El gobierno gallego aprobará antes de fin de año la delimitación del trazado del Camino Francés y sus ámbitos de protección

 

ROBERTO VARELA SINALA QUE A DELIMITACIÓN DO CAMIÑO FRANCÉS “SERÁ PRESENTADA NO CONSELLO DA XUNTA ANTES DA FIN DO 2010”

 El gobierno gallego aprobará antes de fin de año la delimitación del trazado del Camino Francés y sus ámbitos de protección. La Xunta creará además una guía de buenas prácticas destinadas a las obras que ejecuten particulares en las inmediaciones de esta ruta jacobea.

  • O conselleiro de Cultura e Turismo reuniuse esta mañá co director xeral do Patrimonio Cultural, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e os representantes municipais da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés para avanzar nos temas máis importantes que atinxen a ruta xacobea principal.
  • Roberto Varela anunciou que se creará “unha guía de boas prácticas destinada ás obras nas inmediacións do Camiño por parte de particulares” con carácter transitorio, previa á redacción do Plan Especial de Protección dos Camiños. 

 

Santiago, 16 de outubro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela,  reuniuse esta mañá cos representantes municipais da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés para avanzar nos temas de maior transcendencia que atinxen a ruta principal do Camiño de Santiago.

Respecto ao informe-proposta da delimitación do trazado do Camiño Francés e dos seus ámbitos de protección redactado pola Xunta de Galicia, Roberto Varela sinalou que “será presentado no Consello da Xunta antes da fin do 2010” unha vez sexa superado “o prazo de alegacións que rematará o 31 de outubro”. O conselleiro valorou a importancia dun feito “que sucede por primeira vez na historia”.

 Segundo o conselleiro, a xuntanza que contou coa participación do director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel e o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, “resultou de importancia xa que se trataron varios temas pensando no futuro”. Roberto Varela resumiu os temas principias tratados esta mañá en tres epígrafes que enumerou como “reparacións puntuais dos Camiños, sinatura dos convenios de limpeza e a incoación do expediente de delimitación dos Camiños”.

 Normas

O conselleiro de Cultura e Turismo referiuse á delimitación dos Camiños de Santiago como unha das prioridades da Consellería e asegurou que “o expediente de delimitación do Camiño Francés está moi avanzado”. O titular de Cultura  anunciou que “con anterioridade á redacción do Plan Especial de Protección dos Camiños crearase unha guía de boas prácticas para á realización de obras nas inmediacións do Camiño por parte de particulares”. Esta pauta terá carácter provisional “ata que entre o funcionamento o Plan Especial”, que se desenvolverá ao longo de 2011.

 Roberto Varela apuntou que “as normas transitorias indicarán a xente qué obras poden facer ou qué materiais poden utilizar no entorno do Camiño”. “Finalmente poñeremos en funcionamento o Plan Espacial dos Camiños que é a meta a que queremos chegar para constituír un único criterio”, engadiu.

 Deste xeito a Consellería de Cultura e Turismo dá resposta á obriga establecida por lei no ano 1996 de delimitar oficialmente a ruta principal do Camiño de Santiago. A proposta formulada pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural é resultado do traballo en colaboración cos concellos implicados, o ICOMOS e as asociacións vinculadas ao Camiño e conta co pronunciamento favorable do Comité Asesor do Camiño de Santiago.

 Reparacións puntuais

Tocante aos labores de acondicionamento, mellora e reparación do trazado do Camiño Francés nos tramos onde a intervención é prioritaria, o conselleiro avogou por “seguir traballando como ata o de agora” e comunicou que os alcaldes alertaron “dalgúns danos froito do uso dos camiñantes ou das condicións climatolóxicas”. Roberto Varela manifestou o compromiso da Xunta de Galicia “na reparación puntual dalgúns teramos do camiño que necesiten unha reparación urxente, unha vez sexan recibidos os informes dos Concellos”.

 É necesario lembrar que a Consellería de Cultura e Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, investiu nestas actuacións un total de 2,3 millóns de euros para executar obras de acondicionamento e mellora en 50 tramos prioritarios de 30 Concellos dos Camiños de Santiago. Estas accións como o Plan de Restauración e Posta en Valor dos Camiños de Santiago, posto en marcha cun orzamento de 2,7 millóns de euros para o Camiño Francés, representan iniciativas con carácter estratéxico para a Consellería de Cultura e Turismo, xa que están destinadas a acadar unha mellora continua e perdurable no tempo dos Camiños de Santiago e os seus espazos adxacentes. 

Limpeza do Camiño

O conselleiro de Cultura e Turismo informou asemade sobre a “sinatura de convenios de limpeza do Camiño” como “outro punto importante avaliado na xuntanza”. Roberto Varela recordou que “eses convenios formalizáronse o ano pasado e agora vanse a renovar de modo que cada Concello poida continuar, a través da axuda da S.A. Xacobeo, coa limpeza dos camiños”.

 

En palabras do conselleiro “esta é a mellor maneira para axeitar os camiños xa que a pesar do remate do Ano Santo, continuarán os seus efectos positivos e a afluencia masiva de visitantes e peregrinos”. Roberto Varela situou o papel da Xunta de Galicia en  “seguir traballando como ata o de agora con moita intensidade nos Camiños, xa que é un elemento importantísimo en toda Galicia, polo seu compoñente espiritual e como elemento dinamizador da nosa economía a través do turismo”.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s