Plataforma Salvemos Cabana: “A preservación do complexo arqueolóxico do Dolmen de Dombate é incompatible coa política de masificación”

A preservación do complexo arqueolóxico do Dolmen de Dombate é incompatible coa política de masificación promovida polo PP de Cabana de Bergantiños

jueves, 07 enero 2016, 16:08, por Plataforma Salvemos Cabana

A PLATAFORMA SALVEMOS CABANA LEMBRA QUE A NIVEL MUNDIAL A CONSERVACIÓN DA ARTE PREHISTÓRICA EN CONDICIÓNS ÓPTIMAS É UNHA PRIORIDADE ABSOLUTA FRONTE A CALQUERA OUTRO TIPO DE CONSIDERACIÓN COMO PODE SER A TURÍSTICA E QUE A UTILIZACIÓN DO ENCLAVE COMO MERO SALÓN DE ACTOS PARA A REALIZACIÓN INCONTROLADA DE TODO TIPO DE ACTIVIDADES PODE TERMINAR AFECTANDO NEGATIVAMENTE A ESTE SINGULAR XACEMENTO PREHISTÓRICO, ÚNICO POLA SÚA RELEVANCIA A NIVEL GALEGO.

José Muiño (PP), alcalde de Cabana, defende a afluencia masiva de visitantes ao Dolmen de Dombate como un éxito de xestión cultural, mentres que en calquera dos principais sitios arqueolóxicos europeos actúase desde unha estratexia de conservación preventiva, identificando e controlando os factores de deterioración dos bens culturais a fin de minimizar calquera posible efecto negativo, razón pola que establecen límites claros e razoables en aras da conservación do patrimonio.

A PRIVATIZACIÓN DUN BEN PÚBLICO, A MAIOR AMEAZA PARA DOMBATE

Por outra banda, baixo a actitude do “acabouse o café gratis para todos“, expresión repetida ata a saciedade por altos cargos do PP a inicios da crise e da que o alcalde se fixo eco publicamente como émulo dun poder maior, Muiño deixou claro desde o primeiro momento a súa intención de dirixir á súa antollo o xacemento, cobrar entrada e xestionar directamente a contratación do persoal (incluído o de limpeza), o que obviamente lle foi negado por Deputación como entidade propietaria da instalación, e que moitos veciños e veciñas de Cabana aplaudiron ante o risco de proliferación do enchufismo no parque arqueolóxico ou a cesión directa a unha empresa privada e a perdida do carácter público da instalación.

A MASIFICACIÓN, UN PERIGO REAL PARA AS PINTURAS NEOLÍTICAS DO XACEMENTO

A importancia do Dolmen de Dombate, a diferenza doutros enclaves arqueolóxicos do mesmo período, reside na súa singularidade, ao tratarse dun dos poucos xacementos que combina petróglifos con restos de pinturas rupestres de época neolítica que pode darnos pistas sobre o simbolismo desta época prehistórica.

A arte prehistórica é, pola súa propia natureza, moi vulnerable, o que fai que a súa conservación sexa complexa, implicando de maneira permanente o control permanente dunha serie de variables -humidade ou temperatura entre outras- que deben manterse constantes tal como sinalan os expertos. Os gravados, pero en especial as pinturas de épocas tan remotas, están suxeitas ao lóxico envellecemento do soporte e os pigmentos e á acción de axentes físicos, polo que a súa estabilidade é fundamental para a súa preservación.

Por iso, considerar como un éxito a afluencia de decenas de miles de visitantes ao Dolmen de Dombate, coma se dunha festa de exaltación gastronómica tratásese é un maiúsculo erro, e sinala o profundo descoñecemento por parte das persoas que efectúan, defenden ou amplifican tales declaracións. Porque o cambio nas condicións ambientais é funesto, de feito, para a conservación dos seus principais activos culturais.

A DEPUTACIÓN ACTÚA CON RESPONSABILIDADE INSTITUCIONAL Ao RECUPERAR A XESTIÓN DO DOLMEN DE DOMBATE

Como institución, a Deputación coruñesa ten o deber de conservar o patrimonio cultural, que é de todos e todas, utilizándoo de maneira racional e adoptando todas as medidas preventivas que sexan necesarias. Por iso, neste caso, a actuación foi proporcionada e cabal, en aras de conservar o que é de todos, e facelo do mellor modo posible para gaantizar o gozar do Dolmen de Dombate e os seus valores ás futuras xeracións.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s