Se estrena el documental Dos gaiteiros do mar, de Xurxo Souto, en el Festival de Cans

gaiteirosmorrazo

DOCUMENTAL XURXO SOUTO

O documental Dos gaiteiros do mar, de Xurxo Souto, estrearase no Festival de Cans

miércoles, 22 abril 2015, 16:17, por Asociación de Gaiteiros Galegos

O documental rescatará a uns gaiteiros históricos do Morrazo para tocar no Jaliñeiro Unplugged con Poetarras e Raposo. O colectivo arterrorístico Poetarras -tal e como se definen eles mesmos- ofreceránlle ao público as súas mellores cancións nun directo que estará cheo de humor e retranca. As composicións e os videoclips máis experimentais e underground tamén teñen cabida no festival. Raposo, músico e actor ourensán afincado en Berlín, dará boa conta diso. Dende hoxe mesmo, os compradores dos primeiros packs de entrada+camiseta poderán recollelos en varias tendas de Rei Zentolo de Galicia ou en Tía Tata (O Porriño).

O festival acollerá na Sala Multiusos a estrea do documental Dos gaiteiros do mar, dirixido por Xurxo Souto.

Unha peza audiovisual que, tal e como o seu nome indica, trata sobre eles, sobre eses mariñeiros-gaiteiros que na década dos sesenta embarcaron cara ao Gran Sol nos pesqueiros galegos. Nel, nárrase como Manuel Sotelo -”Manoliño de Donón”- sempre quixo ser gaiteiro, e como aos 18 anos estivo a piques de cumplir o seu soño de tocar no palco do Carnaval do Hío, “O carnaval do gaiteiro”. A Manuel comunicóuselle unha semana antes da tan esperada data que tiña que ir ao mar e embarar. Agora, xa xubilado e corenta anos despois, o mariñeiro-gaiteiro cumplirá co seu compañeiro de entón, Lito de Pinténs, o seu desexo de actuar nun dos palcos do Carnaval do Hío, grazas a eles convertido no Carnaval dos Gaiteiros do Mar.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s