Este venres 13, a ILP do bosque galego presentouse en Sarria, Vilar de Santos e O Coruxo (Vigo)

Este venres, 13 de abril, a Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais, promovida polas 60 entidades que conforman Cousa de Raíces e a Alianza Rural Galega, presentouse en diversos puntos da nosa xeografía.

Ás 19 horas, Adela Figueroa de ADEGA presentou a proposta lexislativa na sede da Asociación Buril de Sarria (Lugo), onde o axente forestal Manuel Maceda tamén impartía unha charla. Ás 20 horas do mesmo día, a ILP expuxose na Arca de Noe, do concello de Vilar de Santos (Ourense), completando o evento coa proxección do documental “As Neves, Zona Cero”, de Adrián González.

E ás 21 horas dese venres, o Centro Recreativo, artístico e cultural do Coruxo de Vigo, acolleu a presentación da ILP do bosque a cargo de membros de ADEGA-Vigo. César Lema completou a xornada cunha charla sobre bosques autóctonos “comestibles”.

Durante a celebración destes actos recolléronse sinaturas de apoio á ILP. A continuación, difundimos os cartaces de todas estas actividades.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s