Portos de Galicia embellece el entorno del puerto de Caión

PORTOS DE GALICIA INICIA AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA PARCELA ANEXA Á ZONA PORTUARIA DE CAIÓN

Puertos de Galicia inicia las obras de acondicionamiento de la parcela anexa a la zona portuaria de Caión (provincia de A Coruña). El objetivo es acondicionar los alrededores del puerto. La inversión destinada por la Consellería del Mar a esta obra ronda los 58.000 euros.

  •  O obxectivo é dotar os arredores do porto dunha visión máis amable e integradora co seu entorno e para iso o ente da Consellería do Mar destina preto de 58.000 euros

 

Santiago, 13 de outubro de 2010.- Portos de Galicia inicia hoxe as obras de acondicionamento da parcela anexa á zona portuaria do porto de Caión. Esta actuación comprende, entre outras accións, labores de pavimentación, unha nova disposición dos puntos de luz, labores de saneamento e de xardinería e colocación de mobiliario urbano.

 O obxectivo desta obra é dotar os arredores do porto dunha visión máis amable e integradora co seu entorno e para iso o ente da Consellería do Mar destina preto de 58.000 euros.

 A obra inclúe a preparación previa da parcela coa demolición do mobiliario urbano existente. Unha vez estea o terreo preparado, Portos de Galicia realizará labores de pavimentación que comprenden o adoquinado en zonas peonís e de aparcamentos de vehículos para residentes e a mestura asfáltica en quente no aparcamento á beira do acceso ao porto.

 Ademais realizarase unha nova disposición dos puntos de luz, combinando os puntos existentes cos puntos de luz en fachadas e cambiando os elementos de iluminación, coa instalación de baliza. A obra tamén inclúe a rede de recollida de pluviais, que se realizará en canalización soterrada, incluíndo sumidoiros e pozos de rexistro e conectarase a un pozo da rede municipal existente. A maiores, como complemento da rede existe, realizarase unha ampliación da rede de auga potable para uso exclusivo de regadío da zona verde e para servizo de almacéns.

 Outra das accións comprendidas é a da realización dun xardín e a instalación de mobiliario urbano, como papeleiras, bancos, pilonas, varandas de protección e como elemento singular a pasarela que une a zona axardinada coa pavimentada. Por último, Portos de Galicia realizará unha reposición dos servizos afectados polas obras. 

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s