteis e resorts.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s