O NAUFRAGIO DA ATENCIÓN PRIMARIA – Santiago de Compostela – CIG

Dende CIG-SAÚDE COMPOSTELA denunciamos o total abandono, deixamento, desidia e desleixo desta Xerencia na prestación na asistencia sanitaria a poboación, encabezada por Eloína Nuñez e seguida polo resto do seu equipo, cara as/os profesionais de atención primaria.

Onte, de 4 médicos de Familia que hai non C.S de Arzúa só estaba 1 dispoñible ás 08.00 hs. Salvo unha ausencia que foi motivada a última hora, sabíase dende o xoves que ían faltar polo menos 2 profesionais. Solución da xerencia, suspender todas as consultas e só atender urxencias.

Aforro ou mala xestión?, ámbalas dúas cousas, antonte tocoulle o turno ao Pac da Pobra, o Domingo de Pascua ao Pac de Padrón, o sábado outra vez a Arzúa, e así en infinidade de centros, nos que os cartaces de que a médica titular hoxe non pasa visita son máis que habituais.

Este mesmo abandono dase no resto das categorías profesionais da atención primaria:

  • Enfermería con cupos de 4000 doentes para atender o dobre do recomendado para facer unha atención axeitada, como en Bertamiráns tarde e algún outro, Rianxo tarde, Pobra do Caramiñal, que impide, que non se poida levar un programa de atención aos crónicos nin actividades de promoción da saúde. Non hai unha carteira de servizos de enfermería nin un cadro suficiente de persoal para atender as necesidades dunha poboación cada vez máis envellecida e máis demandante de coidados.

  • Matrón/a coa creación de prazas “último modelo: Rianxo, Vila de Cruces, Silleda “ na que deben pensar dende a xerencia, que o profesional está para facer turismo pola área sanitaria en vez de ter un cupo limitado e unha fidelización as usuarias.

  • Psx ( persoal administrativo), non é que haxa centros que non existe esta figura: Pontevea, Porto do Son tarde, Souto de Vea, Taragoña… senón que aínda por riba, arrástrase de onde hai para onde non hai como pasou en Bandeira, que se cubre a costa do centro de saúde de Silleda, deixando un persoal menos.

    • A cobertura deste persoal por media xornada cando a titular fai unha xornada completa é sinxelamente inoperativo, xa que tentar de facer o traballo de 7 hs en 3 e media e de superheroínas

  • Traballadoras Sociais, cun máis que escasísima dotación de persoal

  • Fisioterapeutas, Odontólogos, Hixienistas, Traballadoras sociais …

Compostela a 21 de maio do 2019.

Pola C.I.G-Saúde.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s