La Xunta somete a consulta el plan de mejoras de las redes de saneamiento, agua y carreteras de Barreiros

A XUNTA SOMETE A CONSULTAS O DOCUMENTO DE INICIO DO PLAN SECTORIAL PARA MELLORAR AS INFRAESTRUTURAS DE SANEAMENTO NO CONCELLO DE BARREIROS

La Xunta somete a consultas el plan sectorial para mejorar las infraestructuras de saneamiento  en el concejo de Barreiros (Lugo)

 

  • Este plan suporá a mellora e ampliación de servizos básicos aos núcleos urbanos de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante 
  • O convenio de colaboración entre o Goberno galego, Deputación de Lugo e Concello de Barreiros estipula como inicio da súa folla de ruta a presentación dun plan sectorial como instrumento de planificación territorial, vinculado aos proxectos sectoriais, previo á execución das obras 
  • A Xunta da cumprimento ao seu compromiso de axilizar ao máximo os trámites para o investimento de máis de 14 M : 5,6 achegados pola Xunta; 1,2 pola Deputación Provincial e 7,2 polo Concello de Barreiros 

 

Santiago, 13 de outubro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas somete a consultas o documento de inicio do plan sectorial para mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento, abastecemento e rede viaria no Concello de Barreiros, promovido pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Unha vez superado este trámite elaborarase o documento de referencia ambiental. Na páxina http://aae.medioambiente.xunta.es/ pódese consultar o documento de inicio deste plan para o Concello de Barreiros. O prazo de consultas estará aberto ata o día 23 de outubro.

 Cómpre lembrar que a finais de setembro o Consello da Xunta declarou a incidencia supramunicipal do plan sectorial presentado polo Concello de Barreiros o 20 de setembro, que habilitará a execución das obras de abastecemento, saneamento e mellora da rede viaria que proporcionen aos veciños de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante, os servizos básicos necesarios para o desenvolvemento da súa vida diaria.

 A execución destas obras enmárcase no convenio de colaboración asinado o 20 de abril do 2010, entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Barreiros, cun investimento de máis de 14 M€, dos cales: 5,6 M€ son achegados pola Xunta; 1,2 M€ pola Deputación Provincial e 7,2 M€ polo Concello de Barreiros. A achega do Goberno Galego inscríbese nas actuacións de dotación de equipamentos que a Xunta está a realizar nos concellos de Galicia.

 Folla de ruta

O convenio recolle a vontade das administracións de acollerse aos instrumentos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, propoñendo a instrumentación dun plan sectorial de incidencia supramunicipal, ao consideralo como a vía de planificación territorial máis axeitada para materializar o convenio. Sobre todo tendo conta, que ata o 25 de febreiro, o Concello de Barreiros non asinou o contrato de redacción do PXOM coa empresa adxudicataria; polo que dificilmente podería acudirse a el para atopar solucións -a curto ou medio prazo- para a complexa situación acaída.

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e en concreto a Administración hidráulica de Galicia, consciente desas necesidades e coa finalidade de palialas, colabora activamente para a consecución de fins de interese común. Tendo en conta a colaboración que inspiran as relacións das administracións públicas en consideración a razóns de interese xeral, e dadas as circunstancias concorrentes, xustifícase a necesidade de tramitación do presente plan sectorial de incidencia supramunicipal.

 A Lei 10/1995, de 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, recolle no seu artigo 22.1 do capítulo V, que a finalidade dos plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal é regular a implantación territorial de infraestruturas, dotacións e instalacións de interese público ou utilidade social cando a súa incidencia e repercusión transcenda do termo municipal no que se localicen, pola súa magnitude, importancia ou especiais características. De acordo co punto 2 do citado artigo, consideraranse infraestruturas as construcións e conducións destinadas ás comunicacións, á execución da política hidráulica, á loita contra a contaminación e protección da natureza e á execución da política enerxética.

 Melloras

Con este convenio procederase á urbanización, abastecemento e saneamento dos núcleos urbanos de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante.

 

  

San Cosme

 

  • 1.675 ml de rede de saneamento
    • Ampliación da depuradora de San Cosme en 2000 h-e.
    • 5.286 ml de rede de abastecemento
    • Urbanización (calzada e beirarrúas)
 San Pedro
  • 526 ml de rede de saneamento
  • 2.388 ml de rede de abastecemento
  • Urbanización (calzada e beirarrúas)
  

San Miguel

  • 3.379 ml de rede de saneamento
  • Nova depuradora de 6.000 h-e
  • 3.090 ml de rede de abastecemento
  • Urbanización (calzada e beirarrúas)

 

 Reinante
  • 163 ml de rede de saneamento
  • 2.122 ml de rede de abastecemento
  • Urbanización (calzada e beirarrúas)

 

Situación urbanística de Barreiros

Barreiros contaba cunhas normas subsidiarias de Barreiros aprobadas en outubro de 1994, polo que non están adaptadas á lexislación urbanística vixente e non establecen distinción entre as categorías do solo urbano consolidado e non consolidado.

 A grande actividade edificatoria dos últimos anos e a insuficiencia de servizos nos núcleos urbanos (redes de saneamento e depuración de augas residuais, abastecemento de auga, potencia na subministración de enerxía eléctrica) determinaron que o Consello da Xunta de Galicia -por Decreto 15/2007, do 1 de febreiro-, suspendese a vixencia desas normas subsidiarias e aprobase unha ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor dun PXOM acorde coa lexislación vixente.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s