Organizaciones integrantes de SOS Sanidad Pública de Compostela recusan a la Valedora do Pobo

Organizacións integrantes de SOS Sanidade Pública de Compostela recusan á Valedora do Pobo-

Denuncian a súa actitude “submisa” e de “correa de transmisión” do PP.

Nacional – 24 Abr 2017-

Organizacións sanitarias, sociais, sindicais e políticas que conforman a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela compareceron este luns en rolda de prensa para solicitar do goberno galego a inmediata recusación da Valedora do Pobo” pola súa actitude “submisa e mesmo belixerante coas diferentes organizacións”.

O portavoz da plataforma, Xosé Dios, explicou que acordaron solicitar a recusación e non a dimisión porque tal e como se nomea hoxe á persoa que ostenta o cargo de Valedora ou Valedor do Pobo o único que se conseguiría sería que no seu lugar o PP puxera a outra persoa que actuara do mesmo xeito. Porén, cunha recusación, SOS pretende que o Partido Popular lle dea “un toque de atención” lembrándolle que a súa responsabilidade é “defender á sociedade civil e non ás administracións”.

Segundo informou, no último informe presentado ante o Parlamento, das 40.000 queixas recibidas pola institución do Valedor en 2015 pasouse, en 2016, ás 64.937. Destas o 98,3% (63.095) do total correspondíanse con competencias da Xunta e, destas, 50.000 referíanse ao mal funcionamento da Sanidade Pública.

Xunto a isto sinalou que desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela presentáronse 6 queixas e que outras entidades e colectivos como a Asociación de Diabéticos/as de Santiago: O Movemento Galego de Saúde Mental; a Asociación de usuarios/as de oncoloxía; a plataforma Galega de Afectados/as pola Hepatite C; o MGS; o concello de Compostela; Médicos do Mundo ou persoas particulares como Lola Outeiral, que tamén estivo presente, expuxeron as súas respectivas queixas e as respostas recibidas. Todas elas, segundo sinalaron iguais que as dadas desde a administración e, nomeadamente, pola consellaría de Sanidade.

De entre as queixas presentadas a propia SOS Sanidade Pública sinalou a referida aos Consellos de Saúde de Área, que deberían estar operativos, por Lei, desde 2008, nas sete xerencias de Galiza e non o están.

En todos os casos, as persoas representantes destes colectivos e organizacións denunciaron a tardanza das respostas, a falta de dilixencia e a ausencia de medidas concretas contra a administración. En concreto denunciaron que non se actuara contra a consellaría de Sanidade por non proporcionar a información requirida e, sobre todo, que a resposta da Valedora se limitara a reiterar a resposta xa dada pola propia consellaría.

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín que falou en representación da asociación de diabéticos/as e do Movemento Galego de Saúde Mental denunciou, en concreto que “a Valedora non exerceu a súa capacidade investigadora, e amosou unha absoluta tolerancia coa resposta da consellaría de sanidade, e cos tempos que a consellaría tardou en respostar”.

Por iso reiterou que “unha institución tan importante na defensa dos dereitos das persoas, ten que exercer as súas competencias con total independencia da cor política do goberno, en aras a conseguir que os servizos públicos estean ao servizo dos persoas”.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s