Los socialistas denuncian la convocatoria de 128 plazas en la Diputación de Ourense por “electoralista”

Descarada utilización política na convocatoria de 128 prazas na Deputación de Ourense-

miércoles, 21 septiembre 2016, por Partido Dos Socialistas de Galicia-Partido Socialista Obreiro Español (Psdeg-Psoe)

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense, Noela Blanco, sinalou a publicación no DOG de hoxe do anuncio da convocatoria de 128 postos de traballo na Deputación de Ourense a catro días das eleccións autonómicas. Esixiu “garantías máximas de limpeza e equidade” no proceso logo da “lamentable historia de nepotismo, compra de vontades e ata presunto acoso sexual que agocha a xestión de persoal do ente por parte dos Baltar”.

A candidata socialista esixiulle a Feijóo que explique si “esta manobra forma parte do seu acordo con Baltar de garantirlle votos a cambio de mantelo na Deputación mentres é investigado por suposto cohecho e acoso sexual”. Baltar, engade, “danos exactamente a medida de ata onde chega o compromiso ético de Feijóo, que ampara unha traxectoria de falta de respecto á institución e que avergonza aos ourensáns”.

Blanco anunciou que os socialistas galegos “seguiremos con lupa o proceso de contratación” para garantir a súa limpeza, logo de lembrar que o orzamento de persoal da Deputación de Ourense rolda o 40 por cento do seu orzamento total e o gasto en investimento produtivo non chega ao 20 por cento.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s