Industria vese obrigada a suspender temporalmente todas as autorizacións e obras do Iribio

  • Santiago de Compostela, a 23 de outubro de 2019.- O director xeral de Enerxía e Minas,
    Ángel Bernardo Tahoces, resolveu no día de onte deixar sen efecto de xeito temporal
    todas as actuacións administrativas “causalmente vinculadas” ao Acordo do Consello da
    Xunta do 27 de xuño suspendido recentemente polo Tribunal Superior de Xustiza de
    Galicia, e polo que se aprobada a modificación do proxecto sectorial do parque eólico
    do Iribio. Así mesmo, ordeou tamén “a paralización das obras derivadas das
    autorizacións administrativas, así como a Resolución da modificación non substancial”.
    A Dirección Xeral de Enerxía e Minas enviou esta notificación á entidade ecoloxista
    ADEGA, como parte persoada no expediente de modificación, a última hora da tarde de
    onte e logo de que organización instase a dar cumprimento ao auto do TSXG e ordenase
    a paralización inmediata das obras.
    Esta resolución do director xeral de Enerxía e Minas implica, non só supón a suspensión
    temporal da efectividadedo Acordo do Consello da Xunta do 27 de xuño de 2019
    suspendido polo TSXG, senón tamén dos acordos posteriores e anteriores vinculados a
    dito acordo, isto é: a Resolución do 31 de maio de 2007 pola que se autorizan as
    instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución, a súa inclusión no
    réxime especial, a declaraciónde utilidade pública do proxecto, a aprobación da
    modificación non substancial do parque lico e a modificación definitiva do proxecto
    sectorial de incidencia supramunicipal. Así mesmo, insta aos concellos de Samos e
    Triacastela, nos que se empraza o proxecto eólico a adoptar asmedidas oportunas e,
    por tanto, suspender taméntemporalmente as licenzas municipais outorgadas para a
    execución das obras.
    De feito, tamén no día de onte, o concello de Triacastela notificaba a ADEGA a
    suspensión da licenza outorgada pola Xunta de Goberno o pasado 30 de agosto para a
    construción do parque eólico Serra do Oribio e a paralización das obras feitas ao seu
    amparo. Pola súa banda, o concello de Samos non comunicou oficialmente a emisión da
    orde de paralización das obras, pero este feito foi confirmado telefonicamente con
    persoal do concello.
    Desde a plataforma Salvemos O Iribio consideramos que o auto do TSXG e a posterior
    paralización das obras do parque eólico na serra do Iribio supoñen un fito histórico da
    acciónorganizada da sociedade civil na defensa ambiental e cultural do país, aínda que
    acollemos estas novas con certa cautela. Esta plataforma desconfía de que a empresa
    Fergo Galicia Vento acate as ordes de paralización, xa que aínda onte pola tarde as súas
    máquinas estaban a traballar na zona.
  • Instamos, por tanto, ás autoridades competentes a permanecer atentas ao que
    aconteza no monte Iribio e a dar estrito cumprimento ao disposto polo auto do TSXG e
    polas resolucións de paralización das obras da Dirección Xeral de Industria e dos
    concellos de Samos e Triacastela.
    A Xunta favoreceu o avance na destrución do espazo natural
    Ao tempo que acollemos con satisfacción as devantidas ordes de paralización cautelar,
    lamentamos que a reacción da Xunta ante tal atentado ecolóxico e cultural non se teña
    producido antes de coñecer o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Todos os
    organismos da Xunta que informaron sobre este proxecto eólico e, sobre todo, o órgano
    substantivo encargado da tramitación dos expedientes, a Dirección Xeral de Enerxía e
    Minas, teñen demostrado unha total pasividade e deixazón das súas funcións diante das
    numerosas denuncias que foron presentadas polos colectivos de Salvemos O Iribio nos
    últimos 5 meses.
    Esta pasividade propiciou que as obras de Fergo Galicia Vento avanzasen a marchas
    forzadas, levándose por diante xa varios treitos dun camiño históricotradicional, o
    antigo Camiño Real que conectaba coa Meseta e parte dunha mámoa emprazada no
    camiño de subida ao cumio; ou eliminando grandes superficies de vexetación protexido,
    realizando explanadas, desmontes ou formigonando centos de mterreo para a
    instalación das plataformas dos aeorxeradores.
    Por outra parte, criticamos que a Dirección Xeral de Enerxía e Minas levantase a
    paralización cautelar das obrasordenada en xuño deste ano a instancias dunha denuncia
    de ADEGA, tan só 3 días despois de ser emitida sen que a empresa dispuxese aínda de
    todos os permisos necesarios para iniciar as obras. Tamén lamentamosque nin as
    Direccións Xerais de Patrimonio Natural, Calidade e Avaliación Ambiental e Patrimonio
    Cultural teñan reaxido ante as denuncias efectuadas pola execución ilegal de obras por
    parte de Fergo Galicia Vento SL no camiño deacceso ao parque eólico que vai de
    Airapadrón e Lampazas ata o cumio do monte, trazado que se atopa tamén na ZEC
    Ancares -Courel, zona de Rede Natura e BIC Camiño de Santiago.
    Desde Salvemos O Iribio pensamos que estes feitos non deben quedar impunes, polo
    que manifestamos a nosa intención de achegar nova documentación á Fiscalía provincial
    de Lugo co gallo de ratificar estes feitos e así poder dirimir posibles responsabilidades
    penais na execución irregular destas ob
Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s