El Ejecutivo gallego garantiza la ejecución en plazo de las 12 autovías previstas para la región

A Xunta blinda a execución da autovía Carballo-Berdoias coa licitación dun novo prego concesional

 La Xunta blinda la ejecución de la autovía de la Costa da Morte con la licitación de un nuevo pliego concesional

A NOVA PLANIFICACIóN DAS INFRAESTRUTURAS GARANTIZA A EXECUCIÓN DAS 12 AUTOVÍAS DO PLAN MOVE nos prazos previstos

 

Foto: laopinioncoruna.es

El Ejecutivo gallego garantiza la ejecución de las 12 autovías previstas en el Plan MOVE en los plazos previstos, gracias según dice “a la nueva planificación de las infraestructuras” y “pese a los recortes presupuestarios impuestos por el gobierno Zapatero”

  •  Das 12 autovías, 9 estarán rematadas no horizonte desta lexislatura, e as 3 restantes no 2015 -De las 12 autovías, aseguran que 9 estarán rematadas en esta legislatura, y las 3 restantes para 2015
  • “O axuste das actuacións só ten unha causa, a errática xestión da crise por parte do Goberno de España e a esixencia á Xunta de devolver 2.500 millóns de euros”, afirmou Hernández 
  • O Goberno galego pretende manter o  nivel de execución do programa de vías de altas prestacións, o de maior peso dentro do plan, no que xa se está traballando en máis de 423 km, o 73% dos previstos 
  • Agustín Hernández destacou o esforzo realizado para manter intacto o orzamento destinado a seguridade vial, que se sitúan en 443 millóns de euros, mentres que o programa de conservación mantense practicamente igual, ao pasar de 680 a 660 millóns

 Santiago, 30 de setembro de 2010.- A Xunta garante a execución das 12 autovías do Plan MOVE e da practica totalidade das vías de altas prestacións nos prazos comprometidos e sen reducir os investimentos nas mesmas, a pesares da crise económica e dos recortes orzamentarios.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presentou hoxe a nova planificación viaria ata o ano 2015, no que será necesario axustar os orzamentos a un déficit de financiamento de 621 millóns de euros, é dicir, o 14,55% do Plan MOVE, que polo tanto será preciso actualizar para adaptalo ao novo escenario.

 Hernández explicou que o Plan MOVE foi elaborado tendo en conta as dispoñiblidades orzamentarias do ano 2009 co obxectivo de contar cun documento de planificación factible, realista e executable, en materia de estradas de Galicia. Lembrou que a nova planificación é necesaria como consecuencia do pouco rigor orzamentario dos exercicios 2008 e 2009, de xeito que  “o axuste das actuacións só ten unha causa, a errática xestión da crise por parte do Goberno de España e a esixencia á Xunta de devolver 2.500 millóns de euros”, afirmou. 

 “A Xunta está a traballar con seriedade, transparencia e responsabilidade para garantir a continuidade da obra pública en Galicia pese aos recortes impostos polo Goberno de Zapatero”, engadiu.  

O conselleiro insistiu en que o Goberno galego pretende manter o  nivel de execución do programa de vías de altas prestacións, o de maior peso dentro do plan, no que xa se está traballando en máis de 423 km, o 73% dos previstos. Destes, se atopan en obras ou en servizo a día de hoxe un total de 166 quilómetros, o 30% do total. Un grao de execución que cualificou de “moi satisfactorio” para un plan que acaba de cumprir o seu primeiro ano de vida.

En canto ás vías de altas prestacións, o conselleiro destacou que se garante a execución en prazo dun total de 12 autovías, ademais de manter a práctica totalidade das VAP nos horizontes previstos no Plan MOVE. Destas actuacións, 9 estarán listas no horizonte desta lexislatura e as 3 restantes no horizonte de 2015.

 

AUTOVÍAS KM M €
Horizonte actual lexislatura
Morrazo 15,4 53,8
Carballo- Berdoias 42 208
Brión-Noia 17,5 22,6
Nadela-Sarria 26,8 34,8
Acceso Plisan 4,6 32,5
Terceira Rolda Coruña 4,4 51,3
Pontevedra- Vilagarcía 8,8 122,7
Tui- A Guarda (Enlace Tui- Goián) 18 119,5
Ourense- Celanova 18,7 72,2
Horizonte 2015
A Ramallosa- A Estrada 13,6 75,8
Sanxenxo- Lanzada 9,1 11,7
Sabón-AG 55 1.3 1,3
TOTAIS 178,9 km 806,2 M

 

Modificacións

Agustín Hernández afirmou que se revisaron minuciosamente cada unha das actuacións recollidas no Plan de acordo coas capacidades económicas, as prioridades de execución e a situación administrativa de cada unha delas. Con estes criterios, modificáronse os horizontes temporais de tres actuacións, do total de 39 vías de altas prestacións que contén o Plan MOVE.  Concretamente: a VAP Lalín – Alto do Faro, a metade das variantes da estrada OU-536 (Ourense-Trives), e conexión N-550 (As Galanas) – variante AC-841, que pasan do 2015 ao 2017 como ano de posta en servizo.

 Ademais, vincúlanse outras actuacións á tramitación dos Plans Xerais de Ordenación Municipal que as deben definir. Así sucede coa Rolda de Pontevedra e o vial Balsa-Saiáns-Porto do Molle no concello de Nigrán. Nestes casos, tanto o seu financiamento como o seu horizonte de finalización vincúlanse a que o trazado estea pechado e decidido polo concello correspondente, xa que se trata de vías de carácter urbano.

 Por último, anúlanse dúas actuacións, o vial de Loureda, en Arteixo; e a conexión entre a  AP-9 e a A-6 en Cambre. Estes proxectos elimínanse do Plan MOVE logo de escoitar aos colectivos veciñais, da análise do seu impacto por parte dos técnicos e do estudo das alternativas presentes e futuras para garantir a mobilidade dos cidadáns.

 Ademais destas modificacións que afectan a proxectos concretos, o resto de axustes realízase en partidas xenéricas do Plan MOVE. A este respecto, Agustín Hernández destacou o esforzo realizado para manter intacto o orzamento destinado a seguridade vial, que se sitúan en 443 millóns de euros, mentres que o programa de conservación de estradas mantense practicamente igual, ao pasar de 680 a 660 millóns de euros, é dicir, experimenta unha redución do 3%. Tampouco varía o programa de optimización das peaxes.

 Como resultado da nova planificación, acádase a seguinte táboa comparativa entre os investimentos dos diferentes programas do Plan MOVE:

PROGRAMA MOVE 2009-2015Situación inicial (M€) MOVE 2009-2015Nova Planificación (M€) Redución M€ Redución %
1. VÍAS DE ALTAS PRESTACIÓNS 1.428 1.405 23 2%
2. VÍAS ESTRUTURANTES 461 332 129 28%
3. VÍAS COMPLEMENTARIAS 588 387 201 34%
4. ACTUACIÓNS DE APOIO 79 54 25 31%
5. ACTUACIÓNS MEDIOS URBANOS 516 325 192 37%
6. MANTEMENTO E CONSERVACIÓN 680 660 20 3%
7. SEGURIDADE VIAL 443 443 0 0
8. I+D+I e MELLORA PAISAXÍSTICA 48 17 31 65%
9. OPTIMIZACIÓN DAS PEAXES 22 22 0 0
TOTAL PROGRAMAS 4.265 3.645 621 15%

 Reformulación do sistema de concesións

O responsable de Obras Públicas da Xunta de Galicia expuxo tamén que o seu departamento vai a reformular o sistema que tradicionalmente se vén empregando nas concesións de obra pública, de xeito que nas que se leven a cabo a partires deste ano aplicaranse novos criterios que permitan optimizar aínda máis os investimentos e recursos, adaptándoos á situación financeira actual.

 Un deses criterios será que, na medida das posibilidades de cada obra, reduciranse ao máximo os prazos de execución, así como o prazo concesional. Pero o mais importante consistirá en adaptar o sistema de contraprestación á entidade concesionaria aos condicionantes financeiros actuais.

 Deste xeito, nas futuras concesións que vaian a entrar en servizo deixarase de empregar o actual canon de demanda, que se aplica en autovías como as do Salnés e do Barbanza, calculado en función da cantidade e do tipo de vehículos que circulen pola infraestrutura.

 O novo sistema consistirá na contraprestación por canon de disponibilidade anual, cuxo importe máximo é ofertado polo sociedade concesionaria e que se modula en función da calidade do servizo, dependendo dos valores alcanzados para os indicadores de calidade e estado da vía.

 Deste xeito, a operación minora drasticamente o seu risco financeiro facilitando o acceso a financiamento nun momento de escasez de liquidez como o actual.

 En canto á Administración, vese beneficiada porque consegue así ampliar o abano de empresas coa capacidade suficiente para concorrer ás licitacións fomentando a competitividade e diminuíndo o nivel de criba actual que supón a capacidade de acceso ao endebedamento. Este novo esquema se aplicará sobre as seguintes concesións, que estarán en marcha todas elas o vindeiro ano:

 

ACTUACIÓN KM M€
Desdobramento da VAP Brión-Noia 17,50 22,6
Desdobramento da VAP Nadela-Sarria 26,80 34,8
Autovía Carballo-Berdoias 42 208’2
Desdobramento do Morrazo 15,40 53,8

 Hernández remarcou que a Xunta de Galicia está a realizar un exercicio de responsabilidade para mellorar dende o interese público as licitacións, xa que non é realista esixir ás construtoras uns parámetros de calidade elevados sabendo de antemán que a súa capacidade para asumir o proxecto está limitada polo acceso ao financiamento.

 Autovía Carballo-Berdoias

Hernández explicou que as primeiras autovías nas que se aplicarán estes novos criterios serán as do Morrazo e da Costa da Morte. Con respecto a esta última, anunciou que a consellería renuncia á celebración do contrato de concesión da autovía Carballo – Berdoias e procederá de inmediato a reiniciar o proceso de licitación da autovía baixo este novo prisma, modificando polo tanto o sistema de contraprestación á sociedade concesionaria.  Édicir, substituirase o canon de demanda do actual prego polo canon de dispoñibilidade. A nova licitación terá lugar antes de que remate o ano.

 O conselleiro afirmou que, á vista do deterioro do escenario económico de Galicia producido nos últimos meses,  a formalización do contrato de concesión nos termos en que foi licitado suporía a asunción dunha carga financeira que iría contra o interese público e obrigaría a retrasar outras actuacións tamén imprescindibles.

 Tendo en conta o escenario financeiro actual e os previstos para o futuro,  considérase necesaria a incorporación dunha serie de melloras no expediente e reformular a concesión. As melloras que  irán encamiñadas á:

 Minoración do prazo de execución das obras en 3 meses posto que se plantexa a construción dunha autovía dende o principio, non a construción dun corredor co seu posterior desdobre, permitindo unha maior optimización dos recursos da obra.

 Redución do prazo concesional en 5 anos. Pasando de 30 a 25 anos e buscando un aforro significativo de cartos.

 Modificación do sistema de contraprestación á sociedade concesionaria, adoptando o anteriormente dito sistema de canon por dispoñibilidade

 Con este novo esquema, o cronograma previsto para a execución desta importante infraestrutura sería:

Nova licitación Decembro de 2010
Adxudicación 2º trimestre 2011
Inicio das obras 3º trimestre 2011
Remate das obras Ano 2013

 Mantendo o horizonte previsto no MOVE e cumprindo a palabra dada aos cidadáns da Costa da Morte, o conselleiro de Medio Ambiente volveu a reiterar que, a pesares de asumir un retraso de oito meses no inicio das obras, a Xunta de Galicia está en disposición de licitar de novo a autovía en decembro de 2010 e de rematalas en 2013. “A autovía da Costa da Morte está blindada e vaise executar nesta lexislatura”, asegurou.

Un comentario sobre “El Ejecutivo gallego garantiza la ejecución en plazo de las 12 autovías previstas para la región

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s