Las actuaciones de inspección tributaria de la Xunta permitirán que afloren este año 25 millones de euros

As melloras de xestión e eficiencia no sistema tributario permitirán aflorar este ano 25 millóns de euros

Las mejoras de gestión y eficiencia en el sistema tributario gallego permitirán hacer aflorar este año 25 millones de euros, dice la Xunta.

 

  • A Axencia Tributaria Galega permitirá mellorar a xestión e gañar axilidade e eficiencia
  • A conselleira de Facenda entregou ao Parlamento uns orzamentos sociais, fiables e en estabilidade orzamentaria
  • As tres consellerías sociais gañan catro puntos para blindar a prestación dos servizos públicos grazas a que o resto de departamentos caen unha media do 25%
  • O PIB galego crecerá un 1% o próximo ano e seguirá mantendo un diferencial positivo co español de tres décimas
  • O Plan Estratéxico prioriza a Economía do Coñecemento, que crece un 3,8%, e destina o 70% dos recursos a garantir o Estado do Benestar
  • Galicia converxerá a final de ano en ratio débeda-PIB e mellora o diferencial en débeda por habitante

Santiago, 21 de outubro de 2010.- As actuacións de inspección tributaria da Xunta de Galicia permitirán que afloren este ano 25 millóns de euros, seis máis que en 2009 e 15 máis que en 2008, segundo as estimacións da Consellería de Facenda.

A titular deste departamento autonómico, Marta Fernández Currás, entregou hoxe no Parlamento o proxecto de Lei de Orzamentos para 2011, por primeira vez en formato de libro electrónico para contribuír a eliminar o papel neste procedemento.

O texto leva unha norma de acompañamento pola que se crea a Axencia Tributaria Galega, que permitirá mellorar esta xestión e gañar axilidade e eficiencia. Fernández Currás subliñou que a estratexia do Goberno galego é conseguir mellorar o sistema fiscal sen ter que aumentar impostos para ter maior recadación.

Esta Axencia tamén simplificará a actual estrutura, composta pola Dirección Xeral de Tributos, cinco departamentos territoriais, cinco zonas de recadación e 42 oficinas liquidadoras. Este novo deseño contribuirá a incrementar a capacidade de xestión e á especialización, contando cun réxime xurídico propio e de flexibilidade para o exercicio das súas funcións. A Axencia encargarase da recadación dos tributos propios e, por delegación do Estado, dos cedidos.

Os orzamentos autonómicos para o vindeiro exercicio (excluída a participación das entidades locais nos tributos do Estado) sumarán 9.708 millóns de euros, un 10,8% menos que este ano, unhas contas que a conselleira definiu como sociais e que seguirán cumprindo a estabilidade orzamentaria para manter a Galicia como unha das comunidades máis solventes e que mellor pagan aos seus provedores.

O texto prevé un crecemento do PIB galego para 2011 do 1%, tres décimas máis do que os organismos internacionais e privados prevén para España, co que a comunidade autónoma seguirá mantendo o diferencial con España, xa que este ano a estimación de Galicia é rematar en estabilidade e o Estado en -0,3%. As contas autonómicas cumprirán un ano máis a estabilidade orzamentaria e destinarán tres de cada catro euros a gasto social, polo que o seu peso gañará sete puntos.

Blindaxe dos servizos públicos fundamentais
Isto será posible porque as consellerías de Sanidade, Educación e Ordenación Universitaria e Traballo e Benestar incrementan un 4% o seu peso para blindar a prestación dos servizos públicos fundamentais, grazas a un gran axuste do resto de departamentos autonómicos, que sufrirán unha caída media de practicamente un 25%.

As prioridades dos orzamentos para o vindeiro ano serán a recuperación económica, a solvencia da Facenda autonómica e o mantemento das políticas do Estado de Benestar. Por primeira vez as contas públicas conta cun instrumento serio de planificación, que permitirá orzamentar en base a resultados e sentar as bases para un novo modelo económico de crecemento que incremente a competitividade da comunidade.

Este Plan Estratéxico céntrase en cinco eixes de actuación: a Cohesión Social, Benestar e Calidade de Vida, que terá 6.673 millóns de euros e suporá o 70% do total; a Dinamización Económica, Crecemento e Emprego, con 1.624 millóns de euros; a Economía do Coñecemento, único que ten un crecemento en relación a este ano (do 3,8%) e que terá unha dotación de 357 millóns de euros; a Sostibilidade Medioambiental e Equilibrio Territorial, con 543 millóns de euros; e a Administración Austera, Eficiente e Cercana ao Cidadán, que contará con 353 millóns de euros.

As fórmulas de financiamento específico permitirá limitar a caída de investimentos o ano que ven ao 14%, cunha priorización daqueles que poidan ter unha rendibilidade social e económica maior no momento de maior restricións orzamentarias para a Administración autonómica.

As contas autonómicas reflicten un ano máis o seu compromiso coa dependencia, xa que os recursos que se destinarán a este ámbito social subirán un 3%. Este esforzo faise extensible ás universidade e aos concellos. Así, as universidades galegas recibirán en 2011 un total de 391 millóns de euros, segundo a proposta do novo modelo na mesa de negociación, un 10,8% máis que o que lle correspondería co actual sistema de financiamento.

En canto aos concellos, a Xunta garántelles 113 millóns de euros para que non lles baixen as entregas a conta respecto a este exercicio. Desta maneira, as universidades levarán recibidos 66 millóns de euros máis de financiamento no que vai de lexislatura e as corporacións locais 30 millóns de euros máis.

Mellora de posición no endebedamento
A conselleira de Facenda insistiu no compromiso da comunidade autónoma coa estabilidade orzamentaria e resaltou que Galicia está a converxer en ratio débeda/PIB, polo que a finais do presente ano se situará na media española, ademais de estar mellorando o diferencial positivo de débeda por habitante.

Por outra banda, a lei de acompañamento recolle varias rebaixas selectivas de impostos, como unha baixada do IRPF de 300 euros por cada menor en réxime de acollemento familiar, outra de idéntica contía para incentivar o autoemprego e o imposto cero para todos aqueles que queiran manter as súas propiedades e buscar un agrupamento voluntario das súas propiedades na explotación forestal.

Ademais, establece unha rebaixa da dedución da cota íntegra do IRPF autonómico que poderá chegar ata o 20% das cantidades investidas para a capitalización de empresas cun límite de 4.000 euros, así como unha dedución co mesmo límite para as cantidades investidas para as empresas en expansión do mercado alternativo bursátil.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s