Absueltos los tres activistas de ‘Lugo de Cara ao Miño’ acusados por la empresa Inca de presunta coacción

  • ABSOLTOS OS TRES ACTIVISTAS DE LUGO DE CARA AO MIÑO ACUSADOS POLA EMPRESA INCA DE PRESUNTA COACCIÓN-
    A sentenza frustra por terceira vez os intentos de INCA de desprestixiar a plataforma “Lugo de Cara ao Miño” e as súas reivindicacións na defensa do río Miño fronte o impacto ambiental, económico e social da minicentral da Fábrica da Luz.
    Lugo, a 21 de abril de 2017.-

Lugo, a 21 de abril de 2017.- Os compañeiros de “Lugo de Cara ao Miño” que foron acusados pola empresa INCA de presunta coacción no decurso dunha concentración a carón das obras do dique da Fábrica da Luz que tivo lugar o 15 de decembro de 2015, veñen de ser absoltos polo Xulgado de Instrución nº1 de Lugo “por non existir probas suficientes” que permitan verificar a versión do denunciante, neste caso, o administrador único da empresa, Miguel García Gesto. A sentenza confirma así a inocencia dos acusados e a falta de probas que demostren que os ecoloxistas tratasen de coaccionarao representante da mecantil e aos traballadores da empresa que estaban a construír o fatídico dique ilegal da Fábrica da Luz.

Desde “Lugo de Cara ao Miño” consideramos que finalmente se fixo xustiza cos nosos compañeiros Lola, Lois e Miguel, que foron sometidosa un desafortunadoprocedemento xudicial e a unha demanda penal sen ningún tipo de fundamento, que só trataba de desprestixiar o nome e a honra da plataforma “Lugo de Cara ao Miño” e amilanar a súa acción reivindicativa na defensa do río Miño fronte á construción da minicentral da Fábrica da Luz, da  que INCA é adxudicataria.

Esta demanda penal constitúe o terceiro intento frustrado deINCA de desprestixiar os membros da plataforma “Lugo de Cara ao Miño” diante dos tribunais. A presente denuncia xa fora arquivada en primeira instancia polo xuíz instrutor por falta de probas, pero tras o recurso da mercantil, o xulgado volveu reabrir o procedemento que agora fallou a favor dos ecoloxistas. Por outra parte, no mes de abril do ano pasado, INCA e Miguel García Gesto reclamabanante o tribunal de Instrución nº2 de Lugo a inusitada cantidade de 50.000 euros en concepto de indemnización a cargo da plataforma Lugo de Cara ao Miño, ADEGA, Sos Río Miño e unha veciña de Lugo por presuntos danos e prexuízos supostamentederivados das informacións vertidas por estes colectivos nas redes sociais. Esta demanda, finalmente, tampouco tivo percorrido. INCA volveu a cargar contra este movemento a finais de 2016, cando presentou unha nova demanda penal contra 9 membros de “Lugo de Cara ao Miño”, tamén por suposta coacción durante a concentración da plataforma do 30 de agosto na que denunciamos a presenza do nenúfar de río, unha especie en perigo de extinción, no lugar no que a empresa pretendía construír un novo dique. Finalmente, a poucas horas da celebración do xuízo contra os 9 compañeiros, INCA retirou a demanda a sabendas de que as súas acusacións non tiñan fundamento.

Por outra banda, “Lugo de Cara ao Miño” quere agradecer as mostras de cariño que nos dedicaron os centos de persoas que asistiron as tres concentracións convocadas diante dos xulgados de Lugo para apoiar aos membros da plataforma denunciados por supostas coaccións ea todos aqueles colectivos e organizacións que nos fixeron chegar a súa solidariedade.

Por último, queremos agradecer especialmente aos dous letrados do sindicato CIG que se ofreceron a defender os nosos compañeiros e compañeirasante os tribunais de forma altruísta.

Malia que a sentenza é recorrible, confiamos en que empresa INCA conserve aínda algo de dignidade e non proceda a presentar recurso.

 

 

INTEGRANTES LUGO DE CARA AO MIÑO:

Os colectivos ecoloxistas, sociais e culturais ADEGA, AGCT, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, Ateneo Engranaxe, CIG, Coop. Bico de Grao, Cultura do País, Galiza-Nova, Madia Leva, Masa Crítica, SLG, SOS Río Miño, Vagalume C.S-C.A e as formacións políticas ACE-EU, Anova, BNG, Compromiso por Galicia, Espazo Ecosocialista, Equo, Lugonovo e Podemos.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s