La Xunta se harta y pide al gobierno central que cumpla sus compromisos con Galicia

Dos 3.362 millóns de euros que acordo establece como meta para licitar no presente ano, o importe real de licitación ascende a menos de 100 millóns de euros

 De los 3.362 millones de euros que el acuerdo establece como objetivo para licitar en el presente año, hasta la fecha el importe real de licitación asciende a menos de 100 millones de euros.

A XUNTA PIDE QUE SE CONVOQUE  A COMISIÓN TÉCNICA DO PACTO DO OBRADOIRO

La Xunta pide que se convoque la comisión técnica cuatrimestral del Pacto del Obradoiro, ante el incumplimiento por parte del gobierno

  •  Agustín Hernández solicita unha xuntanza no mes de outubro para coñecer as previsións de Fomento

 Santiago, 28 de setembro de 2010.- A Xunta de Galicia solicita ao Ministerio de Fomento a convocatoria da Comisión de Seguimento do Pacto do Obradoiro co obxectivo de analizar a situación na que se atopan os compromisos correspondentes a 2010 e as previsións do ministerio en relación co seu cumprimento.

 O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, remitiu ao secretario de estado de Planificación e Infraestruturas, Víctor Morlán, unha carta pedindo a convocatoria da comisión técnica, formada por ambos cargos e por técnicos en materia ferroviaria dos gobernos estatal e autonómico.

 Un dos compromisos recollidos no acordo do Pacto do Obradoiro é manter reunións periódicas, no caso da Comisión técnica cada catro meses, para verificar e analizar o avance dos compromisos recollidos neste documento. Na carta enviada polo conselleiro lémbrase que o órgano de seguimento reuniuse por última vez o pasado 18 de xuño,  polo que sería preciso celebrar unha nova reunión para o mes de outubro

 A Xunta considera que é necesario concretar a data para esta  convocatoria coa máxima urxencia, xa que o Goberno galego atópase preocupado polo grao de execución do pacto a tres meses de que finalice o 2010.

 Dos 3.362 millóns de euros que o Pacto do Obradoiro establece como meta para licitar no presente ano, o importe real de licitación, tal e como se recolle no BOE ou na información oficial do ADIF ascende a menos de 100 millóns de euros, o que supón o 3% do importe total comprometido no acordo do Obradoiro.

 Ante esta realidade, dende a consellería que dirixe Agustín Hernández solicítase concreción e información sobre as previsións do Ministerio de Fomento para garantir os obxectivos, establecidos no Pacto, para o ano 2010.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s