36.000 toneladas de neumáticos gallegos olvidados o destinados a la incineración

DENUNCIA ADEGA-

36.000 toneladas de pneumáticos galegos teñen como destino o esquecemento ou a incineración

Tres vertedoiros de pneumáticos «históricos» en Galiza (Fene, As Somozas e A Laracha) agardan por un tratamento que, de súpeto, virou prioritario para a Xunta. O «efecto Seseña» revelou o esquecemento dun problema que non interesou até que comezou a fumegar.

A xestión dos pneumáticos usados en Galiza é moi deficiente. Apenas existen instalacións adicadas á reutilización e á reciclaxe destes residuos, e a solución máis doada é amorealos en «depósitos» máis ou menos controlados en espera de «tratamento». O vertedoiro de Fene, que acumula unhas 1000 toneladas, tiña como destino o recauchutado na empresa «Rubber Industrias del Caucho» que crebou no ano 2000. Nas Somozas, nas instalacións de SOGARISA, amoréanse por riba das 100 tn cuxo destino é a fabricación de CDR (combustíbel derivado dos residuos) para queimar como coadxuvante en cementeiras e outras fatorías de cerámica e siderurxia. E as preto de 34.000 tn do vertedoiro d’A Laracha, un terzo do acumulado en Seseña, semella que van ser «valorizadas enerxéticamente» por unha empresa de cerámica.

Como recén acabamos de comprobar, e alén do seu esquecemento secular (o problema que non se ve, non existe), o tratamento destes residuos cando por fin acontece, pasa case sempre pola incineración (un 45%), eufemísticamente chamada valorización enerxética en cementeiras ou cerámicas; o «depósito» máis ou menos legal (outro 45%) e a reutilización e reciclaxe (menos do 10%, unha roda de cada 10).

O problema é que a incineración, ao igual que o incendio do vertedoiro de Seseña, transforma un valioso residuo aproveitábel (goma vulcanizada e metal) ademáis de en enerxía -barata para quen a aproveita-, en compostos altamente tóxicos como de dioxinas, furanos, PCBs, HAPs e metais pesados, alén de partículas, CO2 e gases de xofre e nitróxeno. Son precisamente estes compostos máis tóxicos os que poucas veces se miden nas estacións de control da contaminación atmosférica.

Dende ADEGA instamos ás administracións a abordar esta problemática como ten que acontecer con calquera xestión de residuos:
-Prevención e redución: Menos coches nas estradas significa menos pneumáticos que tratar. Repercutir no prezo o custo do tratamento e favorecer sistemas de pago por devolución, responsabilizaría a produtores e usuarios/as da correcta xestión destes refugallos.
-Reutilización: o recauchutado permitiría recuperar arredor dun 20% dos pneumáticos fóra de uso. Non esquecer tampouco unha segunda vida vía reutilización directa como elementos construtivos, decorativos, de amortecemento de impactos, etc.
-Reciclaxe: para compostos asfálticos de estradas, pistas deportivas e de xogo, cintas transportadoras, céspede sintético, roupa técnica…
-En ningún caso contemplar a incineración como alternativa.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s