Las nuevas tecnologías llegan a la Justicia gallega

A XUNTA DE GALICIA E OS MINISTERIOS DE XUSTIZA E INDUSTRIA IMPULSAN A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DA XUSTIZA GALEGA

La Xunta de Galicia y los ministerios de Justicia e Industria impulsan la modernización tecnológica de la Justicia gallega

Foto: lvg 

  • Asinan un convenio para o desenvolvemento de servizos públicos dixitais na Administración de Xustiza galega dentro do ‘Programa Ius+reD’ 
  • O convenio posibilitará o avance na integración das TIC no ámbito xudicial galego como recolle o Plan Senda 2014, o primeiro plan de sistemas e tecnoloxías da información no ámbito xudicial galego, no que a Xunta investirá 34 millóns de euros en catro anos
  • O acordo permitirá a implantación do Expediente Xudicial Dixital, interoperabilidade cos  órganos xudiciais do resto do país e a adaptación dos sistemas de gravación das salas de vistas para o uso da firma electrónica por parte dos secretarios xudiciais

 

Santiago, 11 de outubro de 2010.- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o director xeral da Entidade Pública Empresarial Red.es -dependente do Ministerio de Industria-, Sebastián Muriel e a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de servizos públicos dixitais no ámbito de Xustiza, no marco do ‘Programa Ius+reD.

 A sinatura  deste convenio trilateral permitirá complementar as actuacións ca Comunidade Autónoma galega desenvolve no marco do Plan Senda 2014 para a modernización da Xustiza, e posibilitará a realización de actuacións coordinadas no conxunto do territorio nacional para contribuír a alcanzar un modelo de Administración de Xustiza áxil e tecnoloxicamente avanzado, enunciado no Plan de Modernización da Xustiza 2009-2012.

 O investimento máximo do convenio, cofinanciado con fondos FEDER, ascende a 1.915.364 euros para o período 2010-2012, dos cales a Administración Autonómica aportará un máximo de  957.682€,  o Ministerio de Xustiza 287.305€ e Red.es ata 670.377€.

 As actuacións previstas no convenio permitirán a implantación na Comunidade galega do Expediente Xudicial Dixital, ca realización de actuacións de dixitalización, dotación de infraestruturas TIC, implantación de aplicativos e accións de capacitación.

Ademais garantirá a conexión cos sistemas de xestión procesal das distintas comunidades autónomas para permitir a interoperabilidad cos órganos xudiciais do resto do país. O acordo tamén prevé a adaptación dos sistemas de gravación á implantación da Nova Oficina Xudicial, en particular á celebración e xestión das vistas orais, así como a adaptación dos sistemas para o uso da firma electrónica polos secretarios xudiciais nas salas de vista.

 Plan Senda

Así mesmo, permitirá avanzar na integración das tecnoloxías da información na  Administración de Xustiza en Galicia como recolle o Plan Senda 2014, o primeiro plan de sistemas e tecnoloxías da información no ámbito xudicial galego, no que a Xunta investirá 34 millóns de euros en catro anos.

A finalidade do plan é conseguir unha Administración de Xustiza máis eficaz completando o proceso de informatización ata chegar ao expediente xudicial electrónico; conseguir que sexa máis transparente e próxima á cidadanía; garantir cos servizos TIC prestados sexan de maior calidade, ofrecendo solucións tanto para o cidadán como para o colectivo xudicial adaptadas ás características e á realidade de Galicia; mellorar a interoperabilidade entre sistemas de información dos distintos organismos e promover a formación  e a actualización dos coñecementos dos profesionais da Xustiza que se complementarán con accións de concienciación do uso xeralizado e correcto dos sistemas de información.

 Hai que destacar cos beneficios do Senda 2014 non serán só para os profesionais da Xustiza sino cas accións do Plan facilita

rán tamén a accesibilidade do cidadán á Xustiza coa posta a disposición de novos canais como a implantación do Portal da Xustiza en Galicia, e a ampliación da información xudicial e a oferta de servizos ao cidadán cunha mellor comunicación, implantando sistemas de envío de comunicacións como sms.

 Programa Ius+reD

No contexto do Plan Avanza 2, o Ministerio de Xustiza e o de Industria, Turismo e Comercio subscribiron o 20 de abril de 2010 un convenio marco de colaboración entre ambos departamentos para o desenvolvemento de servizos públicos dixitais no ámbito da Administración de Xustiza. Baixo a denominación de ‘Programa Ius+reD’, o acordo permite, a través da Entidade Pública Empresarial Red.es, sentar as bases do desenvolvemento  tecnolóxico previsto no Plan Estratéxico de Modernización da Xustiza 2009-2012. Ao acordo está previsto que se sumen as Comunidades Autónomas con competencias en Xustiza.

 Co fin de contribuír á posta en marcha dos novos sistemas de información previstos no Plan Estratéxico de Modernización da Xustiza 2009-2012, o convenio contempla iniciar a implantación do Expediente Xudicial Dixital, dotar ás Salas de Vistas de novos sistemas dixitais de gravación audiovisual e equipos de videoconferencia, e realizar actuacións para garantir la interoperabilidad de los sistemas de xestión procesal de las CCAA con competencias en Xustiza. Tamén prevé a informatización e dixitalización dos Xulgados de Paz e a instalación de quioscos electrónicos de autoservizo para trámites relacionados co Rexistro Civil.

 Sobre fondos FEDER

Este proxecto levase a cabo grazas á cofinanciación da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o que permite contribuír a mellorar a cohesión social das rexiós españolas mediante a corrección dos principais desequilibrios rexionais. Neste sentido, as actuacións levadas a cabo por Red.es céntranse en fomentar o desenvolvemento do entorno produtivo, o desenvolvemento tecnolóxico e da sociedade da  información. Red.es é Organismo Intermedio nos Programas Operativos: Programa Operativo Economía Baseada no Coñecemento (POEC), Fondo Tecnolóxico, e distintos Programas Operativos Rexionais.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s