ADEGA: Xunta e Estado poden e deben pechar xa as granxas de visón polo alto risco de transmisión do ADEGA: Xunta e Estado poden e deben pechar xa as granxas de visón polo alto risco de transmisión do COVID-19

ADEGA vén de solicitar novamente á Presidencia da Xunta e á Delegación do Goberno en Galiza o peche cautelar das 26 granxas de visón americano no noso territorio. Teñen capacidade legal e ferramentas para facelo: a que están agardando?

A recente aparición de casos de SARS-CoV-2V nunha granxa de visón americano (Neovison vison) no concello coruñés da Baña pon novamente foco sobre os graves riscos que para a saúde ambiental e cidadá comportan estas instalacións. Os abrochos de coronavirus nestas explotacións son moi numerosos en todo o mundo, con evidencias da transmisión humano-animal e viceversa, e mesmo aparición de novas variantes do virus para os que as diversas vacinas que se están comezando a distribuír poderían non ser efectivas.

Insuficiencia das medidas de control do risco

Dende ADEGA consideramos que os riscos derivados do mantemento destas explotacións non están en absoluto controlados coas medidas derivadas do programa estatal de prevención, vixilancia e control do SARS-CoV-2, aplicado pola Xunta dende o pasado mes de setembro. Trátase dun programa de control pasivo que só realiza análises se aparecen visóns con síntomas compatíbeis co SARS-CoV-2 ou algún dos operarios tivo un diagnóstico positivo.

Entendemos que en plena terceira vaga da pandemia con cifras de contaxio e hospitalización achegándose ás da pasada primavera, nen sequera a posta en marcha de medidas activas de control en todas as granxas de visón, con analíticas sistemáticas a todo o persoal e mostraxes representativas dos animais, serían suficientes para desactivar o alto risco de contaxio e transmisión da enfermidade que supoñen estas instalacións. Non podemos permitir que unha fuxida accidental ou intencionada de animais infectados derrame os esforzos e as duras medidas de control social, profilaxe e tratamento adoptadas polas administracións para conter a pandemia.

O peche cautelar, a única solución efectiva. A que están agardando?

Xa que logo dende ADEGA vémonos na necesidade de reiterar a nosa solicitude, desta volta dirixida ao Presidente da Xunta e ao Delegado do Goberno, de decretar o peche cautelar de todas as granxas de cría de visón americano en Galiza, para, seguindo o exemplo dalgúns países europeos (Holanda, Dinamarca, Reino Unido, Francia, Holanda, Hungría…) que recentemente aplicaron ou teñen xa decretado prohibicións e peches, suprimir de vez esta fonte certa de risco sanitario.

Alén dos decretos estatais que soportan o actual estado de alarma, esiximos a aplicación de varias normas legais que facultan ás administracións galega e estatal para decretar, como propoñemos, o peche destas instalacións co fin de controlar as enfermidades transmisíbeis ou diante de riscos extraordinarios ou inminentes para a saúde pública, como son a Lei de Medidas Especiais en Materia de Saúde pública, a Lei Xeral de Sanidade ou a Lei de Sanidade Animal.

Por tanto, non hai pois razóns que xustifiquen a demora en adoptar medidas drásticas. Cada hora que estas granxas seguen abertas sométese á poboación galega a un risco inasumíbel, polo que de persistir a inacción administrativa non descartamos acudir a instancias europeas ou á propia Fiscalía de Medio Ambiente.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s